ajaspino

13.10.11

Feira do libro - Limiar

Xoves 13 de outubro

A ver por onde empezo… Podería empezar pola guapa que quedou a terminal de Santiago. Pero que máis ten, tarde ou temprano a veredes e non deixa de ser un aeroporto con exceso de ventanais para ver como se pode estrellar un avión.

Pero si podo decir que deixan fumar nos garitos. Agora estoume pimplando unha pinta bastante rica a un módico prezo de 5€ e estou a escribir isto nun pub bastante grande. Moi grande e animado. A media de idade ronda os 40 anos (que vellos) e case todos van bastante traxeados. Non me aventurei moito, a verdade. Debo de estar a uns 500 metros do hotel.

O hotel, eses grandes descoñecidos para min. Ai mi madriña, non sei como fago para acabar en estes sitios. Si, ten minibar: 2 augas, 2 refrescos, 2 zumes e 2 cervexas (moi ricas, por certo). Pero a cama sen facer. Vamos a ver, chegar e atoparme as sábanas e a manta ben dobradiñas está ben… pero ben poderían facerme a cama por 580€ tres noites, non? Cagónlaputa!!

Ten wifi e dende o móbil consego acceder pero non dende o portátil… e mira que turrei, pero nada. En momentos coma este boto de menos a Toño. Pero só en momentos coma este.

O hotel está xusto en frente dunha das saídas da estación central que é un bicharraco de edificio da ostia. Ten toda a pinta de estar no centro da zona de negocios. Edificios altos. Xente con corbata, camisas brancas.

Nada máis baixarme do bus que me trouxo dende o aeroporto de Hahn, atopei o que eu 'creia' ser o meu hotel; así que entrei e dixen nun correctísimo inglés de Richmond:
- Hello sir, I am César López e teño unha reserva.
- Ein?
Busquei o resgardo e dinllo.
- Ein? - e seguíu decindo algo así - Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipisicing elit, this is not your hotel. This is Monopol Hotel. Next. Your hotel netx - facendo uns xestos sinalando cara a dereita.

Andá, que cousas. Trabuqueime de hotel. O meu chámase Excelsior-Monopol e este era Monopol, a secas. Empezamos ben. A quen se lle ocorre invadir Europa enteira? A quen se lle ocorre poñer dous hoteis xuntos cun nome tan parecido?

No pub este debden estar escasos de cinceiros. Unha de dúas, a miña mesa é a zona de fumadores e todos veñen a pedirme o cinceiro (eso creo) ou eu teño o único cinceiro do bar (que collín da barra). É isto, ou queren sexo gratuito conmigo, pero non o creo… e de gratuito nada, que vin pelao.

O nivel das tias está bastante ben. Para que negalo. Aunque a máis pequerrecha de eiquí e máis grande ca min. Ligar cunha desta é morte por kiki. Seguro.

No aeroporto de Hahn decateime que ese tópico da organización dos eslavos xa non a teño tan clara. Cando desembarcamos fun cara a zona dos buses que che levan a Frankfurt am Main (isto mo explicou todo moi ben Julia que para iso tamén é eslava). Había unha perfecta fila ordeada de un. Estaba eu só. Logo foron chegando máis e foron colocándose de xeito moi correcto e ordeado. En canto chegou o bus, Zas! todos facendo piña cual embudo. Tal foi, que eu era o primeiro e subín dos últimos. A ver quen é o listo que lle tose a un alemán dun metro noventa e sigue sumando centímetros.

Nos primeiros metros do traxecto o chófer dixo algo así:
- Zhgemhning nüremberg zanussi volkswagen.
Claro, eu nin gaita do que decía este señor tan agradable pero que parecía estar enfadado co mundo e reñíanos a todos por facer algo que eu descoñecía. A rapaza que estaba sentada ao meu carón dime nun perfectísimo alemán:
- Está a decir que é obrigatorio poñerse o cinto de seguridade.
Rediós!! Mimeticeime cos teutones a unha rapidez asombrosa. Pero non, a tipa era de Santiago.

