18.6.13
16.6.13
Menos samba e máis traballar I
Nota: Se alguén sabe como facelo dende o mac, que mo diga... que eu teño que andar fuchicando co "Visor de caracteres".
· Maleta grande feita, aunque non estou moi seguro de si me pasaría co peso. Cortesía de fer Amador.
· Mochila para levar tódolos trebellos (mac, ipad, iphone, cables para conectarme a outro monitor, cargadores...), feita. Cortesía de Gel.
· Billetes impresos.
· Pasaporte do trinque.
· Condóns da sorte, caducados. Teño que revisar este ponto.
1) O proxecto. Isto por suposto é o máis importante. Dependemos moita xente. Demasiada
2) Que chegado aló, o proxecto ma traia frouxa e me adique a beber caipirinhas coma un Albano-Kosovar.
3) Que o 'problema' do meu golpe que din no cú faga que as pase putas na viaxe e que iso provoque que non poida dormir, ergo: chapa de Maikel Night cunha excel.
4) Que volva cun herpes, gonorrea ou a saber. Deste ponto non puiden informarme coma desexaba con Astraco para que me explique estes rollos. Si isto ocorre queda claro que descartei o ponto 1) e adiqueime ao 2).
13.10.11
Feira do libro - Limiar
12.10.11
Feira do libro - Portada

28.11.10
Os carteis do meu corcho
17.11.09
Fw: por si che serve de consuelo
Hoxe e a semana pasada pudo ser un gran día. Pese a todo (pesie a todo deseñamos, dirían Les Luthiers).
As 7.15 erguome mal. Case sempre doume coa deda meñique nunha das esquinas da cama... case sempre. Joer, non aprendo. Desnúdome e vou correndo pra a ducha que fai un frío de carallo e logo sécome co secador. Na ducha paso minutos e minutos debaixo da auga fervendo. Intento que caiga xusto perpendicular no centro da cachola pra non escoitar nada. Pero nada. Tan so o rumor do auga discurrindo polo meu pelo, polas miñas 'forellas', polo meu nariz, polos meus ollos. Dame a sensación que o pelo crece, crece e crece... e pesa e pesa e peeeeesa. Así olvido todo e tamén a dor do pe. Así fago que o día empece con bo humor. Ah, si, sécome co secador... manías raras que ten un.
Case sempre chego xustiño e non vai ser por almorzar, non almorzo. Nunca. O café góstame de bar e a poder ser con cheiro de xornal quente, coas páxinas pares pegadas as impares... cantas máis páxinas pegadas millor. Iso significa que son o primeiro en desvirxinar ese xornal.
Por desgraza o coche que me leva fala de traballo. Antes ía noutro, nun Opel, e sempre protestaba porque a B.S.O. sempre era Metallica. Nunca debín protestar por aquilo.
Agora xa cheguei ao traballo. Fai anos gritaba: "bon giorno per tutti per la matina". Agora so saúdo a uns cantos e case os contos cos dedos da man dun afiador manco afgano con moi mala sorte. O saúdo italiano creo que o fago tal cual dende o 97 cando estudiaba en Ourense. Que tempos!
- Lapsus de 10 horas mínimo -Non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo - Lapsus de 10 horas mínimo -
Chega unha hora na que empezo a estar tranquilo. Isto pode ser que ocurra as 17.00 ou as 21.00 h. a verdade é que nunca son moi consciente da hora que é. Todo depende de Ezequiel. Miro cara as cinco da tarde (como dirían os pilotos de combate) e se vexo a Eze todo está ben... todo está ben ou demasiado mal, pero ainda así estar traballando ao carón del significa algo: o que sexa vai sair cara adiante. Se a cousa pinta mal non é Eze só... é Eze e todo o batallón completo. El conseguíu equipo. Está claro que eu non. Culpa miña me dixeron uns. Deixáronche só díxome un do batallón (este non conta que é amigo meu).
Volvemos pra casa. Por Alfonso Molina case non hai coches... e se os hai teñen sereas, incluso cadáveres dentro. É tarde... algunhas veces até escoitamos o programa "Hablar por hablar". Hai xente que está pior ca nós. Chove na Habana.
