ajaspino

3.4.09

Die Walküre II

Ola mundo. Eiquí seguimos. Segundo día de preparacións da viaxe, hoxe dende o portátil da miña irmá. Téñome que ir afacendome a el... o Safari se me pecha cada pouco, non sei si por algún comando estrano que fago sen decatarme ou ben por que a wifi dende estou vai como o cú... que vai. Tamén teño posto como unha especie de corrector ortográfico que fai que todo o que escribo me aparece subraiado.

Boeno... Que pasou hoxe, eh?

Pois ainda pasaron cousas. O rollo de ontes con Fer quedou en medio peido. Non estivo mal. Fer brindounos, a Saúl e a min, cunha noite desas de absurdeces contínuas. Na súa liña, vamos.

Logo tocou madrugar. Reunión dos Learning Coffee (algún día colgarei o video). Comezar un novo curso (por fin). Retocar algunha cousa por alí e por alá. Outra reunión dos Learning Coffee. Seguimos co curso de Marketing Dixital... pitillín. Comentar as xogadas de onte e ir limpando as mesas de todo o sobrante. A empresa: Fynet/Kubbe, ou sexa Netex está en obras. Ampliamos e agora nos imos poñer en 4 naves. Sacar fotos de todo montado... a xente traballando. Outra reunión dos Learning Coffee; esta vez cas que mandan: Ana, Yrma e Betatest. Parece que a cousa marcha. Máis fotos... e de súpeto un mail de Carola. Di que se marcha a outra empresa. Hoxe é o seu último día en Kubbe (non derradeiro, ollo... ainda pode volver). Fotos con ela. Seguimos currando e chegan as duas. A recoller tódolos equipos, os cables e ver a nosa 'casa' baleira. Carlos Ezquerro todo tolo por alí cos planos nas mans... e a xente carretando os monitores e CPUs á sala de gravación. Alí non entrará o polvo das obras. Máis fotos e chegan as tres da tarde. Todos marchamos á Tasca. Hai que empezar a gran ponte con alegría.

Cervexa, cervexa e máis cervexa, Xa vou medio peido. África dime o que outras persoas xa me dixeron: Tes problemas coa bebida... ja ja ja. Vou ao baño a vomitar. Cervexa, cervexa e máis cervexa.

Remata todo e Fer me achega até a FNAC a mercar a guía de Berlín. O tipo, un profisional com o a copa dun pino, dime que xusto detrás de non sei que monumento (por suposto eu asinto como que sei de que me fala), hai unha cafatería-cervexería que pides: A big beer e che poñen un litro de cervexa por tan só tres euros. Hai que ir ne cajonacona!! Que profisional, que profisional o tipo este diría Manquiña. Merco a máis barata. Total... con esa indicación xa teño amañado a ponte.

Envío un SMS a Flavio, o moi cabrón si que ten un bo plan: Concerto de AC/DC en Bilbo. A envexa me corroe e por iso me arrenchufo os cascos e me poño toda a discografía dos chicos australianos a todo meter. Que ben mo vou pasar no concerto deles en Madrid. Aló estaremos parte do pior de Ribabebo: Joseca, Rego e eu. Oh yeah!! Pero esa viaxe será outro post.

Agora xa me vou familiarizando co mac e co mini-teclado gay que ten. Xa teño guía. Hmmm... que me falta? Ah, tender a roupa de ontes, pagar aos caseiros e mercar tabaco pra non gastar tanto aló e poder beber esas Big Beer.

Ah por certo, antes de baixarme do coche, Fer dame un consello: Leva, alo menos, un condón na carteira. Que profisional... que profisional.

Así están as cousas este venres soleado no que a viaxe que ontes ollaba con certo recelo hoxe a vexo como unha gran experiencia. Papá, son un mariñeiro de altura en terra firme!

P.d.: Meis, isto promete ou non promete?

Etiquetas: , , ,

6 Comments:

  • Aínda que teño que facer gala da miña lendaria incredulidade, sí que promete. E gratis aquí vai o meu comentario profisional, que por algo viaxo tódolos meses ao norte, é que leves xusto o imprescindible na maleta e evites cargar peso con obxectos inútiles, por exemplo o condón...

    By Blogger Bruxo, at 6:15 p.m.  

  • Será cabrón o búlgaro!
    Non confías na miña berborrea barata de diseñata? Malo será non ter un rollete cunha teutona.

    By Blogger ajaspino, at 6:20 p.m.  

  • E dalle coa teutona. Que fino andas.

    Duas cousiñas:
    1ª Cabrón, no me dixeches que tiñas curso, e eu a velas vir.
    2º Vomita, vomita, e logo anda a queixarte do estomago.

    Anda, pásao ben e o do condón, non lle fagas caso o búlgaro. Sempre che pode servir pra seguir vomitando.

    Bis bald (bulería, buleríiiiiiia)

    By Blogger El Rey Artabrico, at 7:32 p.m.  

  • Jodo, que cutre con as fotos

    By Blogger El Rey Artabrico, at 8:37 p.m.  

  • Non sei que carallo lle pasa, pero non amplian ao clicar...¿¿?? Xa o mirarei noutro momento con máis tempo.

    Téñome que afeitar. Non quero que me confundan cun xudeo ortodoxo!

    By Blogger ajaspino, at 8:41 p.m.  

  • Mellor unha "tetona" que unha "teutona", aínda que non sexa alemana, que penso eu que co teu inglés aínda vas ter que ligar cunha galega turista...

    By Blogger Barnikel, at 12:57 a.m.  

Publicar un comentario

<< Home