Chegamos a Hauptbanhnof e pregunteille, á de Santiago, se os buses que ían de ahí a Hahn saín deste mesmo sitio e contestoume nun perfecto galego:
- Nin puta idea!! - e marchou.

joer! Non para de sentarse xente na miña mesa. Está claro que é a zona de fumadores. Eles dinme algo. Eu asinto. Supoño que preguntan si poden sentarse. Logo falan entre eles e miran para min e falan, creo que conmigo. Eu respóndolles cun sorriso e nada máis. A situación é moi absurda. Tanto ou máis como aquela vez que intentei fornicar cunha mesa de praria metendo a pirola no furado ese por onde se introduce a sombrilla. Pero iso xa é outra historia.

Neste pub levo tres pintas pero algo falla. Pido unha birra. Logo pido 'other kaltes bier, please' e ponme outra. Pero outra, doutra marca, vamos. Volvo e digo 'other bier, please…' e ponme outra, outra. Doutra marca. Levo tres pintas diferentes… como esta ningunha, onde vai parar. Pero algo falla.

Ah, xa non teño tanto frío.

Así están as cousas e así as vou contando eu. Viva a kaltes Bier!!

Etiquetas: , , ,

12.10.11

Feira do libro - Portada

Mércores 12 de outubro.

Ola mundo. Que tal? Como van as cousas? Moita crise? Moitos amigos no paro? A cousa vai mal? Follas o suficente? Bebes o suficente?
Ben. Mal. Si. Si. Si. Si. Si.

Agora que xa estamos situados outra vez no centro da crise (xa foron varias veces que escoitei esta frase) podo asegurar que o mundo segue a xirar sobre si mesmo mais ou menos, segundo os entendidos mais a miña nai, unhas 365 veces ao ano. Así que como cada ano celebrase a Frankfurter Buchmesse ou o que é o mesmo: a Feira do libro de Fráncfort.

Antes de poñerme a contar as minas batalliñas volvos contar un pouco de que vai ir esta viaje relâmpago, xa que toda ela foi expressamente programada para vir a este evento. A feira é, como di o seu nome, arredor do libro. É a maior feira comercial do libro do mundo. Ollo, comercial. Non vai de que caquera entra e merca un libro. Esta vai máis de representantes de editoriais, bibliotecas, publicistas, marketing e multimedia que reúnense aló, ao redor dunha salchicha, a pechar negocios de dereitos, licencias e promocións varias.

Por suposto hai charlas, presentación de revistas, libros, colección, novos formatos, etc. aunque eu bou máis que nada para ver que se está a cocinas por ahí forra na contorna dixital/multimedia. É una megapedazo feira, así que as posibilidades de perderme dentro son moi altas. Ainda de ser a máis importante neste campo é a segunda máis grande, por detrás da de Chicago. Quen decide que é a máis importante? Eu non o sei.

Soen participar preto duns 100 paises. Uns 270.000 visitantes, dos cales no 2004, 173.943 foron persoas que ían especialmente a facer negocios. En fins, que eiquí non sei moi ben o que vou ver pero está claro que negocio si se move.

Boeno. Esta vai ser a mia terceira visita a Alemaña. A primeira vez, a modo de recordatorio para o lector novato, perdínme unha e outra vez. Tiña o hotel tan lonxe que non saía no mapa e estaba a uns 9 km do centro e sempre movíame andando (no S-Bahn acaba ainda máis lonxe). Emborracheime tódolos días, visitei todo e máis do que tiña pensado, paseino moi moi ben e provoqueime un esguince de tanto andar.

A segunda viaxe, tamén en Berlín, fun acompañado de Fer, Raúl e Saúl, paseino ben e perdín un Macbook.

Agora voume a Frankfurt e a cousa vai medio-regular no presuposto: xa levo gastado uns 900 e pico euros sen moverme de A Coruña… e tan só para 3 noites. O bo é que teño a bebida gratis no hotel; non todo van ser cousas malas. A outra cousa boa é que Julía estívome a traducir cousas e creo que xa sei chegar dende o aeroporto de Frankfurt Hahn á estación de Frankfurt Main que está a uns 150 km. Creo.

