XV Feira da Ciencia
Pois ultimamente parece que ando moi educativo eu, e agora lle toca a XV Feira da Ciencia e Tecnoloxía de Ribadeo. Esta Feira leva xa unhas cantas edicións anuais realizadas, alá polo 95 comezou o conto. Só con ánimo de formación e non de continuidade, pero hai que ver o pesado que se pode poñer o físico cos seus compañeiros e cos seus alunos que a coña xa vai preto da maioría de idade. Deixo a continuación unha referencia sobre a Feira e o que parece ser un cartel non é tal... deume por facer unha ilustración pra acompañar isto e ao final pois lle puxen case todo.
"O facer un traballo deste tipo sobre as feiras de ciencia na Galiza é só un intento para trazar o futuro dun ensino da ciencia máis completo, facilitando o desenvolvemento das feiras e contemplando para elo a historia deste tipo de eventos nos nosos centros educativos. Nese hipotético futuro estaría incluída unha 'economía de escala' ó aumentar o número de 'usuarios' de métodos inductivos, baseados en xeito diverso e relacionados cun ensino da ciencia centrado na investigación.
Estas páxinas plantéanse cos obxectivos de, por unha banda, permitir coñecer mellor a realidade, posibilidade, desenvolvemento, ... das feiras de ciencia e exposicións científicas escolares en xeral a calquera persoa que teña interese no tema, e por outra, facilitar a aprendizaxe dos mecansimos básicos de programación e posta en marcha dunha experiencia do estilo.Por último, axustar que o que se presenta aquí é un estudo de anos feito a partires dunha visión persoal, a partir da realización de feiras de ciencia no IES Porta da Auga e recollida de información diversa que se foi presentando pouco a pouco no camiño ó longo destes anos. É dicir, non é un estudo aséptico, senón humano, sobre unha cuestión que ten unha grande compoñente humana como é a didáctica, pero sen deixar por eso de ter unha visión obxectivada mediante datos recollidos de diversas fontes no tempo.
Como proposta en principio persoal, nun primeiro momento estas páxinas estarán cerradas a contribucións e colaboracións diretas. Mais unha vez que o traballo esteña estruturado cun núcleo forte que facilite colaboracións na mesma dirección, esto é, sinerxias, pouco a pouco iráse abrindo como ambiente colaborativo a outros profesores con experiencia no tema. Así o contempla a idea programática coa que xorde, pois estas páxinas están pensadas máis como un xerme de futuro que como algo rematado e pasado."
Así están as cousas por Ribadeo e polo IES Porta da Auga que tan boas alegrías me deron, e así as deixo eu, como debe ser: agradecido por ter podido estudiar neste centro.
Por certo... neste intre miña irmá pequena acaba de entrar no paritorio. Ola Abril, venbida a este mundo. Hoxe pode ser un gran día... e mañá tamén.

5 Comments:
Pois noraboa para a túa irmá, agardo que todo saíse ben, e como lle dixen a un colega que recentemente tivo un novo irmán... ¡isto hai que remollalo! ¿Cando quedamos?...
By Barnikel, at 10:34 p.m.
O primeiro, felicidades a Rula. A estas alturas, por aí terá rematado (ou comezado) o tema.
E despois, grazas tanto polo agasallo da entrada como polo cartel, que tomo como alternativo. Mañá pásolle a nova ós compañeiros.
By agremon, at 10:36 p.m.
pois felicitoche mañan, pero por si non te vexo, felicitoche hoxe,...tío
By El Rey Artabrico, at 10:42 p.m.
Abril xa está eiquí. Nasceu na madrugada do 24 de Abril... faceuse de rogar. Facéronlle sair a iso das 2.30 da madrugada.
Que pasou tal día como hoxe?
http://es.wikipedia.org/wiki/24_de_abril
Pois o dito Abril, benvida!
By ajaspino, at 9:25 a.m.
Ja ja ja ja... ademáis é o cumpreanos do meu pai. Felicidades Pepe paraugas.
Jo, que coincidencia, non?
By ajaspino, at 9:36 a.m.
Publicar un comentario
<< Home