ajaspino

13.10.11

Feira do libro - Limiar

Xoves 13 de outubro

A ver por onde empezo… Podería empezar pola guapa que quedou a terminal de Santiago. Pero que máis ten, tarde ou temprano a veredes e non deixa de ser un aeroporto con exceso de ventanais para ver como se pode estrellar un avión.

Pero si podo decir que deixan fumar nos garitos. Agora estoume pimplando unha pinta bastante rica a un módico prezo de 5€ e estou a escribir isto nun pub bastante grande. Moi grande e animado. A media de idade ronda os 40 anos (que vellos) e case todos van bastante traxeados. Non me aventurei moito, a verdade. Debo de estar a uns 500 metros do hotel.

O hotel, eses grandes descoñecidos para min. Ai mi madriña, non sei como fago para acabar en estes sitios. Si, ten minibar: 2 augas, 2 refrescos, 2 zumes e 2 cervexas (moi ricas, por certo). Pero a cama sen facer. Vamos a ver, chegar e atoparme as sábanas e a manta ben dobradiñas está ben… pero ben poderían facerme a cama por 580€ tres noites, non? Cagónlaputa!!

Ten wifi e dende o móbil consego acceder pero non dende o portátil… e mira que turrei, pero nada. En momentos coma este boto de menos a Toño. Pero só en momentos coma este.

O hotel está xusto en frente dunha das saídas da estación central que é un bicharraco de edificio da ostia. Ten toda a pinta de estar no centro da zona de negocios. Edificios altos. Xente con corbata, camisas brancas.

Nada máis baixarme do bus que me trouxo dende o aeroporto de Hahn, atopei o que eu 'creia' ser o meu hotel; así que entrei e dixen nun correctísimo inglés de Richmond:
- Hello sir, I am César López e teño unha reserva.
- Ein?
Busquei o resgardo e dinllo.
- Ein? - e seguíu decindo algo así - Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipisicing elit, this is not your hotel. This is Monopol Hotel. Next. Your hotel netx - facendo uns xestos sinalando cara a dereita.

Andá, que cousas. Trabuqueime de hotel. O meu chámase Excelsior-Monopol e este era Monopol, a secas. Empezamos ben. A quen se lle ocorre invadir Europa enteira? A quen se lle ocorre poñer dous hoteis xuntos cun nome tan parecido?

No pub este debden estar escasos de cinceiros. Unha de dúas, a miña mesa é a zona de fumadores e todos veñen a pedirme o cinceiro (eso creo) ou eu teño o único cinceiro do bar (que collín da barra). É isto, ou queren sexo gratuito conmigo, pero non o creo… e de gratuito nada, que vin pelao.

O nivel das tias está bastante ben. Para que negalo. Aunque a máis pequerrecha de eiquí e máis grande ca min. Ligar cunha desta é morte por kiki. Seguro.

No aeroporto de Hahn decateime que ese tópico da organización dos eslavos xa non a teño tan clara. Cando desembarcamos fun cara a zona dos buses que che levan a Frankfurt am Main (isto mo explicou todo moi ben Julia que para iso tamén é eslava). Había unha perfecta fila ordeada de un. Estaba eu só. Logo foron chegando máis e foron colocándose de xeito moi correcto e ordeado. En canto chegou o bus, Zas! todos facendo piña cual embudo. Tal foi, que eu era o primeiro e subín dos últimos. A ver quen é o listo que lle tose a un alemán dun metro noventa e sigue sumando centímetros.

Nos primeiros metros do traxecto o chófer dixo algo así:
- Zhgemhning nüremberg zanussi volkswagen.
Claro, eu nin gaita do que decía este señor tan agradable pero que parecía estar enfadado co mundo e reñíanos a todos por facer algo que eu descoñecía. A rapaza que estaba sentada ao meu carón dime nun perfectísimo alemán:
- Está a decir que é obrigatorio poñerse o cinto de seguridade.
Rediós!! Mimeticeime cos teutones a unha rapidez asombrosa. Pero non, a tipa era de Santiago.

Chegamos a Hauptbanhnof e pregunteille, á de Santiago, se os buses que ían de ahí a Hahn saín deste mesmo sitio e contestoume nun perfecto galego:
- Nin puta idea!! - e marchou.

joer! Non para de sentarse xente na miña mesa. Está claro que é a zona de fumadores. Eles dinme algo. Eu asinto. Supoño que preguntan si poden sentarse. Logo falan entre eles e miran para min e falan, creo que conmigo. Eu respóndolles cun sorriso e nada máis. A situación é moi absurda. Tanto ou máis como aquela vez que intentei fornicar cunha mesa de praria metendo a pirola no furado ese por onde se introduce a sombrilla. Pero iso xa é outra historia.

Neste pub levo tres pintas pero algo falla. Pido unha birra. Logo pido 'other kaltes bier, please' e ponme outra. Pero outra, doutra marca, vamos. Volvo e digo 'other bier, please…' e ponme outra, outra. Doutra marca. Levo tres pintas diferentes… como esta ningunha, onde vai parar. Pero algo falla.

Ah, xa non teño tanto frío.

Así están as cousas e así as vou contando eu. Viva a kaltes Bier!!

Etiquetas: , , ,

12.10.11

Feira do libro - Portada

Mércores 12 de outubro.

Ola mundo. Que tal? Como van as cousas? Moita crise? Moitos amigos no paro? A cousa vai mal? Follas o suficente? Bebes o suficente?
Ben. Mal. Si. Si. Si. Si. Si.

Agora que xa estamos situados outra vez no centro da crise (xa foron varias veces que escoitei esta frase) podo asegurar que o mundo segue a xirar sobre si mesmo mais ou menos, segundo os entendidos mais a miña nai, unhas 365 veces ao ano. Así que como cada ano celebrase a Frankfurter Buchmesse ou o que é o mesmo: a Feira do libro de Fráncfort.