O do hotel e o do avión igoal o conto se me vexo con ganas de parecer ainda máis tonto do que o son na realidade.

Coma outras veces, hoxe púxen a roupa a lavar e tender/secar coa axuda do meu inseparable secador. Pero esta vez SI levo unha maleta propia. Teño maleta, foi sen tempo.

Levo pouca cousa esta vez: roupa, tabaco, enchufes e un papeliño que acredita que son un profesional no campo da edición digital. Profesional, cuidado.

Poucas veces conto o que fago na empresa ou a que nos adicamos… Non é doado. Sempre acabo decindo que fago debuxiños ou que deseño páxinas webs. Ningunha das dúas cousas. Antes, en Netex, estaba especializado en realizar cursos e-learning e dende fai uns dous anos e pico estamos máis encamiñados a dixitalización de contidos editoriais. Algo similar ao e-learning pero con algunhas diferenzas. En Netex ocúpome en algo similar a 'xestionar' proxectos e coordinar equipos ou polo menos intentalo. Unhas veces o consigo e outras non.

Nota do autor:
Cando lle dixen ao meu xefe que ía ir á feira (primeiro llo tiven que explicar) el preguntoume:
- E a que vas?
- Einsss?
- Si, por que vas a esa feira?
- Porque son encofrador e encántanme as retroescavadoras??
- Non, en serio… por que vas?
Deixoume sen palabras.

Tamén pedín a ver si me podían deixar un iPad un par de días. Supoño que algunhas editoriais terán subscripcións gratuitas ou demos editoriais… supoño que co tempo verei esta petición como algo absurdo pero polo momento ségueme a parecer unha petición obvia. A contestación que me deron está claro, non?

E polo hoxe vou rematando. Voume poñer co secador a ver se apuro o tendal e pechar a maleta dunha vez.

Así están as cousas e así as vou contanto. Viva a kaltes Bier!!

Etiquetas: , , ,

22.4.11

A música das imaxes, imaxes para un músico

Eiquí estou de novo. Pasaron xa un cantos meses dende a última entrada e, curiosamente, algo relacionada coa entrada de hoxe: con carteis. No meu corcho imaxinario saen algún dos carteis que expondrei o vindeiro mes de maio na Oficina de información do parque de San Francisco. Un fato de carteis para lembrar algún concerto, algunha conversa, alguna anécdota, algunha viaxe, algunha resaca... ao Míster.

Asi que pasen cinco anos foi o artigo de Hernán no libro editado por Amadores, ala polo 97, co gallo do quinto cabodeano da Banda. Un artigo cheo de puñais ben afiados e tamén de auto-censura. Un artigo, que a fin de contas, contiña máis desexos que puñais. Verdades coma puños. É un artigo que remataba con desexos compartidos: desexaba seguir colaborando co meu primo Eli, seguir bebendo e falando con Coté, montar unha ópera con Lalo e dar a volta ao mundo con Eva incluída. Desexaba tamén grabar un disco e iso si que o conseguimos. Conseguíronse moitas cousas, non vos pensedes. Asi que pasen (outros) cinco anos.

Non pasaron cinco, pasaron dez. O dezasete de maio vanse cumprir dez anos do pasamento de
Hernán Naval. E como a verdadeira morte é o olvido, eu non o olvido. Tampouco quero que o olviden o resto dos meus compañeiros. Mirar cara atrás tampouco está mal (sempre que se vaia cara adiante) e o Míster ben o merece. Aunque sexa sinxelamente polo apoio que recibimos del miñá irmá pequena e eu. En fin, render unha homenaxe á figura de Hernán no seu décimo cabodano. Diso vai a exposición.

