ajaspino

18.6.13

Menos samba e máis traballar II

Luns 17 de xuño.

Hoxe comeza a viaxe cara Sao Paulo. Xa teño gafas de sol e xa estou coas miñas Moleskines. O avión ao final sae moooito máis tarde do que pensaba. A verdade é que nin mirara os billetes até que me chamou Maikel.

Agora levamos unhas horas en Heathrow. Ao principio chegamos á T5, cacheos, maleta por eiquí, maleta por alá, pois boeno... digamos que os picolos de eiquí fanche perder o tempo igoal que en tódolos lados, pero hoxe coa cantidade de tempo que tes que estar eiquí, pois case que o agradeces e todo.

A dúas horas da saída, con varias pintas, nachos e cacahuetes a verdade é que isto é un puto coñazo e eu: quero fumar!! Estou a nada de meterme nos servizos e fumarm o último truja que teño eiquí. En todo este st. aeroporto non se pode fumar, hai que foderse!

Son as 20:00. El, supostamente durmido. Eu, mirando cada pouco ao panel a ver si di dunha vez a porta de embarque. Polo demáis, todo ben. Falando sen falar da paliza que ven agora e a incognita de que cando cheguemos alá até que hora estaremos currando. Outras 8 horas máis? Ahí nada.

20:38. Ainda sen saber a porta de embarque. Que fago eu? Pois como non aturaba máis, fun aos servizos a fumar o último pitillo que tiña na cajetilla estruxada do pantalón. Non aguantaba máis.

Métome na última porta e saco o pitillo. Merda, está roto á metade... para unhas caladiñas. Dame igoal, eu fúmome isto como que me chamo chenchu. Poño o anaco de truja nos beizos e chis-chis... Agggg... queimome o bigote. O fume do pitillo non se nota, pero o tufo a toicín apesta. Ea, catro chupadiñas ao pitillín e a toda ostia. Todo isto por catro caladiñas. Hai que joderse.

Etiquetas: , , , ,

2 Comments:

Publicar un comentario

<< Home