Antes de poñerme a contar as minas batalliñas volvos contar un pouco de que vai ir esta viaje relâmpago, xa que toda ela foi expressamente programada para vir a este evento. A feira é, como di o seu nome, arredor do libro. É a maior feira comercial do libro do mundo. Ollo, comercial. Non vai de que caquera entra e merca un libro. Esta vai máis de representantes de editoriais, bibliotecas, publicistas, marketing e multimedia que reúnense aló, ao redor dunha salchicha, a pechar negocios de dereitos, licencias e promocións varias.

Por suposto hai charlas, presentación de revistas, libros, colección, novos formatos, etc. aunque eu bou máis que nada para ver que se está a cocinas por ahí forra na contorna dixital/multimedia. É una megapedazo feira, así que as posibilidades de perderme dentro son moi altas. Ainda de ser a máis importante neste campo é a segunda máis grande, por detrás da de Chicago. Quen decide que é a máis importante? Eu non o sei.

Soen participar preto duns 100 paises. Uns 270.000 visitantes, dos cales no 2004, 173.943 foron persoas que ían especialmente a facer negocios. En fins, que eiquí non sei moi ben o que vou ver pero está claro que negocio si se move.

Boeno. Esta vai ser a mia terceira visita a Alemaña. A primeira vez, a modo de recordatorio para o lector novato, perdínme unha e outra vez. Tiña o hotel tan lonxe que non saía no mapa e estaba a uns 9 km do centro e sempre movíame andando (no S-Bahn acaba ainda máis lonxe). Emborracheime tódolos días, visitei todo e máis do que tiña pensado, paseino moi moi ben e provoqueime un esguince de tanto andar.

A segunda viaxe, tamén en Berlín, fun acompañado de Fer, Raúl e Saúl, paseino ben e perdín un Macbook.

Agora voume a Frankfurt e a cousa vai medio-regular no presuposto: xa levo gastado uns 900 e pico euros sen moverme de A Coruña… e tan só para 3 noites. O bo é que teño a bebida gratis no hotel; non todo van ser cousas malas. A outra cousa boa é que Julía estívome a traducir cousas e creo que xa sei chegar dende o aeroporto de Frankfurt Hahn á estación de Frankfurt Main que está a uns 150 km. Creo.

O do hotel e o do avión igoal o conto se me vexo con ganas de parecer ainda máis tonto do que o son na realidade.

Coma outras veces, hoxe púxen a roupa a lavar e tender/secar coa axuda do meu inseparable secador. Pero esta vez SI levo unha maleta propia. Teño maleta, foi sen tempo.

Levo pouca cousa esta vez: roupa, tabaco, enchufes e un papeliño que acredita que son un profesional no campo da edición digital. Profesional, cuidado.

Poucas veces conto o que fago na empresa ou a que nos adicamos… Non é doado. Sempre acabo decindo que fago debuxiños ou que deseño páxinas webs. Ningunha das dúas cousas. Antes, en Netex, estaba especializado en realizar cursos e-learning e dende fai uns dous anos e pico estamos máis encamiñados a dixitalización de contidos editoriais. Algo similar ao e-learning pero con algunhas diferenzas. En Netex ocúpome en algo similar a 'xestionar' proxectos e coordinar equipos ou polo menos intentalo. Unhas veces o consigo e outras non.

Nota do autor:
Cando lle dixen ao meu xefe que ía ir á feira (primeiro llo tiven que explicar) el preguntoume:
- E a que vas?
- Einsss?
- Si, por que vas a esa feira?
- Porque son encofrador e encántanme as retroescavadoras??
- Non, en serio… por que vas?
Deixoume sen palabras.

Tamén pedín a ver si me podían deixar un iPad un par de días. Supoño que algunhas editoriais terán subscripcións gratuitas ou demos editoriais… supoño que co tempo verei esta petición como algo absurdo pero polo momento ségueme a parecer unha petición obvia. A contestación que me deron está claro, non?

E polo hoxe vou rematando. Voume poñer co secador a ver se apuro o tendal e pechar a maleta dunha vez.

Así están as cousas e así as vou contanto. Viva a kaltes Bier!!

Etiquetas: , , ,

22.4.11

A música das imaxes, imaxes para un músico

Eiquí estou de novo. Pasaron xa un cantos meses dende a última entrada e, curiosamente, algo relacionada coa entrada de hoxe: con carteis. No meu corcho imaxinario saen algún dos carteis que expondrei o vindeiro mes de maio na Oficina de información do parque de San Francisco. Un fato de carteis para lembrar algún concerto, algunha conversa, alguna anécdota, algunha viaxe, algunha resaca... ao Míster.

Asi que pasen cinco anos foi o artigo de Hernán no libro editado por Amadores, ala polo 97, co gallo do quinto cabodeano da Banda. Un artigo cheo de puñais ben afiados e tamén de auto-censura. Un artigo, que a fin de contas, contiña máis desexos que puñais. Verdades coma puños. É un artigo que remataba con desexos compartidos: desexaba seguir colaborando co meu primo Eli, seguir bebendo e falando con Coté, montar unha ópera con Lalo e dar a volta ao mundo con Eva incluída. Desexaba tamén grabar un disco e iso si que o conseguimos. Conseguíronse moitas cousas, non vos pensedes. Asi que pasen (outros) cinco anos.