Eze deixame a poucos metros do portal da miña casa... e pase o que pasase sempre lle digo o mesmo: mañá máis e millor.
Chego ao quinto con ascensor. Non teño pan. Non teño iogures. Non teño zumo. Non teño pasta. Non teño embutidos. Non teño conservas. Non teño nada de nada. De feito non teño nin sono. Esoulle a dar voltas a unha carallada que xusto me dixo Eze antes de sair, antes do meu último bostezo dentro da ofi. Estoulle dando voltas e até o momento non lle vexo solución.
Voume deitar que xa é tarde pero namentres penso: algún día, algún día que teña vida enviareilles un mail aos meus irmáns.
Así están as cousas e namentres escribo isto chamo por teléfono e alguén contesta cun sms: agora vou pra cama. mañá te chamo. bicos. Eu, coma o Míster, tamén vou canso de todo menos da música (xa teño epitafio).
24.8.09
El árbol de los sentimientos, un susurro envasado
Eu se fose escritor millor sería adicarme a outra profisión. Está claro que este blog non desperta moita curiosidade máis aló dos que me coñecen persoalmente. Se comparase isto cun libro editado por min vendería tantas novelas como amigos teño dividido entre cen... como moito, moito. Morrería de fame e veríame obrigado a adicarme profisionalmente ao escuro mundo do ilirning. Unha faena, oiga.
Pero ainda así sego introducindo, con moi pouca regularidade, algún post ca outro. Non sei moi ben o por que deste blog. Opinión? protesta? compartir coñecementos? terapia?
Quédome coa terapia.
Supoño que este blog evolucionou co tempo ao mesmo tempo que o ía escribindo. As razóns tamén foron cambiando co tempo. Sospeito que o blog pasa a ser un anaco máis da miña personalidade (polo menos da de Ajaspino).
Que lle levará a unha persoa a escribir unha novela? un ensaio? contos ou o que sexa. A publicalo? a exponerse tanto? Sempre é perigoso asomarse, aínda que sexa preciso facelo. Asomarse é sair dun mesmo, ao exterior, con tódolos riscos que conleva. Periga a pracidez, as convincións, o confort do coñecido.Eva asomouse. E lanzouse sen rede autoeditando un conto para adultos. Trata as emocións e a vida como un susurro. E a min tocoume envasalo. Graciñas.
Para explicalo millor prefiro coller unha definición de Peret sobre un punto de vista conceptual para contextualizar un traballo. E neste caso a portada foi sobre o epígrafe: o susurro.
"O susurro á par de ser un suave e agradable ruido ou un xeito de falar en voz baixa e íntima, é tamén a expresión poética que emana dalgúns obxetos.
No primeiro caso chega con evocar o tópico murmurio dun arroio ou as follas dunhas árbore movéndose pola brisa. No segundo, a complicidade, a tenrura e o sentimento convertido en caricia sonora. En canto á expresión dos obxectos, adoitan ser xeralmente humildes, restos de naufraxios que se manifestan con discreción, esperando tan só a mirada cómplice que saiba ver as calidades secretas que os habitan."
Así están as cousas cando un deseña en baixiño e así as fun envasando eu.
19.4.09
A Navegar - Dando voltas pola rede
O 10º Certamen Educared A navegar está a despertar un forte interese entre a comunidade educativa. Por iso, amplíase o prazo de inscripción até o 30 de abril.As novas modalidades de participación (wikis, EducaLab e Experiencias Didácticas) parecen ser uns dos atractivos millor valorados polos docentes, xa que en edicións anteriores as modalidades de participación estaban limitadas á creación de blogs ou páxinas web.
Persoalmente paréceme que a creación de wikis é idónea para que varios grupos de alinos traballen nun mesmo tema. Permite analizar e debatir o tema na clase, en conxunto, decidir que apartados ou aspectos dese tema xenérico teñen entidade por si mesmos, e a partires de ahí, dividir á clase en grupos que traballen sobre canda un deses aspectos.
