ajaspino

7.9.06

Moondogs Blues Party - O cadelo lunático


"[...]Detrás de la música de Moondogs Blues Party no hay ensayos, ni grabaciones infinitas, todo suena como la primera vez que es tocado. Puede que no contenga una gran pureza técnica o suene con una moderna sofisticación musical. No la busca. Es algo fresco y efímero, sentido y perdido, que no podría repetirse, es casi como una religión en la que Thelonius Monk es el pastor.[...]"

Javier Prado Espiñeira

Nestes días ando a chollar nun proxecto que ten que ver moito coas webs comunitarias ou participativas, algo que ultimamente lle andan a chamar web 2.0. Pois namentres me curraba parte desta proposta estaba a escoitar "O cadelo lunático", que ten parte desta filosofía comunitaria pois está baixo licencia de "Creative Commons". Isto ben ser algo así como "Zona común de creativos".

Javier Prado séntase polas tardes case diante miña. Arrenchúfase os cascos e ponse a argallar con uns e ceros. De cando en cando falamos de música. De cando en cando pasámonos algún que outro temilla que sospeitamos que nos vai gostar. De cando en cando fala dalgún proxecto musical que ten en marcha e eu de que me gostaría ter algún proxecto en mente. De cando en cando falamos de compartir o aluger dun local de ensarios, el pra o seu grupo e eu pra o que me gostaría formar. De cando en cando traballamos algo.

Entre un deses cando e cando comentoume que estaba a investigar el soiño unhas melodías, unhas notas por eiquí uns bemois por alá. El só coa sua guitarra e o seus aparatiños que imitan a bataristas moito millores ca min. Na Contrabanda a eses aparatiños lle chamábamos o "Japonés".

Pasaron uns cando e cando. Escoitamos da man de Coe un disco de Tom Waits. Cris non me deixa escoitar este disco no coche. Un cando e cando. E nun deses, dime que ten tres temillas no forno, que se me apetece escoitalos... por suposto, trae pra acó. Caralludo é quedarse curto. Sospeito que lle gustou moito Tom Waits pola aspereza do "Moondogs Blues Party".

Pasa o tempo e Rober, outro compi do chollo coméntame que lle encantan os tres temas... e non só iso, tamén vaille a facer a portada e libriño do disco. Ninguén millor ca el. A cousa marcha. Caralludo.


Hoxe saco do güinanp a Tom Waits, a Delmark Blues e aos Joe Jackson's Jumpin' Jive. Estou escoitando a Javier Prado. O cadelo lunático xira e xira no aparatiño que teño debaixo da mesa. E así estará até que mo leve ao coche de Cris. ¿Quitarame este disco?

Grrrr guau guau. Así están as cousas no escuro mundo do Blues e así as conto eu. Grrrr guau guau.

Etiquetas: , ,

5 Comments:

  • Tiene Vd. un estilo de escribir que me atrvería a calificar de nostálgico.

    By Anonymous Anónimo, at 9:40 p.m.  

  • je je... pues la verdad es que de vez en cuando si me vuelvo muy nostálgico.

    gracias por el calificativo.

    By Blogger ajaspino, at 12:14 a.m.  

  • o japonés eran os 'CASIO'... as maquiniñas que fan ruidos...

    nunca fuches a unha romería onde no cenário só hai unha parella cantando con música de fondo e non sabes de onde sae??

    iso era o japonés... pero claro, ti sempre ves conspiracións por todos lados fuji... ai ai ai, que vou facer contigo.

    By Blogger ajaspino, at 4:07 p.m.  

  • Lendo o post miro para o lateral: podes cambiar o de 'ribadenado'?

    By Blogger Agremon, at 11:01 p.m.  

  • je je... que boeno. non me decatara. Este tipo de erros os cometo tan tan amiudo, que cando fago un cartel o leo e releo. Lembro varios erros 'gordos' cometidos en carteis e programas de man da Banda; pero hai dous que me fan moita gracia:
    Nun puxen 'Banda Sifónica' e nouto 'Henán Naval'...

    Existe dislexía ao escribir??

    By Blogger ajaspino, at 9:50 a.m.  

Publicar un comentario

<< Home