Non pasaron cinco, pasaron dez. O dezasete de maio vanse cumprir dez anos do pasamento de
Hernán Naval. E como a verdadeira morte é o olvido, eu non o olvido. Tampouco quero que o olviden o resto dos meus compañeiros. Mirar cara atrás tampouco está mal (sempre que se vaia cara adiante) e o Míster ben o merece. Aunque sexa sinxelamente polo apoio que recibimos del miñá irmá pequena e eu. En fin, render unha homenaxe á figura de Hernán no seu décimo cabodano. Diso vai a exposición.

Non vou decir que
Hernán foi o meu mentor nisto dos garabatos e debuxiños varios; el animábame, sempre. Máis ben serían Suso Peña, Pepe de Mon ou xa máis tarde, Salvatore. Pero traballar con Hernán (nunca traballei para el, sempre con el) era doado. Doado e divertido. El era divertido, intelixente, competente e de calidade. El non quería un cartel, quería algo máis; nunca lle preguntei si o acadara algunha vez. Gostábame traballar preto del. Tal foi, que durante unha boan tempada levárame o ordenador e os meus lapiceiros a unha pequena aula onde tamén se gardaba o piano da Contrabanda. Traballar dentro da Casa do mar axudábame a manter a perspectiva, o humor, a calidade, o amor e a intelixencia que o Míster precisaba. Satisfacerlle, satisfacerlles e satisfacerme.

Son chenchu e estades convidados á exposición que poderá verse entre os días 13 e 22 de maio de 2011 na antiga Oficina de Turismo, no Parque de San Francisco. A música das imaxes, imaxes para un músico conta coa colaboración da
Asociación Amadores da Música.

Así están as miñas cousas e así as vou contando. Saúde e pátria.

Etiquetas: , , ,

28.11.10

Os carteis do meu corcho

Alá polo verán do 2009 decidín recopilar parte dos traballos freelance que tiña polo PC, xa que me estaba a empezar medo os contínuos petes que me daba e non tiña ganas de perder todos estes traballos. Agora que o vexo faime un pouco de gracia esa montaxe e lémbrome dos problemas que me dera, xa que o montara en flash e a pouca memoria que tiña no PC facía que cada vez que embebia unha imaxe tiña que esperar uns cantos minutos. Cousas que agora non me ocorre co Mac.


Hai traballos para Telefónica, Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo, Coral de Baio, Moondogs, IES Porta da Auga, Eva Moreda, Escola Municipal de Música de Ribadeo, Libro das Festas de Ribadeo, Xira de Santa Cruz, Zora Gabbara, Ajaspino, Quintos a 50 ct., Medio Gramo, Pedro&Cari, Farruco Graña, Big Band de Ribadeo e Hernán 'Míster' Naval.

Así están as cousas neste domingo que fai un cuto que escarabella o pelellu.

Etiquetas: , , ,

31.8.09

Ai mamaiña - Pedro Fontaneda detido por disfrazarse no Entroido

Pedro Fontaneda (trombonista da Banda de Ribadeo) foi detido na pasada tarde por estar disfrazado de taza de váter. Despois de facerse o tolo, según fontes policiais, o detido tiña pensado evadirse da xustiza. Moitas persoas foron asexadas sin decatarse do seu disfraz, até que unha das víctimas deuse conta do que alí acontecía. A fiscalía está sopesando presentar cargos por "espabilao".

O ribadense Pedro Fontaneda foi arrestado pola policía local... localizada a pasada tarde. Atopábase na Casa do Mal de Ribadeo, que sirve como local de ensaio á Banda Sinfónica Municipal (da que Pedro Fontaneda é membro na sección de trombóns xunto a J.J. Fujimory), cando foi sorprendido no baño das nenas insólitamente disfrazado de taza de váter. Tal disfraz servíalle pra pasar desapercibido e poder asexar mentres tanto ás usuarias dos lavabos que ían e viñan, sen prestarlle maior atención, espidas perante os seus ollos.

"O tipo facíase o tolo cando o pillamos", declarou ó noso medio un axente da policía local. "Pensou que ía colar que era un mexadeiro, pero de seguido nos decatamos de que non era tal, porque ao tirar da cisterna, en lugar de soar unha cascada de auga, soaba un lastimoso ayayayaya..." tamén declarou "A policía non é tonta" e máis "o meu fillo é un xitano e estame dando o pau con iso de que se adica a tocar os baixos nos concertos" rematou o Xerif.

Perante a autoridade competente... perante a autoridade, Pedro Fontaneda alegou que non se pode deter a ninguén por disfrazarse no entroido, e citou como caso de agravio comparativo o feito de que outro membro da Banda Sinfónica: Marquitos Tumbaquedalle non fose detido polo seu disfraz de fregona. O historial de enfermidade mental do acusado remóntase tempo atrás, cando comezou a dicir iso de "O tabaco mentolado produce cáncer refrescante" máis tarde só tatexaba en francés á vez que se acompañaba cunha bandurria dicindo "¡Arañas, arañas!" dixo a súa muller Sarita Mon-Tiel caballé.

Únicamente unha das víctimas do sátiro rompeu o silencio pra dicir "A ver ho, ¿que es eso del concurso?".

Ainda non se coñece se existirá acusación particular, pero a fiscalía está sopesando presentar cargos por conducta impropia, invasión da intimidade e por "espabilao". As diferentes forzas políticas apresuráronse a califica-lo suceso de "vergoña para o noso pobo", "exemplo para o país" e "nin unha cousa nin outra, se non todo o contrario".

Informa dende Ribadeo: Barbo S.A.

Así facíamos o fato moc+mec nun 10 de marzo do 2000 e así, máis ou menos, o seguimos a facer. Por certo, a imaxe que realmente acompañaba iso era esta clic aquí.