Por outra banda, valoro como moi interesante a oportunidade de experimentar con EducaLab. Esta ferramenta permite romper coa idea que ainda temos da escritura liñal (tipo libro) e utilizar un gran muro virtual para, sobre el, ir pegando e dosificando contidos cortos en distintos formatos (audio, vídeo, fotos, textos, etc.) Ademáis, pódense ir relacionando estes contidos entre si. Paréceme unha ferramente cun gran potencial pedagóxivo que, ademáis, achéganos ao xeito no que os rapaces de hoxe en día soen escribir a información (mensaxes curtos, concretos, miltimedia...).
E, por último, considero un gran atino que os docentes poidan presentar tódolos traballo que habitualmente realizan coas TIC, mediante unha memoria, na categoría de Experiencias Didácticas. É unha motivación máis para que o profisorado realice traballos coas TIC durante todo o ano.
Evidentemente, a creación de páxinas web e de blogs sobre temas curriculares, tamén teñen unha gran potencialidade pedagóxica, como se ten demostrado nas edicións anteriores do Certame.
A continuación poño un par de ligazóns: A páxina pra que os profisores se poidan apuntar, premendo eiquí e unha páxina onde se irán introducindo pequenas guías didácticas que penso que poden ser de gran axuda a profisores ou mesmo estudiantes de maxisterio ou calquer tipo de pedagogoxía (vai por ti Fuji).
Así están as cousas coma un domingo calquera e así as vou contando eu... namentres fumo un bo carrao de pitillos esperando a que me chamen pra ver se miña irmá pequena da a luz dun momento a outro.
Etiquetas: Traballo
3.4.09
Die Walküre II
Boeno... Que pasou hoxe, eh?
Pois ainda pasaron cousas. O rollo de ontes con Fer quedou en medio peido. Non estivo mal. Fer brindounos, a Saúl e a min, cunha noite desas de absurdeces contínuas. Na súa liña, vamos.
Logo tocou madrugar. Reunión dos Learning Coffee (algún día colgarei o video). Comezar un novo curso (por fin). Retocar algunha cousa por alí e por alá. Outra reunión dos Learning Coffee. Seguimos co curso de Marketing Dixital... pitillín. Comentar as xogadas de onte e ir limpando as mesas de todo o sobrante. A empresa: Fynet/Kubbe, ou sexa Netex está en obras. Ampliamos e agora nos imos poñer en 4 naves. Sacar fotos de todo montado... a xente traballando. Outra reunión dos Learning Coffee; esta vez cas que mandan: Ana, Yrma e Betatest. Parece que a cousa marcha. Máis fotos... e de súpeto un mail de Carola. Di que se marcha a outra empresa. Hoxe é o seu último día en Kubbe (non derradeiro, ollo... ainda pode volver). Fotos con ela. Seguimos currando e chegan as duas. A recoller tódolos equipos, os cables e ver a nosa 'casa' baleira. Carlos Ezquerro todo tolo por alí cos planos nas mans... e a xente carretando os monitores e CPUs á sala de gravación. Alí non entrará o polvo das obras. Máis fotos e chegan as tres da tarde. Todos marchamos á Tasca. Hai que empezar a gran ponte con alegría.
Cervexa, cervexa e máis cervexa, Xa vou medio peido. África dime o que outras persoas xa me dixeron: Tes problemas coa bebida... ja ja ja. Vou ao baño a vomitar. Cervexa, cervexa e máis cervexa.Remata todo e Fer me achega até a FNAC a mercar a guía de Berlín. O tipo, un profisional com o a copa dun pino, dime que xusto detrás de non sei que monumento (por suposto eu asinto como que sei de que me fala), hai unha cafatería-cervexería que pides: A big beer e che poñen un litro de cervexa por tan só tres euros. Hai que ir ne cajonacona!! Que profisional, que profisional o tipo este diría Manquiña. Merco a máis barata. Total... con esa indicación xa teño amañado a ponte.
Envío un SMS a Flavio, o moi cabrón si que ten un bo plan: Concerto de AC/DC en Bilbo. A envexa me corroe e por iso me arrenchufo os cascos e me poño toda a discografía dos chicos australianos a todo meter. Que ben mo vou pasar no concerto deles en Madrid. Aló estaremos parte do pior de Ribabebo: Joseca, Rego e eu. Oh yeah!! Pero esa viaxe será outro post.