Non vou decir que
Hernán foi o meu mentor nisto dos garabatos e debuxiños varios; el animábame, sempre. Máis ben serían Suso Peña, Pepe de Mon ou xa máis tarde, Salvatore. Pero traballar con Hernán (nunca traballei para el, sempre con el) era doado. Doado e divertido. El era divertido, intelixente, competente e de calidade. El non quería un cartel, quería algo máis; nunca lle preguntei si o acadara algunha vez. Gostábame traballar preto del. Tal foi, que durante unha boan tempada levárame o ordenador e os meus lapiceiros a unha pequena aula onde tamén se gardaba o piano da Contrabanda. Traballar dentro da Casa do mar axudábame a manter a perspectiva, o humor, a calidade, o amor e a intelixencia que o Míster precisaba. Satisfacerlle, satisfacerlles e satisfacerme.

Son chenchu e estades convidados á exposición que poderá verse entre os días 13 e 22 de maio de 2011 na antiga Oficina de Turismo, no Parque de San Francisco. A música das imaxes, imaxes para un músico conta coa colaboración da
Asociación Amadores da Música.

Así están as miñas cousas e así as vou contando. Saúde e pátria.

Etiquetas: , , ,

28.11.10

Os carteis do meu corcho

Alá polo verán do 2009 decidín recopilar parte dos traballos freelance que tiña polo PC, xa que me estaba a empezar medo os contínuos petes que me daba e non tiña ganas de perder todos estes traballos. Agora que o vexo faime un pouco de gracia esa montaxe e lémbrome dos problemas que me dera, xa que o montara en flash e a pouca memoria que tiña no PC facía que cada vez que embebia unha imaxe tiña que esperar uns cantos minutos. Cousas que agora non me ocorre co Mac.


Hai traballos para Telefónica, Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo, Coral de Baio, Moondogs, IES Porta da Auga, Eva Moreda, Escola Municipal de Música de Ribadeo, Libro das Festas de Ribadeo, Xira de Santa Cruz, Zora Gabbara, Ajaspino, Quintos a 50 ct., Medio Gramo, Pedro&Cari, Farruco Graña, Big Band de Ribadeo e Hernán 'Míster' Naval.

Así están as cousas neste domingo que fai un cuto que escarabella o pelellu.

Etiquetas: , , ,

13.9.10

As monxas prantaron un pino

Ando de vacacións e claro, tiña que actualizar o blog. A verdade é que agora paso máis tempo no FaceBook e no Twitter. Moito máis tempo. É máis cómodo o estilo de micro-blog que poñerte a escribir unha parrafada do meu estilo… e iso que ultimamente estou a debuxar un pouco máis do normal e podería ter actualizado isto con moitas máis entradas, pero é o que hai.


O título? Ah, si… o título. Boeno, as monxas, como todo o mundo sabe, tamén prantan pinos. Pero eiquí vou falar das miñas veciñas. As monxas que viven enclaustradas no convento de Santa Clara de Ribadeo. A min esta congregación sempre me fixo moita gracia; están sempre pechadas pero son as máis cotillas de todo o pobo. As imaxino a iso das 4 da tarde rezando o que teñan que rezar (por ti, por min e por tódolos comapñeiros…) e que unha delas rompa o silencio decindo: eeeeh, que vai empezar Sálvame Deluxe. Brrrr e aló van todas correndo ao sofá.


Pero boeno, ao allo. Este post tamén o podería titular: Mamá vs. Monxas, ou A pinona contraataca, ou Un pino chamado Wanda, … A historia comezou, como diría Gilberto Suárez: fai pouco tempo, como uns dez anos atrás; cando as monxas de Santa Clara prantaron un pino ao carón da nosa casa. Coma tódolos pinos, este creceu, e agora mide o mesmo ca nosa casa (uns 4 andares). Está prantado como a uns tres metros do muro que separa a nosa finca da das monxas e a parte máis frondosa queda xusto diante da nosa terraza e é onde temos a antena da TV. E é eiquí onde xurde o problema da miña nai coas monxas: Na tele agora vense as canles estatais (a 1ª, 2ª, ClanTv e Noticias 24h) e tamén Veo7 e Intereconomía… en fins, que para unha espectadora coa miña nai iso é nada. O que non acabo de entender é como agora coa TDT segue a ocorrer isto. Non debería ser terrestre?