Etiquetas: , , , ,

24.8.09

El árbol de los sentimientos, un susurro envasado

Pasesiño a pasesiño este blog xa vai preto das 9000 visitas. Non son moitas se as comparo coas visitas que ten Fuji ou o blog de Aurora e moito menos se me da por compararme co peazo blog do Físico (preto das 83.000 visitas). Supoño... boeno, millor dito, sei que todo depende do interese que desperte o tema sobre o que un escriba, ilustre, etc... e se a opinión vertida vale a pena tela en conta (aunque non se comparta).

Eu se fose escritor millor sería adicarme a outra profisión. Está claro que este blog non desperta moita curiosidade máis aló dos que me coñecen persoalmente. Se comparase isto cun libro editado por min vendería tantas novelas como amigos teño dividido entre cen... como moito, moito. Morrería de fame e veríame obrigado a adicarme profisionalmente ao escuro mundo do ilirning. Unha faena, oiga.

Pero ainda así sego introducindo, con moi pouca regularidade, algún post ca outro. Non sei moi ben o por que deste blog. Opinión? protesta? compartir coñecementos? terapia?

Quédome coa terapia.

Supoño que este blog evolucionou co tempo ao mesmo tempo que o ía escribindo. As razóns tamén foron cambiando co tempo. Sospeito que o blog pasa a ser un anaco máis da miña personalidade (polo menos da de Ajaspino).

Que lle levará a unha persoa a escribir unha novela? un ensaio? contos ou o que sexa. A publicalo? a exponerse tanto? Sempre é perigoso asomarse, aínda que sexa preciso facelo. Asomarse é sair dun mesmo, ao exterior, con tódolos riscos que conleva. Periga a pracidez, as convincións, o confort do coñecido.

Eva asomouse. E lanzouse sen rede autoeditando un conto para adultos. Trata as emocións e a vida como un susurro. E a min tocoume envasalo. Graciñas.

Para explicalo millor prefiro coller unha definición de Peret sobre un punto de vista conceptual para contextualizar un traballo. E neste caso a portada foi sobre o epígrafe: o susurro.

"O susurro á par de ser un suave e agradable ruido ou un xeito de falar en voz baixa e íntima, é tamén a expresión poética que emana dalgúns obxetos.
No primeiro caso chega con evocar o tópico murmurio dun arroio ou as follas dunhas árbore movéndose pola brisa. No segundo, a complicidade, a tenrura e o sentimento convertido en caricia sonora. En canto á expresión dos obxectos, adoitan ser xeralmente humildes, restos de naufraxios que se manifestan con discreción, esperando tan só a mirada cómplice que saiba ver as calidades secretas que os habitan."


Así están as cousas cando un deseña en baixiño e así as fun envasando eu.

Etiquetas: , ,

22.6.09

No centro da cama

Levo un par de días pensando na imaxe que ía acompañar esta posible entrada. Ainda non o teño claro namentres apuro este Lucky anticrisis e moito menos o que quero escribir nin o título.

Decátome de que fai unhas semanas estou a durmir no centro da cama. Normal, pensaredes moitos. Pero para min foi unha revelación. Ainda non teño clara a revelación... é como unha desas aparicións do Cuarto Milenio que un non sabe se é deus, un alieníxena ou un canuto mal liado do Iker Jiménez.

Pois iso, que levaba coma uns 10 anos durmindo no lado esquerdo da cama. Sempre. Durmindo acompañado (cando me deixaban elxir) ou só... sempre arrimadito a beira esquerda da cama. Certo é que nestes últimos anos cando me poño a ver a tele me tiro cual morsa nun penedo, pero sempre érgome arrimadiño á beira. Ontes xusto antes de erguerme, cando comezaba abrir os ollos, mirei a esquerda... mirei a dereita e -Ostias, outra vez no centro da cama!

Nota do autor: Xa teño título.

Sospeito que vou 'superando' o de vivir só. Hmmm... dubídoo, pero creo que é un síntoma. Tampouco sei se é un bo síntoma. Son de familia numerosa. Porque carallo teño que superar o de vivir só?

Nota do autor: Xa sei con que imaxe acompañar isto.

Supoñendo que é un síntoma de que o meu inconsciente xa asimilou que Cris (ou outra calquera) non se vai deitar a miña beira e de paso fregar os cacharros a alguén lle ten ocorrido algo similar?

Arredemo coa frase, quedou longa de carallo. Paso demasiado tempo con guionistas esdrúxulos!

Pois iso: alguén lle aconteceu algo similiar?
Durmides no centro? Na beira esquerda? Dereita? Espidos? Fregades os cacharros? Tedes cucarachas e lles poñedes nome?

En fins... Pra acompañar este texto recupero unha serie (tirando a curta) coa Helvetica sobre Cris... comecei a facela alá polo vrao do 2007. Algúns xogos de palabras non son tan benevolentes como que poño hoxe... estaba un pouco resentido, que lle ía facer.

"...A vida é como un cigarrillo que en catro suspiros cabe, se o fumas ansioso a pouco nada te sabe..." así están as cousas namentres escoito a Juan Perro e así as vou durmindo eu.

Etiquetas: ,

18.5.09

Vou canso de todo menos da música


"Con su ritual de acero / sus grandes chimeneas / sus sabios clandestinos / su canto de sirena / sus cielos de neón / sus ventas navideñas / su culto de Dios Padre / y de las charreteras / con sus llaves del reino / el Norte es el que ordena

pero aquí abajo, abajo / el hambre disponible / recurre al fruto amargo / de lo que otros deciden / mientras el tiempo pasa / y pasan los desfiles / y se hacen otras cosas / que el Norte no prohibe. / Con su esperanza dura / el Sur también existe.

Con sus predicadores / sus gases que envenenan / su escuela de Chicago / sus dueños de la tierra / con sus trapos de lujo / y su pobre osamenta / sus defensas gastadas / sus gastos de defensa. / Con su gesta invasora / el Norte es el que ordena.

