Alta fidelidade II
Difícil tarefa esta a da Meme. Xa anterior deume chollo polo traballo que supuxo, pero esta custou facer descartes, dolorosos descartes. Clásica, pop, heavy... falta moito rock e xa nin falo de jazz ou swing. Pero tiña que elexir 10 e 10 son as que vou apresentar. Espero que con estas 10 alguén diga: Ondiá pois é verdade, esta era unha das miñas. Ou algo asín como: Juer, pois este tema está de pinga!!
Como a lista e o orde xa a teño preparada, pero ainda non rematei de facer as ilustracións, montalas e subilas ao YouTube, irei poñéndoas pouco a pouco nesta entrada. O Mixwit está moi ben, é doado incrustalo, e doado elexir e poñerlle fondo a cintiña que ten o seu aquel, etc... pero as veces ou non atopas os temas que un desexa ou ben os atopas pero casca con demasiada frecuencia. Así que por iso decicín subilo ao YouTube, e de paso ir facendo unha mini videoteca.
O primeiro tema da miña Alta fidelidade é: Um jeito estupido de te amar de Maria Bethânia.
Este tema (e outros tantos dela) o levo escoitándoo de xeito compulsivo non sei dende cando; o que si sei é que a coñecín a través da miña irmá Mariola. E pouco máis vou escribir hoxe sobre Maria Bethânia agás un detalliño: Bethânia é irmán de Caetano Veloso, quen o diría polo apelidos, non?
O segundo tema da lista é unha versión dun tema de Joaquín Sabina: Contigo da Niña Pastori. Non che son nin moi devoto de Joaquín Sabina nin da Niña Pastori, pero ei decir que este tema, esta interpretación, este arranxo e esta letra me deixaron alucinado dende o primer intre que a escoitei. Supoño que alguén vai alucinar moito con esta elección, pero é o que hai... na casa canda un escoita o que lle peta.
O terceiro corte tócalle a Nina Simone: My baby just cares for me. Creo, se mal non me lembro, que comparto este tema con alguén directo da meme. É o primeiro que coincide, pero sei que non vai ser o último. Hai gostos populares que pululan por ahí e que comparto con moito gosto. COn moitísimo gosto. Poia ala, a desfrutar da gran señora Nina Simone.
Polo momento isto é todo. Hai máis temas xa preparados, pero non lles corresponde esta orde así que haberá que esperar. Aprobeito pra decir que a orde non é por importancia ou gosto... que va, nin moito menos... pero si é a orde nas que as soo escoitar.
Así están as cousas nun día que fai un frío de carallo e que tiña que terme afeitado e así as fun subindo.
5 Comments:
Sin duda, dos de las voces femeninas con más personalidad y sentimiento del panorama musical...
Mira que yo no puedo odiar más a joaquín a sabina, pero la niña pastori consigue hacer que ni me acuerde de que existe ese tipejo.
Y María Behatania ya es que es otro mundo, me acuerdo la primera vez que la escuhe,(que debía de tener yo 15 años o asi) que no daba crédio a lo que oía, nunca me había impactado tanto una voz y una interpretación...
bueno, eso, que me encantan los dos temas
bicosss! y a ver si no nos das el resto con cuentagotas!
By martacuba, at 12:13 a.m.
Perdoa pola tarddanza..fai moito que quería comentar..e como ían ser máis de duas palabras..agora que tiña medio minuto..vinme para acá..e atopo que hai un video novo que antes non vira de Nina Simone, que seguramente é o favorito destes tres (polo momento), pero que pon algo así como que "is no longer available due to a copyright" .blabla...e pode ser que non o vexa..POR QUÉ?
Pero! cómo poden enturbiar o espíritu navideño? o ESPÍRITU en xeral, o mero feito de compartir??
acaso é a sgae?
os netos de Nina Simone?
Mr.Scrooge e os fantasmas das Navidades pasadas?
tRiStE, o das cintas (mixwitt) tamén pechou as suas portas..dín que por encontrarse entre a espada e a parede.
Pois é a que máis me gusta, Ajaspino, :), porque podo imaxinar a música de Nina, a sua voz dulce e sonora, e para iso..non hai canon nin copyright posible.
;)
un bico, e boas festas!!
By Aurora Cascudo Román, at 5:58 p.m.
http://www.youtube.com/watch?v=F5qpqsK2Hnw&feature=related
By Aurora Cascudo Román, at 6:02 p.m.
Todo voces de mulleres!!
Por agora impecable a selección, aínda que xa teño intriga por ver que "barítonos" vas meter.
Felices festas!
By Grankhan, at 12:39 a.m.
Aurora:
Pois eu o video o podo ver na páxina deste blog sen problemas, o que non me deixa é dentro de YouTube. E si, foi por dereitos do copyright. Supoño que cada productora defende o seu. Espero non ter máis elexidos da mesma productora.
Grankhan:
Pois é certo que até o momento todo son mulleres. Acabo de revisar a lista e vexo que ao final quedou 4 voces féminas contra 6 masculinas. Curioso. A última volve ser unha grande muller.
Vémonos, por desgraza, no traballo.
By ajaspino, at 12:00 a.m.
Publicar un comentario
<< Home