ajaspino

27.4.10

Ajaspino de volta no país do queixo I

Eiquí comeza o que será a miña próxima viaxe. Mañá marcho a onde sempre, a Amsterdam. Sospeito que esta vez as miñas andainas non farán moita gracia e non terei tantos seguidores como noutras. O da gracia é que desta volta gran parte do meu tempo xa mo ten organizado miña irmá Mariola e claro, ela non deixa as cousas ao chou como as deixo eu. De feito tenme preparado nestes cinco días visitas e viaxes. Aunque nos vos preocupedes, eu irei coa libretiña e apuntarei todo aquelo que se sae do normal.

Polo momento, e pra seguir coa costume dos post dos viaxes pondrei a continuación o que levo feito para a viaxe.

Son as nove e media. Acabo de chegar fai pouco da Tasca (bar que hai ao carón do chollo) e mañá me sae o avión as nove e media (polo menos non me teño que pegar o madrugón). Miñá irmá tenme preparado certas cousas para tódolos días que vou estar aló: que si visita a tal sitio, viaxe a tal outro, día da raiña, etc. Pois xa está, isto é o que levo feito. Nada máis.

O kit de supervivencia neste momento, e coma sempre, está así:
Levo unha maleta prestada pola miña irmá Gel. Sego sen saber onde carallo están as miñas maletas.
O macuto pra o portátil tamén é cortesia da miña irmá Gel. Pareceume entender que mo regalaba, se llo entendín mal creo que ten un serio problema de comunicación conmigo.
Non levo guía xa que a perdín na última viaxe, tamén de Gel.
Miña irmá Gel preferiu non deixarme a cámara de fotos nesta viaxe. Dixo algo así que igoal lla perdía. Eu? perder algo eu?
Iso si, levo un peazo iPod que non saca fotos, pero si videos.
Levo o meu último portátil. Meu, todo el. Espero non perdelo.
Desta volta non levo condóns da sorte. Vou ir en plan casto e puro.
Teño que mercarlle condóns ou mariconadas similares a Fer e a Saúl.
Creo que non vou levar xerseis... olvideime metelos nese rollo con auga que da voltas.
Agora mesmo teño tendidos como uns 20 calzoncillos co deshumificador a tope. Se a cousa pinta mal, xa me vexo co secador até as tantas da mañá.
Camisetas, pantalóns e calcetíns están na mesma situción cos calzoncillos. Agás un calcetín, que non sei onde está. Supoño que no rollo ese que da voltas.
Esta vez xa levo impreso os billetes... e non unha copia, se non vinte. Estaba a imprimir unhas cousas para o equipo dos Learning Fruit e logo mandei os billetes a imprimir. Cousas que pasan.
Ainda non cobrei, así que non levo cartos. Xa me vexo baixar do avión e decirlle ao meu cuñado Caspar: Olaaaaaa, que tal? deixasme 100 euros?
Ontes decateime que chegaba o luns por unha conversa con Mariola. Creo que o meu xefe ainda non o sabe.
Levarei cargadores a cascoporro, coma sempre.
Estiven a particar inglés estes dous últimos días con Luis e Yrma, aunque pola cara de Luis parece que non millorou moito... aunque Yrma se reía, así que os chistes os contaba ben.
Volvo a viaxar só, así que coma sempre perdereime unha e outra vez e acabrei en sitios estranos con xente estrana que me mira estrano e me piden que faga cousas 'xa non tan estranas'.
Ah, por primeira vez lle levo rollos a miña irmá: chourizos, pimentos e non me lembro de que máis.
Vou sen tabaco, claro... como non teño cartos para merca-lo eiquí me chantarán aló as de dios.

E penso que nada máis... que as cousas están máis ou menos así, e iso que só vou pra 5 días. Como vedes hai cousas que non cambian. Por certo, polo momento estou sen título pra esta viaxe. Non se me ocorre nada. Pensei en 'Kaas cop' que creo que ven sendo 'Cabeza queixo' que é como os alemáns chaman aos Holandeses, pero claro, eu non son alemán. Se algún das cinco persoas que visita isto se lle ocorre un título, que mo poña nun post e se non é moi ofensivo (cara a min ou cara os holandeses) o utilizarei nesta viaxe, que agora que me lembro: tampouco levo Pilot 0.8... merda, olvideime mercalo.

Así están as cousas e así as irei contando, polo momento vou tomarme unha cerveciña para supermineralizarme e supervitaminarme. Mañá comeza a festa.

Etiquetas: , ,

1 Comments:

  • Que tal ó estilo Tintín? Por exemplo, Chenchu de volta no país do queixo?

    By Blogger agremon, at 7:40 a.m.  

Publicar un comentario

<< Home