Pero aquí abajo, abajo / cada uno en su escondite / hay hombres y mujeres / que saben a qué asirse / aprovechando el sol / y también los eclipses / apartando lo inútil / y usando lo que sirve / con su fe veterana / el Sur también existe.

Con su corno francés / y su academia sueca / su salsa americana / y sus llaves inglesas / con todos sus misiles / y sus enciclopedias / su guerra de galaxias / y su saña opulenta / con todos sus laureles / el Norte es el que ordena.

Pero aquí abajo, abajo / cerca de las raíces / es donde la memoria / ningún recuerdo omite / y hay quienes se desmueren / y hay quienes se desviven / y así entre todos logran / lo que era un imposible / que todo el mundo sepa / que el Sur, / que el Sur también existe".


Mario Benedetti foise un 17 de maio.

Etiquetas: , , ,

23.4.09

XV Feira da Ciencia

Pois ultimamente parece que ando moi educativo eu, e agora lle toca a XV Feira da Ciencia e Tecnoloxía de Ribadeo. Esta Feira leva xa unhas cantas edicións anuais realizadas, alá polo 95 comezou o conto. Só con ánimo de formación e non de continuidade, pero hai que ver o pesado que se pode poñer o físico cos seus compañeiros e cos seus alunos que a coña xa vai preto da maioría de idade. Deixo a continuación unha referencia sobre a Feira e o que parece ser un cartel non é tal... deume por facer unha ilustración pra acompañar isto e ao final pois lle puxen case todo.

"O facer un traballo deste tipo sobre as feiras de ciencia na Galiza é só un intento para trazar o futuro dun ensino da ciencia máis completo, facilitando o desenvolvemento das feiras e contemplando para elo a historia deste tipo de eventos nos nosos centros educativos. Nese hipotético futuro estaría incluída unha 'economía de escala' ó aumentar o número de 'usuarios' de métodos inductivos, baseados en xeito diverso e relacionados cun ensino da ciencia centrado na investigación.

Estas páxinas plantéanse cos obxectivos de, por unha banda, permitir coñecer mellor a realidade, posibilidade, desenvolvemento, ... das feiras de ciencia e exposicións científicas escolares en xeral a calquera persoa que teña interese no tema, e por outra, facilitar a aprendizaxe dos mecansimos básicos de programación e posta en marcha dunha experiencia do estilo.Por último, axustar que o que se presenta aquí é un estudo de anos feito a partires dunha visión persoal, a partir da realización de feiras de ciencia no IES Porta da Auga e recollida de información diversa que se foi presentando pouco a pouco no camiño ó longo destes anos. É dicir, non é un estudo aséptico, senón humano, sobre unha cuestión que ten unha grande compoñente humana como é a didáctica, pero sen deixar por eso de ter unha visión obxectivada mediante datos recollidos de diversas fontes no tempo.

Como proposta en principio persoal, nun primeiro momento estas páxinas estarán cerradas a contribucións e colaboracións diretas. Mais unha vez que o traballo esteña estruturado cun núcleo forte que facilite colaboracións na mesma dirección, esto é, sinerxias, pouco a pouco iráse abrindo como ambiente colaborativo a outros profesores con experiencia no tema. Así o contempla a idea programática coa que xorde, pois estas páxinas están pensadas máis como un xerme de futuro que como algo rematado e pasado."

Así están as cousas por Ribadeo e polo IES Porta da Auga que tan boas alegrías me deron, e así as deixo eu, como debe ser: agradecido por ter podido estudiar neste centro.

Por certo... neste intre miña irmá pequena acaba de entrar no paritorio. Ola Abril, venbida a este mundo. Hoxe pode ser un gran día... e mañá tamén.

Etiquetas: , ,

6.11.08

Ai mamaiña - Protagonista: Eva Moreda

A organista titular da Catedral de Ribadeo, Eva Moreda, recibiu o pasado xoves o premio "Aguililla" de dactilografía de mans do Rei Juan Carlos I. Declarou:"Había xa algún tempo que non pasaba a saudar a Juanca".

Segundo fontes extraoficiáis xa quedaron pra a vindeira semana na entrega do premio "Chotis" de etnografía.

Así estaban as cousas e así as contabamos moc+mec nun cinco de febreiro do 2000.

Etiquetas: , , ,

30.10.08

Contrabanda cedé-ron - Miguelín o xitano

Nasceu un 6 de xaneiro, día de San Epifanio. Por iso seus pais puxéronlle Miguel.

O seu pai é un simpático sheriff de Ribadeo. A súa maior ilusión é que o neno convírtase nun policía de prestixio, pero xa nos seus primeiros anos, cando o pequeno Miguelín é incapaz de aprender doce palabras que nin sequera son elementais, sospeita que tal vez a carreira de sheriff non sexa dabondo pra o seu fillo.

Aos oito anos é ingresado no Sanatorio do Sagrado Corazón onde se exercita en permanecer absorto diante de Sor Presa durante horas, en toma-lo sol compulsivamente até adquirir tonalidades xitanas e ler sesudos libros que non entende.

Unha profunda crise metalleira obrígao a deixarse levar polas circunstancias e aparece, sen que ninguén saiba moi ben como, no mundo da música onde é baixista de Beetle Judge. Dende 1997, a BSMR convertíuse no seu segundo grupo, ademáis colaborou na Big-Band da Asociación Galega de Escolas de Música no 2000.

Así estaban as cousas e así as contabamos moc+mec no cedé-ron editado pola Contrabanda. Corría o ano 2000 un. A imaxe é un lifting que acabo de facer da imaxe que aparecía no propio cedé-ron pra non olvidar como se utilizan os pinceis.