Agora xa me vou familiarizando co mac e co mini-teclado gay que ten. Xa teño guía. Hmmm... que me falta? Ah, tender a roupa de ontes, pagar aos caseiros e mercar tabaco pra non gastar tanto aló e poder beber esas Big Beer.
Ah por certo, antes de baixarme do coche, Fer dame un consello: Leva, alo menos, un condón na carteira. Que profisional... que profisional.
Así están as cousas este venres soleado no que a viaxe que ontes ollaba con certo recelo hoxe a vexo como unha gran experiencia. Papá, son un mariñeiro de altura en terra firme!
P.d.: Meis, isto promete ou non promete?
17.6.08
O pouco que sei
O pouco que sei da vida está en libros que nunca lin, nas liñas que nunca escribín. O pouco que sei da vida contoumo miña nai preparándome os cola-caos e limpándome o cú e olvideino tomando copas cos amigos.
Sei que, con sorte, vou morrer unha vez. Así que procurarei non morrer máis veces polo camiño. Non hai nada pior que ir morrendo antes de morrer.
Quero ter máis proxectos que recordos, é o único xeito de seguir vivo. Quero adicarme a algo do que non queira xubilarme xamáis por moito que me miren mal. Prefiro adicarme a algo que me divirta a pesar de non chegar a fin de mes, que traballar únicamente por cartos ou por presión.
Quero amar moito e bo, incluso correndo o risco de ser correspondido. Que me esnaquicen por dentro e me vexa obrigado a recoserme co fio de calquera ilusión. Quero desexar e ser desexado. Quero recuperar o primeiro amor, que é o propio, con agarimos alleos.
Quero lanzar ao fondo do mar o arrepentimento, a culpa e a preocupación. Quero desprenderme delas pra apreciar o que teño.
Quero contar cos amigos gañados antes de cumprir os trinta, porque a partir de ahí case todo é mentira.
Quero guindar o medo. Quedarme coa sua cara, porque me está a joder unha e outra vez. Medo ao fracaso, medo ao que dirán. Medo a perder o que teño, medo a conseguilo. Medo a saber pouco da vida, medo a ter razón.
Vai por ti mamá. Saúde e pátria.
10.6.08
Novos ligazóns pero non tan novos blogs
Pois eiquí estou, preto da unha da mañá no ordenador da miña compañeira Yrma, agardando a que os programadores rematen de facer o que teñen que facer: programar. Nota pra os curiosos: estou no equipo de Yrma porque o puto Adove CS3 me volveu cascar.
Ah, si... o título desta nova entrada. Novos ligazón pero non tan novos blogs e algunha que outra páxina. Non hai nada máis doado que facer unha entrada só cos ligazóns novos que xa aparecen neste propio blog; si, si... na coluna da dereita.
Empezo cos blogs:
Fasedoira, como un ramo cativo de nenos blog dunha amiga (excompañeira de chollo) á cal lle chaman Tanta ¿?. Que decir dela: gosta de rir, rir e seguir rindo. Eu penso que está algo tola; é como desas mulleres que viven rodeada de gatos, pero ela de cadelos.
Iván Vázquez, un compañeiro na India blog de nova creación e de moi rápida actualización (unhas duas ou tres entradas á semana) sobre as aventuras e desventuras do meu compi de chollo Iván que marchou á India pra abrir mercado.
O Bruxo e o seu blog, igoal vos soa, pero este é o blog sobre as duas grandes paixóns deste búlgaro (excompañeiro de chollo): música e fotografía. Penso que olvídase da outra paixón coa que convive, pero boeno... alá el.
Quinkalla, zapatillas custonizadas é o blog de Luiggi no que mostra a súa obra que ten realizado até o momento. Ten o arte polo chan. Podedes solicitar que vos customice unhas zapatillas de deporte... eu as vin en vivo e en directo e merece a pena mercar unha pra ocasións especiais (ou non tan especiais).