Miña nai anda máis mosca ca dios e dime que o pino en cuestión quítalle mogollón de vista e que non pode ver a tele. Que me paga 100€ se salto o muro e talo o probe do pino. Pero eu estoulle collendo cariño ao pino de marras. Non sei se encadearme a el e todo. Case sempre os temas de conversa na comida eran as miñas resacas ou o pouco que ligo, pero agora non falamos doutra cousa que do santo pino. Pero por fin miña nai moveuse e atopou un par de artigos que danlle a razón e vailles obrigar as monxas a talar a árbore. E penso eu: non sería millor podalo un pouco para ter nós millor vista e que as monxiñas sigan a ier a súa intimidade e cambiar a antena de sitio?


Así están as cousas e as as fun escribindo namentres prantaba un pino dende o cuarto de baño.

2.5.10

Ajaspino de volta no país do queixo IV

Sábado 1 de maio.

Hoxe eiquí non é festivo, xa tiveron festa dabondo ontes. De feito no seu día do traballo non é festivo. Polo que se ve traballan.

Ontes, día 30, foi o Día da Raiña (Koninginnedag). A verdade é que filipei un pouco coa xente que había e o caos ordeado. Tropecentasl mil persoas, maioritariamente con indumentaria laranxa, ocupándoo todo. Saltándose as suas estrictas normas de convivencia... normas de limpeza, orde e silencio. Ocupando os carrís bici, coche e cruzándose diante dos tranvías... en fins, que parecían españois.

Eu andiven pola mañá pola zona de Apollolaan e pola tardiña preto do Sarphatipark. Básicamente é como un rastro no que participa toda a cidade. Sacan os trastos vellos e a vende-los. Por exemplo nun mesmo posto Mariola mercou unha camiseta por dous euros (a paisana lle dixo que a ela lle valera 100 €) e eu merquei unha carallada para que Fer e Saúl a compartan na ofi. A madonna das tetas grandes por 5 €.

Noutro tenderete merquei unha pulseriña a unhas raparigas duns 8 anos que tamén facían pasteliños e creps... a verdade é que por esta zona o ambente era moi sanote, moi familiar e a choiva non parecía 'aguarlles' moito a festa.

Segundo ías subindo cara o centro o ambente ía cambiando a máis festa-golgorrio pero sen abandoar o rollo do rastro. Por eiquí, xa sen a compaña de Mariola, me puxen fino de birras, mojitos e caipirinhas. Así que a química fixo o seu e a iso das catro xa estaba medio pimplado.

Sobre as seis da tarde quedamos na Casa de Portugal a comer sardiñas (polo que se ve miña irmá vai tódolos anos) e a beber viño verde e birras... ala. Por aló ían aparecendo amigos de Cas e Mariola e eu dándolle ás sardiñas e ás cervexas.

A química volveu a facer acto de presencia no meu organismo e o que antes era medio peido acabpu por transformarse en peido enteiro (cousas das encimas).

Agora imos cara o leste, moi preto de Alemaña, a ver un parque nacional e un peazo museo que hai no medio. Pena que estea a chover. A paisaxe (visto dende a autopista) non é moi diferente a Galicia; as construcción si, pero son casas espalladas coas suas leiras, tranctores e demáis aperos. Iso si, esperábame ver máis vacas, pero polo momento triunfan as ovellas.

Nota: Cas me aclara o rollo. As ovellas están ceibes e as vacas pechadas. Ademáis coméntanme que probablemente o 90% dos queixos sexan de leite de vaca.

O sitio é alucinante. Un pobo protestante e ultra-conservador. Moi, moi , moi coidado; vese que invirten mogollón de tempo en arranxar todo e deixalo perfecto. As casas, todas, son de postal. Neste pobo, en Apeldoorn, foi onde o ano pasado un nacho algo cabreado intentou espetar o seu coche contra o autobús no que ía a raiña Beatrix. Moi guapo o pobo.

Así están as cousas e así as fun contando eu. Agora a durmir que mañá hai que coller o avión de volta. Imos morrer todos.

