Un grito na parede
Os carteis foron e serán un gran invento da sociedade. Nasceron anunciando o futuro. Antes de Nicole Kidman, moito antes, co verdadeiro Mouling Rouge, Toulouse xa sabía o que ía vir despois: Os carteis.
A historia do cartel é dunha historia contemporánea, na que se poden intuir tódolos movementos estéticos e , por suposto, fenómenos sociais. O modernismo co futurismo, o constructivismo e o expresionismo, logo o racionalismo e xa máis preto o pop art nos teñen deixado esa lista de homes (moi poucas mulleres) ilustres, como Casas, Toulouse, Cassandre, Penagos, Rodchenko, Renau, Garbayo, Lissitzky, Geiss, Giralt-Miracle, Crous Vidal o Warhol, ademáis dunha gran cantidade de autores que olvidaron deixar o seu nome no rectángulo de papel. Quen deseña os carteis anunciadores dos circos?
Agora están os grafistas e publicitarios que insiten en afianzarse, non sempre con fortuna, nos principios do cartel. Agora recupérase a idea da imaxe, pero non como discurso expositivo nin demostrativo, senon como suxestión. Temos a Peret, Isidro Ferrer ou Mariola López, todos eles atoparon neste antigo recurso tres modos de proceder (non quero establecer preferencia entre uns e outros, pero Mariola é millor).
Seguimos vivindo nun lugar onde se seguen a pegar carteis na parede. E gritan. Aunque hoxe, como medio, poida que estea condeado a ser pegado na porta dun comercio. Sexamos máis optimistas que no anterior post e rematemos o cartel de Moondogs!!

4 Comments:
Teño que decir que esta entrada está un pouco forzada polos comentarios de duas persoas:
Antonio: Si, penso que era bo poñer xa outra entrada... e si, tamén sempre que digo iso lémbro do tema da contrabanda que lle adicamos a Hernán Mister Naval:
"Gañándose a vida perdéndoa".
A segunda persoa é Javier Prado que ontes se me acercou á mesa e medixo cruelmente (como bo músico que é):
O seguinte que vai ser, unha nota de suicidio?
Pois iso.
By ajaspino, at 10:53 p.m.
Este comentario foi eliminado polo autor.
By Unknown, at 1:39 a.m.
Queremos ve-los amplidos. Queremos lee-los. Ben grandiños. Que se vexan!.
E menos Wikipedia e máis foticos, carafio!
;)=
By Unknown, at 1:40 a.m.
Penso que o autor non tivo en conta unha especialidade do cartelismo.
A especialidade que temos todos preto da nosa vida, que nos deu tantas ledicias e tristuras. O cartelismo á mau de todalas familias do país:
O Cartelismo Materno de Nevera.
Quén nos recorda esas notas, cheas de poesía) postas polas nosas nais na porta de nevera (ou similar):
- Tes tortilla no forno.
- Chamoute ese amigo teu do pendiente no naris.
- Estou en casa de Marina da Faxarda (por suposto ti non tes nin idea de quen é dita muller).
A miña nai era unha verdadeira experta na confección de ditos carteis, eran sempre expresivos, as veces indescifrabeles e de cando en vez ameazadores.
Isto fai que sinta congoxa no meu corazón ó ver como o meu irmán non reconoce esa influencia no seu artigo, e máis cando ese grito era o seu ó ver os carteis da Lola referentes aas suás horas de chegada á casa.
Salu2
By clapaucio, at 11:39 a.m.
Publicar un comentario
<< Home