Etiquetas: , , ,

17.6.08

O pouco que sei

O pouco que sei da vida está en libros que nunca lin, nas liñas que nunca escribín. O pouco que sei da vida contoumo miña nai preparándome os cola-caos e limpándome o cú e olvideino tomando copas cos amigos.

Sei que, con sorte, vou morrer unha vez. Así que procurarei non morrer máis veces polo camiño. Non hai nada pior que ir morrendo antes de morrer.

Quero ter máis proxectos que recordos, é o único xeito de seguir vivo. Quero adicarme a algo do que non queira xubilarme xamáis por moito que me miren mal. Prefiro adicarme a algo que me divirta a pesar de non chegar a fin de mes, que traballar únicamente por cartos ou por presión.

Quero amar moito e bo, incluso correndo o risco de ser correspondido. Que me esnaquicen por dentro e me vexa obrigado a recoserme co fio de calquera ilusión. Quero desexar e ser desexado. Quero recuperar o primeiro amor, que é o propio, con agarimos alleos.

Quero lanzar ao fondo do mar o arrepentimento, a culpa e a preocupación. Quero desprenderme delas pra apreciar o que teño.

Quero contar cos amigos gañados antes de cumprir os trinta, porque a partir de ahí case todo é mentira.

Quero guindar o medo. Quedarme coa sua cara, porque me está a joder unha e outra vez. Medo ao fracaso, medo ao que dirán. Medo a perder o que teño, medo a conseguilo. Medo a saber pouco da vida, medo a ter razón.

Vai por ti mamá. Saúde e pátria.

Etiquetas: , , , ,

10.6.08

Furibunda Meme

Despois de case un mes de recoller a luba lanzada polo Rei Furibundo en forma de Meme, eiquí mostrarei o que levo feito, que non son máis que 4 mini-ilustracións (o de mini vai por minimalista), fáltame unha que cando a remate xa a incluirei neste post ou noutro (a saber como teña o día).

O reto consitía en poñer unha lista dos nosos cinco filmes favoritos. Da igoal a temática. A única condición é que unha delas sexa unha frikada da que a opinión xeral sexa: "vaia merda de filme". Si ao memeado lle da a gana, que explique porque lle gosta semellante cirolo. Ao que eu engadín unha dificultade: unha ilustración, un deseño, unha foto, unha fotomontaxe, un texto, etc.

Eu sinceiramente, non sei cal é a miña película favortia. É un coñazo non sabelo, de verdade. O que si me fascina pensar é que esa película está por vir. Esa secuencia de frames que un sinala como a "elexida" pra que che acompañe o resto da túa vida, dirá tanto de ti que darache vergoña compartir tal segredo.
O certo é que non o sei, pero si sei que película gostaríame ver hoxe pra logo irme durmir e soñar con ese mundo imaxinario que outro soñou en 35 mm. Ontes soñei cunha, antones con outra... tedes que ver como disfruto lembrar revivir esa situación na que o Elwood diría... pero que ao final ninguén di. Ou nese outro soño no que o capitán Ahab coller o arpón... Tamén teño un no que o teléfono convértese en cerbexa e un cabezón di: miña estrelaaaa. Ollo, tamén están os pesadelos, no que me vexo metido no pub Winchester e aos zombies lle da por armala. E por último o soño que non dou rematado, a ilustración que Jim Jarmusch me pedíría pra acompañar eses temazos de Tom Waits (coño é un soño, podo soñar o que me pete, non?).

A miña lista a cambiei unha e outra vez porque as ilustracións que facía ou pensaba que eran demasiado complexas ou ben non me daban saido. Teño que decir na miña defensa que empecei con isto nada máis recibín o aviso do Rei, pero deume por facer mini-figuriñas con fimo e ainda non me dan secado baixo o "duro" sol coruñés (teño o forno jodido).

Pois eiquí vos deixo a miña lista:
Blues Brothers, granuxas a todo ritmo, dirixida por John Landis
Unha noche na terra, dirixida por Jim Jarmusch.
Moby Dick, dirixida por John Huston.
Zombies party, dirixida por un tal Edgar Wright.
E.T., dirixida polo lacrimóxeno Steven Spielberg (esta é a frikada, claro).

Agora o rollo é pasarlle esta Meme a outros 5 "agraciados"... aunque eu, polo momento só llo paso a un. O sinto meu, pero fáltanme contactos de xente con blogs:
Coe

Así están as cousas nos filmes da miña vida, aunque seguramente ao final elixirei unha historia de amor pra transformar esa parte fría da almofada en rizosos recordos tropicais, e así as vou dibuxando eu.

Etiquetas: , , ,

7.5.08

Pra facer boca

Pra facer boca era como Coté Días de Amor e Vodka titulaba a certos discos que nos gravaba á Contrabanda pra que nos servira como guía ou inspiración pra buscar novos temas que arranxar.

E a entrada esta é pra facer boca co novo disco que van sacar Freak Gabbara e Cherry Gabbara, os alter ego de Héctor e Miguelín o xitano de toda a vida, vamos. Como o material final ainda está por descubir, vou poñendo un par de ilustracións a modo de retrato que fixo Fernando Amador pra a carpetiña do disco. Eu o podería ter feito (unhas ilustracións) pero non tan ben como este pequeno e peludo home. Ao final o tratamento que lle din as ilustracións non foi exactamente este, pero si un bastante similar e máis acorde co resto da portada. E isto que vai eiquí, foi unha proba pra ver si podería furrular como portada (aparte da outra) e penso que si, que podería furrular. Vos que pensades? ... ou como cartel, aunque Fer xa me dixo que el posicionaría a estes dous doutro xeito, algo superpostos pra darlle algo máis de dinamismo. Como son os artista, rediós.