Etiquetas: , ,

29.4.10

Ajaspino de volta no país do queixo III

Xoves 29 de abril.

Estou encerrado no piso. Non podo sair. Mariola ou Cas pechou o piso e deixáronme unhas chaves raras de carallo e non dou amañado. Remato o pitillo e a ver se dou saido que hoxe fai unha mañá caralluda.

Por fin din saido, o meu me custou... ai, ai, aia, estes holandeses e as suas chaves raras.

Agora estou almorzando nun garito que teño ido con Cas varias veces. De feito, fai como un par de anos, roubáronlle a carteira eiquí. Joer como se puso. Pois nada, pedín un non sei que e non sei que máis. A ver que me traen. Hoxe estou aberto a todo. Agora a non facer nada e esperar a que chame Mariola pra ir á Amstel. Por certo, alguén pode avisar a Valiño; chegoume un sms de ING dicindo que estou en -18 €.

Mañá sospeito que andarei por esta zona e pasarei de meterme no meollo do centro. Esta zona é como moi familiar e tranquiliña. Pena de non ter cámara. Si me da o ponto (e me ingresan os cartos) igoal até merco unha cámara chula.

Nota: o nacho da Amstel métenos un paseo pola fábrica de coidado. Aquelo e longo de carallo. Primeiro ida e logo volta.

Son preto das seis da tarde. Fai un anaco volvimos da fábrica da Amstel e da Heineken (son a mesma fábrica). Só me convidaron a unha cañita, que cutres. E tiñan cervexa pra estar invitándome toda a vida... creo.

Acompañou a miña irmá o responsable en comunicación da fábrica. Todo en holandés, eu me enterei de pouco moi preto de nada, pero ainda así gustoume a peazo visita. É a fábrica (de cervexa) máis grande de toda Europa e tamén a máis grande das que ten Heineken. Dous tercios está adicada a producción da marca Heineken e o tercio restante á Amtel. Traballadores poucos vimos. Todo informatizado e robotizado a máis non poder.

Unha das máquinas que nos mostrou o nacho embotellaba unhas 160.000 birras por hora (tiñas varias). Eu acabo de facer unhas contas así polo alto... e contando que vou chegar aos 70 e bebendo dende que nacín, sáeme menos de 60.000.

E só me convidaron a unha. Increible.

Tamén explicáronnos os porcesos de fabricación, etc etc e bla bla bla (en holandés). Así, a bote pronto, as cousas que me solprenderon foi o comentado antes; a diferencia de fermentación que teñen entre as dúas marcas (a Heineken está fermentando en reposo 7 días e a Amstel 11... moita diferencia, non?). E logo a maquina que empaquetaba deceas de caixas e logo as metía nos camións.

Así están as cousas e así as fun apuntando eu. En galego.

Etiquetas: , ,

28.4.10

Ajaspino de volta no país do queixo II

Mércores 28 de abril.

Alvedro é sitio distinto. Sospeito que a xente que visita este blog xa coñece o aeroporto de A Coruña; o rollo é que só levo uns 10 minutos (o que me leva tomar o café) e xa me cambiaron a miña porta de embarque 3 veces. Xa ocuparon as tres que hai. Home, molestar non molesta. Só hai tres e ben xuntiñas que están.

Logo a outra coña deste micromachine é que sempre me atopo con xente coñecida. Hoxe en Celebritis: O fillo do enterrador de Ribadeooooo.... ai va, vaia chorrazo.

