A boa letra
Cousa curiosa, non se me ocorre moi ben que poñer. Hoxe é día 22, xa choveu dende o Día das Letras... e cando digo que choveu, é que choveu. Seica houbo inundacións nos alrededores de Ribadeo.
Os que por eiquí veñen (ou case todos) saben que o Día das Letras dende o 2001 xa non é o mesmo, pra min nunca foi o mesmo dende que teño uso da razón (se é que a teño) porque nese día miña nai cumpre anos... desta volta me dixo que veintitreinta ou algo así. Eu non mo creo.
Creo que xa se me van ocorrendo cousas...
Creo que xa se me van ocorrendo cousas...
Sempre que chega esta data penso se algún día o Míster recibirá a honra de ser adicado este día a el (que rebuscada me quedou a frase, rediós!!). Non sei si é apto ou non. Moita producción literaria cecais non deixou escrita, pero si moitas letras... letras galegas, letras fermosas.
Tiña unha caligrafía que penso que ningún dos seus alunos a olvidará.
Tiña unha caligrafía que penso que ningún dos seus alunos a olvidará.
Nas suas mans as letras eran fermosas (como as mulleres que nos seducen coa sua apariencia), intelixentes (como as mulleres que escriben bos pensamentos) e caprichosas (como as mulleres que lanzan as suas redes e nos atrapan sen remedio).
A súa man deslizábase e as letras e os signos cobraban vida: as maiúsculas gritaban e te chamaban a atención, a O aparecía toda sinxela e perfecta, a clave de Fa ficaba esencial, a clave de Sol se liaba sen parar, a P enrredábase como unha piruleta...
A letra de Hernán, como a súa voz de tenor, me emocionaba e provocaba. A súa letra faláballe aos ollos, incitábanos a descifrar o seu segredo, a atopar onde comezaba e onde remataba a palabra.
Así están as cousas según Voltaire: "A escritura é a pintura da voz: canto millor ela é máis se lle parece"
3 Comments:
É evidente a importancia dos profesores e mentores do despertar da conciencia creativa dos cativos, e sempre me parecera increible a xente capaz de escribir bonito (refírome o feito físico de pintar letras nun papel), a pesar do moito q o intentaron correxir, a miña letra son jeroglíficos de alíenixena enaxenado.
A todo esto: o retrato de Hernán salexe.
By CHEMA, at 11:39 a.m.
Creo que cometín un grave (e lamentabel) erro. Eu escribín:
[...]Moita producción literaria cecais non deixou escrita [...]
E hoxe vexo:
http://www.enderezo.com/hernannaval/palleira/bases_datos/base_datos_escritos_e_prensa.html
Mile gracie a:
http://hernannaval.blogaliza.org/sobre/
By ajaspino, at 3:30 p.m.
Hoxe recibín un mail de mónica (http://mop3monicadas.spaces.live.com/?owner=1) que me pasou un ligazón dun grafolóxico... que dirá a nosa letra de nós.... que dirá?
http://www.grafologico.com/grafologia/material_relacionado_estudio_grafologico_gratuito_de_la_firma.htm
By ajaspino, at 9:18 a.m.
Publicar un comentario
<< Home