Aprobeito pra deixaros o ligazón do MySpace dos Zora Gabbara (odio o MySpace) e que disfrutedes dos dous cortes que teñen subido até o momento e das fotografías de Pedro Rodríguez (outro idíxena de Ribadeo) nas que Fernando baseouse.

Así están as cousas namentres o lumbago me anda a matar e as ameixas á mariñeira están a facerlle estragos no estómago a muller do pelo rizo.

Etiquetas: , ,

28.4.08

Zora Gabbara

Boeno... como están ustedes?!!

Canto tempo non? Un sempre quere escribir, o que pasa é que as veces un non ten moito que escribir, e do pouco que podería escribir é demasiado privado polo momento. Como cada pouco meu irmán clapaucio (que se pasa por eiquí de cando en cando) me pregunta: cando vas actualizar? cando vas actualizar? e hoxe pois me pilla con poucas ganas de poñer a TV e tragarme as chorradas de CSI (si, chorradas que logo che piden os clienes) e ademáis me pilla comezando un pequeno curre extra pra uns colegas. Tódolos meus curres extras son pra colegas, así un non se da forrado.

Falando de pelas. Case nunca chegara até o estado de liquided tan cutre que teño hoxe: 4€ no banco que non din sacado coa tarxeta e 1,40 € no bolsillo. Espero que mañá teña a nómina no banco, que xa me vexo comendo por tercer día consecutivo sopas de allo.

Pero boeno, ao que ía... por unha banda teño ao meu olvidado irmán preguntando polo meu blog e polos meus amores e por outra banda teño a Héctor e a Miguel (Miguelín o xitano de toda a vida) solicitándome que lles faga unha portada pra un proxecto persoal... moi persoal. Estou rodeado de xente que saca proxectos persoais... Javier Prado (co seu disco), Marta Cuba (coa sua exposición) e agora Zora Gabbara (Héctor e Miguelín). E eu, pola contra, sen nengún proxecto en particular e con moitas actividades abertas: Asistir a tódolos concertos que poida de Javier Prado, asistir á exposición de Marta Cuba e facerlle a portada a estes dous amigos.

Pois nada, teño moita fame e o millor que podo facer nestes momentos, e adiantar a galleta do que lles estou a preparar a estes dous amigos que pasaron de gamberretes a verdadeiros profisionais da música ao mesmo tempo que eu pasaba de alcohólico anónimo a recoñecido.

Que soe estes días pola miña casa Songs for Jubal (título do primeiro disco que sacan en solitario estes dous). Por certo, tereilles que preguntar, como ben apontábame agora meu irmán polo messenger, se o título ven dunha peli de Glenn Ford.

Así están as cousas namentres me rompo os miolos cun Simulador e reparto o meu tempo libre, entre disfrutar facendo esta portada e disfrutar dunha rapariga que me ten rizado.

Etiquetas: , ,

13.2.08

Un grito na parede

Os carteis foron e serán un gran invento da sociedade. Nasceron anunciando o futuro. Antes de Nicole Kidman, moito antes, co verdadeiro Mouling Rouge, Toulouse xa sabía o que ía vir despois: Os carteis.

A historia do cartel é dunha historia contemporánea, na que se poden intuir tódolos movementos estéticos e , por suposto, fenómenos sociais. O modernismo co futurismo, o constructivismo e o expresionismo, logo o racionalismo e xa máis preto o pop art nos teñen deixado esa lista de homes (moi poucas mulleres) ilustres, como Casas, Toulouse, Cassandre, Penagos, Rodchenko, Renau, Garbayo, Lissitzky, Geiss, Giralt-Miracle, Crous Vidal o Warhol, ademáis dunha gran cantidade de autores que olvidaron deixar o seu nome no rectángulo de papel. Quen deseña os carteis anunciadores dos circos?

Agora están os grafistas e publicitarios que insiten en afianzarse, non sempre con fortuna, nos principios do cartel. Agora recupérase a idea da imaxe, pero non como discurso expositivo nin demostrativo, senon como suxestión. Temos a Peret, Isidro Ferrer ou Mariola López, todos eles atoparon neste antigo recurso tres modos de proceder (non quero establecer preferencia entre uns e outros, pero Mariola é millor).

Seguimos vivindo nun lugar onde se seguen a pegar carteis na parede. E gritan. Aunque hoxe, como medio, poida que estea condeado a ser pegado na porta dun comercio. Sexamos máis optimistas que no anterior post e rematemos o cartel de Moondogs!!

Etiquetas: , ,

29.5.07

O bosque de Nadgor - Farruco Graña

"O bosque de Nadgor" é un canto ás vilas galegas feitas a escala humana que moitos de nós acordamos (ben sexa por vivencia directa, ben a través das fotografías contempladas en exposicións ou nos nosos libros de historia local). Hai que ter a valentía de recoñecer o que pasou, o que fixemos con elas. Non han volver tal como eran. Mais as vilas e cidades son entes vivos, que medran. E podemos intentar modificar o seu deseño segundo vaian desenvolvéndose. Podemos procurar humanizalas. E manter aquilo que conserven. Por iso queremos facer este canto á capacidade de soñar, de imaxinar doutra maneira as cousas, para plasmar ditos ideais en novos proxectos. Ademais, se estragamos tan aloucadamente o noso contorno máis inmediato, que non estaremos dispostos a facer co que non teñamos á beira das nosas casas?

Farruco Graña

Estes últimos días, aparte do chollo de sempre, andiven a competir contra unha portada encarregada por Farruco. Tan só competín contra min mesmo, tratando de ampliar o meu propio talento, do contrario non tería moito sentido. Por todo elo debo agradecer a Farruco (escritor) e a Chema (ilustrador) pola contribución co seu talento (e bo tanlante). Hai outros libros, pero eu colaborei neste envase de cultura.