As azafatas, esas grandes descoñecedidas... para min. Vou describilas que estas son de agárrate; as pobres creo que teñen unha mala fama de medio fulanas dos pilotos... pero eu que lle vou facer. Aló van as catro:
A primeira: Señorita Rottenmeier, a mala de Heidi, vamos. Ten unha cara de monxa que non pode con ela. Ten pinta de ser a Miguel Martínez deste páxaro de ferro.
A segunda: Voulle chamar Srta. Equs. Ten cara de cebra. Entre os peazo piños que ten, o delgadiña e o que leva 'pintado' nos ollos como se fose a guerra, pois non sei... que me da mal rollo. Se nos pegamos un ostión, esta merecería morrer.
A terceira: esta, está claro que é a putona do pasaxe. Vai toda erguidiña ela e toda empitonada. Foi a que me servíu a cervexa cunha prepotencia que pra que. É mona, pero seguro que ten un rollo co piloto. Co piloto ou co nacho que descarga as maletas. Seguro.
A cuarta: Pola súa pinta de persoa normal voulle chamar María. A secas. Móvese de xeito natural. Se teños o ostión, esta, merecería vivir. A outra non.

Ala, xa estou nunha terraciña esperando a que me traian a comida... o que? pois non o sei. Polo que pon na carta eu pedín un "steaksandwinch plat geslagen ossen haas van de grill met tartaarsaus" e unha birra. Recoñecín o sandwich o grill e a salsa tártara. Malo será.

Malo foi... a carne está case cruda.

Fai un día tremendo. Sobre uns 20 grados. Caspar díxome que hoxe e mañá faría bo tempo e que empeoraría o venres, día da Raiña. Dame igoal, namentres poida comer "subanestruxen baixenempuxen" todo vai ben. Fai sol, así que todo diós está de terracitas cos seus cafetitos. As holandesas? coma sempre. Fermosas e grandes coma calabazas e con esa pel ran perfecta.

O plan desta mañá é o seguinte: perderme, atoparme e ir buscar a miña irmá Mariola e todo isto subido na bici de Cas.

Son preto das seis. O vento estase a levantar e estou perdido. Non pasa nada. Decidín facer unha paradiña técnica. Hoxe estiven ¡, pola tarde, en Nemo. Na terraza primeiro e logo no museo. No museo quedei con Roos. Unha paisana que curra como 'asesora de química' neste museo das ciencias. A historia é que supostamente sabías español, pero vai ser que tanto español como eu inglés- Así que imaxinade o percal, unha holandesa intantándome explicar o museo das ciencias en inglés... a min, en inglés? Pois ainda que pareza mentira (que si, Luis, que si) funme enterando de rollos. Unha pena isto de que non falen en galego.

Por hoxe estivo ben... como contacto. Cas acaba de chegar do entrenamento así que en breve cearemos. Agora estou na mini terraciña que ten Mariola no piso. Pitillín e vaso de viño. Coma dios.

Etiquetas: , ,

27.4.10

Ajaspino de volta no país do queixo I

Eiquí comeza o que será a miña próxima viaxe. Mañá marcho a onde sempre, a Amsterdam. Sospeito que esta vez as miñas andainas non farán moita gracia e non terei tantos seguidores como noutras. O da gracia é que desta volta gran parte do meu tempo xa mo ten organizado miña irmá Mariola e claro, ela non deixa as cousas ao chou como as deixo eu. De feito tenme preparado nestes cinco días visitas e viaxes. Aunque nos vos preocupedes, eu irei coa libretiña e apuntarei todo aquelo que se sae do normal.

Polo momento, e pra seguir coa costume dos post dos viaxes pondrei a continuación o que levo feito para a viaxe.

Son as nove e media. Acabo de chegar fai pouco da Tasca (bar que hai ao carón do chollo) e mañá me sae o avión as nove e media (polo menos non me teño que pegar o madrugón). Miñá irmá tenme preparado certas cousas para tódolos días que vou estar aló: que si visita a tal sitio, viaxe a tal outro, día da raiña, etc. Pois xa está, isto é o que levo feito. Nada máis.

