Die Walküre V
Hoxe comezaron a baixar as temperaturas. Xa non se está tan ben coma ontes. O ceo está completamente cuberto de finas nubes. Podes ver o sol cun efecto “desenfoque gausuano”. Deus manexa o photoshop, pero tirando a mal.
Volvín coller o bus M48, aunque esta vez baixeime duas paradas antes para mercar algo de fruta. Débome estar acostumbrando a ese anaco diario de mazá que me da Fer.
Volvín a Potsdamer Platz. Ao bar de ontes. Hoxe café. Cousa rara; un café custa o dobre que a cervexa. Está claro, hai que beber máis cervexa.
Intentei conectarme á wifi do Sony Center (a sede central de Sony en Europa). A rede viá e íase como as olas lamendo a praia. Ainda así conseguín facer 4 cousas:
1. Conseguir meter o post de ontes.
2. Contactar a medias con Edith para sair hoxe pola tarde/noite. Onde? A que hora? Non o sei, por iso o de que quedamos a medias.
3. Con tanto intento de conectarme e desconectarme á wifi ventileime o 60% da bataría.
4. As teutonas alégranme o café e a falla de wifi.
Subindo dende Potsdamer Platz até a Parisere Platz para ver a Porta de Brandenburgo atopeime cun monumento bastante curioso: unha serie de bosque de bloques de pedra alineados de diferentes alturas nun terreo ondulado. Creo que é un monumento adicado aos mortos xudeos.
Pensei que a Porta de Brandenburgo ía estar moito máis concurrida. Uns metros máis cara ao norte (está moi preto) atópome co Reichstag. Hoxe o Parlamento alemán. Di a guía, que o tremendo de Hitler foi probablemente o instigador do indencio deste edificio para así poder facer a súa Acta de Capacitación. O sitio é grande. Moi grande, moi amplio. Moi alemán. Ten unha cúpula acristalada acojonante que, sospeito, terá unhas vistas ainda máis acojonantes. Non vou entrar. Hai unha cola ainda máis acojonante que as supostas vistas.
Teño que decir que me sinto bastante ridículo iso de deixar a cámara co temporalizador e sair correndo para poñerme nunha pose bastante forzosa. Supoño que iso e ter que facerme pallas é por culpa de viaxar só.
Despois de zapatearme a avenida Unter den Linden chego ao Museo Histórico Alemán. Tremendo museo señores. Moi guapo e moi grande. Ten unha colección moi extensa (non é o prado, pero boeno). A entrada de 5€ está moi pero que moi ben para o que se visita. E se sabes alemán ou inglés xa non che digo nada. Está dividido en 7 grandes etapas e dun xeito moi ameno. Misturan moi ben obras con elementos da época. Que un retrado de non sei quen… pois ao carón xarras, mobles e outro tipo de obxetos da época. Impresionoume moito a idade media con todo o Sacro Imperio Románico Xermánico (até o S. XV). A min me molan moito as armaduras e demáis artiluxios daquela época. Os retratos e demáis paranoinas son demasiado escuras para o meu gosto.
Resulta moi “chocante” a parte adicada á II Guerra Mundial. Para… hmm… vou contar cos dedos. Para 12 anos que durou a festa montada por Hitler e os seus colegas ten a parte máis grande do museo. Ten unha inmensa documentación. Mogollón de propaganda. Increibles e magnificas litografías. Algunhas delas dan arrepio. En todas se me cae a baba do ben que están deseñadas. Algúns uniformes militares… menos dos que me imaxinaba. Normal, os collóns decrecen un 90% só con mirar un uniforme nazi. Está moi ben. O recomendo. E non… non hai moito sobre os xudeos. Haber, hai. Pero non as imaxes espeliznantes que temos na retina. Non hai imaxes de fosas ou crematorios. Como todo o museo xira arredor de Alemaña e Europa pois por suposto leveime o susto de atoparme co busto do noso queredísimo Paquito e a súa falange. A falange do índice lle ía meter eu.
Había un rollo, a nivel de imaxe corporativa, que me chamou moito a atención: Os diferentes “imagotipos” que tiña cada sección do movemento. As SS unha, as xuventudes outra, etc. Moi ben organizado. Moi ben deseñado. Hai iconografías que non comprendo, pero sospeito que ten unha razón. Unha boa razón.
Nota do autor: Poño chocante, por non dicir normal, ou curioso, ou calquera outra cousa. Non sabía moi ben que me ía atopar; se silencio ou pompas.
Agora non sei se ir ao Pergamonmuseum que está ao carón deste museo. Pero como siga a este ritmo de visitas o martes estareime comendo os mocos de aburrimento. Agora estou feito polvo. Debo levar enrriba uns cantos quilómetros. Vou intentar sacar unhas fotos aos logos eses e logo intentarei chegar ao hotel. A ver si hoxe non me perdo, como ontes á noite. En vez de tirar cara ao sur tirei cara ao norte. Xa mo dicía Cris: Leva unha brúxula.
Así están as cousas namentres non sei nada desa saída tarde/noite e así as vou contando eu.
Por certo, atopar eiquí un local con wifi (gratuita) me resulta imposible… e increible. Bis bald nenos e nenas!

4 Comments:
A ver, agora vou medio peido... e non porque me goste beber, se non que entro en cada bar que vexo alguén cun ordenador pra ver se hai wifi e nunca hai. Agora atopei un, estou cheo, acábase a bataría... en fins. Hoxe foi gran día e mañá millor. Xa non me perdo tanto. Agora teño que praticar iso de ir aos sitios borracho. Ribadeo se me da moi ben. Ourense tamén... A Coruña xa lle vou pillando o tranquillo... agora so me queda Berlín.
Isto é grande de carallo... pero está de puta madre.
Bicos Cris.
By ajaspino, at 5:21 p.m.
Amiguiño, son eu ou empezo a notar unha preocupante melancolía? Será que estás a impresionar pola desmedida cantidad de romanticismo bávaro que parece que se respira por ahí?
Mañan mais, por favor que ainda que non o creas me estás gustando moito estas cousiñas que escribes por aquí.
Cuidate
By El Rey Artabrico, at 11:20 p.m.
Ti estarás descubrindo Berlín, pero Berlín está descubrindo unha nova visión de ti mesmo.
... Por sinais os alemáns tamén entenden as peticións apra sacar fotos en posturas menos forzadas :-)
By agremon, at 11:18 a.m.
Es impactacte... cómo se puede tener un museo al horror? Debe de dar un mal rollo tremendo y encima tampoco ha pasado tanto tiempo desde que tuvo lugar algo así...
La iconografía es bestial, especialmente mística, porque a ese pirado le encantaba el esoterismo. De hecho, la famosa svástica nazi es una derivación de una cruz tibetana llamada Antakarana (http://www.reikiactivo.com/meditacion/antahkarana.html).
Desde luego el arte de la guerra siempre impone. Sí que empezaste fuerte el viaje ;-)
By Eva Moya, at 3:40 p.m.
Publicar un comentario
<< Home