Así están as cosas neste mundo onde as árbores de ladrillo non deixan ver "O bosque de Nadgor".

Etiquetas: , , ,

22.5.07

A boa letra


Cousa curiosa, non se me ocorre moi ben que poñer. Hoxe é día 22, xa choveu dende o Día das Letras... e cando digo que choveu, é que choveu. Seica houbo inundacións nos alrededores de Ribadeo.

Os que por eiquí veñen (ou case todos) saben que o Día das Letras dende o 2001 xa non é o mesmo, pra min nunca foi o mesmo dende que teño uso da razón (se é que a teño) porque nese día miña nai cumpre anos... desta volta me dixo que veintitreinta ou algo así. Eu non mo creo.

Creo que xa se me van ocorrendo cousas...

Sempre que chega esta data penso se algún día o Míster recibirá a honra de ser adicado este día a el (que rebuscada me quedou a frase, rediós!!). Non sei si é apto ou non. Moita producción literaria cecais non deixou escrita, pero si moitas letras... letras galegas, letras fermosas.

Tiña unha caligrafía que penso que ningún dos seus alunos a olvidará.
Nas suas mans as letras eran fermosas (como as mulleres que nos seducen coa sua apariencia), intelixentes (como as mulleres que escriben bos pensamentos) e caprichosas (como as mulleres que lanzan as suas redes e nos atrapan sen remedio).
A súa man deslizábase e as letras e os signos cobraban vida: as maiúsculas gritaban e te chamaban a atención, a O aparecía toda sinxela e perfecta, a clave de Fa ficaba esencial, a clave de Sol se liaba sen parar, a P enrredábase como unha piruleta...
A letra de Hernán, como a súa voz de tenor, me emocionaba e provocaba. A súa letra faláballe aos ollos, incitábanos a descifrar o seu segredo, a atopar onde comezaba e onde remataba a palabra.

Así están as cousas según Voltaire: "A escritura é a pintura da voz: canto millor ela é máis se lle parece"

Etiquetas: , , ,

3.12.06

Revisar a idea


Témblame a man, estou intentando averiguar que lle ronda pola cachola a Coté Días de Amor e Vodka. Primeiro co lápiz, logo xa máis creativo cos pinceis... xa non tan creativo co ordenador... ainda con riesgo de ver o traballado dunha semana e pico tirado polo chan. Son putadiñas dos "clientes". Non é pra menos, a min me gosta cociñar carteis pra concertos. Xurden ideas, deseños; o apresentado ao final nunca vai ser o millor. O millor é o que cada membro da Coral de Baio ten na sua mente.

Tamén é preciso decir agora, que moitas veces o importante non está no que se di senon en como se di. Por iso, as veces é preferible traballar sobre un tema xa coñecido polo público ao que te dirixes e, máis que buscar algo novo que decir, é preciso innovar na forma de decir, na forma na que as ideas deben crearse pra facerse patentes. Ademáis é un bo antivirus contra a banalidade de formas gratuitas, sen ningún sentido real.

E esta reflexión acabou por acotar a búsqueda dunha idea sinxela, graficamente concisa e pragmática, que non se afastara moito da expresión esencial dunha Coral, a natureza e o colorido da voz. Tiña xa claro que para facer o cartel, dunha coral, sin caer no tópico, deberíamos expresa-lo dun xeito máis dinámico: nada dunha foto dunha coral, nada de poñer a clave de sol... iso o deixo pra algún deseñador de Ribadeo. E, ademáis, o resultado do traballo non precisaría de explicacións abstractas, tódolos compoñentes da Coral sabrán a que se refire a porposta.

No noso gremio sóese decir que dos dez productos máis vendidos poucos están ben deseñados, e nembargantes algúns presentan unhas carencias asombrosas. Pero tamén estamos acostumbrados a escoitar á xente decir maravillas sobre o deseño de logos, imaxes ou productos que colleitan grandes éxitos de mercado, pero estos son consecuencia de fortes inversión publicitarias. Por iso, creo que estou no certo, si os compoñentes da Coral de Baio acaban recoñecéndose neste cartel, o deseño cargarase das súa voces.

Etiquetas: ,

25.11.06

Concerto de Nadal

O 16 de decembro vaise celebrar o xa tradicional Concerto de Nadal III Memorial Pepe Valiña. A polífonica invitada neste concerto será a Coral Polifónica de Ribadeo e a anfritiona, como sempre, a Coral Polifónica Xan Mella, dirixida pola bielorrusa Tatiana.

Coté, como non, volveume encarregar o cartel pra este concerto. Estas noites ando a traballar niso. Se a memoria non me falla, sei que a Coté gustáralle moito un cartel que fixera alá polo 98 pra a Banda de Ribadeo. Así que aprobeitei aquel afiche pra basear este novo cartel. Espero que os puristas non me machaquen polo auto plaxio.

O boceto que acompaña esta entrada é o que levo polo momento xunto cunhas probas de cor... ainda queda moito chollo pra esta fin de semana. Neste cartel, como en tódolos que podo, inclúo a Hernán Míster Naval; pero desta volta, como no do 98, o acompañan a miña nai e a miña irmá Rula. ¡¡Falto eu carallo!!

Ah, olvídabaseme!! O concerto será ás 9 da noite na Igrexa Nova de Baio o 16 de novembro. Non faltedes se andades por ahí. Sempre ven ben escoitar algo de Coral entre disco e disco de Blues.

Así etán as cousas nesta pequena e solitaria habitación e así as vou contando eu.

Etiquetas: ,