O kit de supervivencia neste momento, e coma sempre, está así:
Levo unha maleta prestada pola miña irmá Gel. Sego sen saber onde carallo están as miñas maletas.
O macuto pra o portátil tamén é cortesia da miña irmá Gel. Pareceume entender que mo regalaba, se llo entendín mal creo que ten un serio problema de comunicación conmigo.
Non levo guía xa que a perdín na última viaxe, tamén de Gel.
Miña irmá Gel preferiu non deixarme a cámara de fotos nesta viaxe. Dixo algo así que igoal lla perdía. Eu? perder algo eu?
Iso si, levo un peazo iPod que non saca fotos, pero si videos.
Levo o meu último portátil. Meu, todo el. Espero non perdelo.
Desta volta non levo condóns da sorte. Vou ir en plan casto e puro.
Teño que mercarlle condóns ou mariconadas similares a Fer e a Saúl.
Creo que non vou levar xerseis... olvideime metelos nese rollo con auga que da voltas.
Agora mesmo teño tendidos como uns 20 calzoncillos co deshumificador a tope. Se a cousa pinta mal, xa me vexo co secador até as tantas da mañá.
Camisetas, pantalóns e calcetíns están na mesma situción cos calzoncillos. Agás un calcetín, que non sei onde está. Supoño que no rollo ese que da voltas.
Esta vez xa levo impreso os billetes... e non unha copia, se non vinte. Estaba a imprimir unhas cousas para o equipo dos Learning Fruit e logo mandei os billetes a imprimir. Cousas que pasan.
Ainda non cobrei, así que non levo cartos. Xa me vexo baixar do avión e decirlle ao meu cuñado Caspar: Olaaaaaa, que tal? deixasme 100 euros?
Ontes decateime que chegaba o luns por unha conversa con Mariola. Creo que o meu xefe ainda non o sabe.
Levarei cargadores a cascoporro, coma sempre.
Estiven a particar inglés estes dous últimos días con Luis e Yrma, aunque pola cara de Luis parece que non millorou moito... aunque Yrma se reía, así que os chistes os contaba ben.
Volvo a viaxar só, así que coma sempre perdereime unha e outra vez e acabrei en sitios estranos con xente estrana que me mira estrano e me piden que faga cousas 'xa non tan estranas'.
Ah, por primeira vez lle levo rollos a miña irmá: chourizos, pimentos e non me lembro de que máis.
Vou sen tabaco, claro... como non teño cartos para merca-lo eiquí me chantarán aló as de dios.

E penso que nada máis... que as cousas están máis ou menos así, e iso que só vou pra 5 días. Como vedes hai cousas que non cambian. Por certo, polo momento estou sen título pra esta viaxe. Non se me ocorre nada. Pensei en 'Kaas cop' que creo que ven sendo 'Cabeza queixo' que é como os alemáns chaman aos Holandeses, pero claro, eu non son alemán. Se algún das cinco persoas que visita isto se lle ocorre un título, que mo poña nun post e se non é moi ofensivo (cara a min ou cara os holandeses) o utilizarei nesta viaxe, que agora que me lembro: tampouco levo Pilot 0.8... merda, olvideime mercalo.

Así están as cousas e así as irei contando, polo momento vou tomarme unha cerveciña para supermineralizarme e supervitaminarme. Mañá comeza a festa.

Etiquetas: , ,

7.4.10

As rodillas nas orellas

Ai ai ai... como somos os homes, como somos... iso me pregunto eu: como somo os homes? será certo tanto topicazo? canto porcentaxe hai en realidade do que se supón de nós?

Sempre nos portamos tan mal e temos tan pouca memoria. Somos uns golfos e uns borrachos. Tirámonos peidos sen ningún tipo de pudor. Somos uns desagradecidos e nunca damos o brazo a torcer. Non somos limpos e venderíamos a calquera nai (menos a nosa, of course) por catro perras. Somos desorganizados e faltos de sentimentos. Non sabemos facer duas cousas á vez agás ver futbol e beber cervexa. Somos egoistas e non temos detalles coas nosas parellas. O romanticismo non vai con nós... e moito menos coas vosas nais. O noso e chegar e encher. Odiamos acompañarvos as compras pero logo somos uns compradores compulsivos de cacharradas. Como lle escoitei a un unha vez: o primeiro? con moito cariño. Pero logo? as rodillas nas orellas.

Pois non o teño claro. Vou ler o párrafo anterior a ver que puxen.

Pois non che sei.

Así están as cousas e así as escribín nun mail de Fw: Besos y abrazos