Sole e o seu blog de cousas variadas e curiosas, pouco máis podo decir que xa non diga no título que lle puxen. Ten un apartado bastante curioso esta Sole (compañeira do chollo) no seu blog: Xenealoxía, con documentos que foi buscando por ahí.
Xordera musical é o título do blog de Roberto (ouuuutro compañeiro de chollo) que lle adica unhas cantas liñas (e cantas) á musica galega. Polo que me ten contado anda a preparar un libro sobre o blues en Galiza.
Agora lle toca a quenda aos sites:Kubbe, un LMS feito en Fynet (Netex), feito en Galiza (tamén do chollo). Este é un proxecto concebido e criado pola sección que nós chamamos Solutions e ten como pai de código a Jose e como nai a Emilio. Irei contando novas deste proxecto cando vexa definitivamente a luz.
Lopez Lab xa leva tempo conmigo neste blog e nesa sección, pero como en breve vai ter un lifting pois aprobeito e o vou metendo por eiquí. Ainda non está dispoñible, agardade a que Manuel Torrebruno (excompañeiro de chollo) remate o que ten que facer: programar.
Marta Cuba, a muller que me ten rizado (tamén do chollo), ten colgado na rede o seu portofolio... que parece infinito. Parece que ela só fai todo o deseño de Galiza. Se a navegades, facédeo con tempo e con boa música, por suposto. Non defraudará.
Netex a deixo de última, pero é que teño a lista por orde alfabético, se mal non me lembro. Realmente esta é a nova páxina do meu chollo. Como non, de onde ía ser. Fynet é unha marca que depende de Netex. Paso de explicalo, o millor e visitar a páxina que suponse que está moi clariño.
Ollo, teño que decir que no chollo, aparte de facer blogs tamén choiamos algo.
Pois nada, así están as cousas á 1.20 da mañá no puto chollo, que me pica todo o corpo por culpa dunhas larvas suicidas e así vou enchendo eu o blog: con cortinas de fume.
Etiquetas: Traballo
13.2.08
Un grito na parede
Os carteis foron e serán un gran invento da sociedade. Nasceron anunciando o futuro. Antes de Nicole Kidman, moito antes, co verdadeiro Mouling Rouge, Toulouse xa sabía o que ía vir despois: Os carteis.A historia do cartel é dunha historia contemporánea, na que se poden intuir tódolos movementos estéticos e , por suposto, fenómenos sociais. O modernismo co futurismo, o constructivismo e o expresionismo, logo o racionalismo e xa máis preto o pop art nos teñen deixado esa lista de homes (moi poucas mulleres) ilustres, como Casas, Toulouse, Cassandre, Penagos, Rodchenko, Renau, Garbayo, Lissitzky, Geiss, Giralt-Miracle, Crous Vidal o Warhol, ademáis dunha gran cantidade de autores que olvidaron deixar o seu nome no rectángulo de papel. Quen deseña os carteis anunciadores dos circos?
Agora están os grafistas e publicitarios que insiten en afianzarse, non sempre con fortuna, nos principios do cartel. Agora recupérase a idea da imaxe, pero non como discurso expositivo nin demostrativo, senon como suxestión. Temos a Peret, Isidro Ferrer ou Mariola López, todos eles atoparon neste antigo recurso tres modos de proceder (non quero establecer preferencia entre uns e outros, pero Mariola é millor).
Seguimos vivindo nun lugar onde se seguen a pegar carteis na parede. E gritan. Aunque hoxe, como medio, poida que estea condeado a ser pegado na porta dun comercio. Sexamos máis optimistas que no anterior post e rematemos o cartel de Moondogs!!
7.2.08
Annus horribilus
Hoxe quero escribir. Non sei moi ben o que vou escribir nin até cando vou escribir. Nin sequera sei se o chegarei a publicar (isto me ocorre con moitos posts).Teño ganas de escribir ¿ou me gostaría escribir de moitas cousas...? agora soa "Alfonsina y el mar" e non Mooondogs; pero diso exactamente non quería escreber. Quero escreber de tantas cousas que teño falado e doutras tantas que me teño calado. Das que me teño calado probabelmente me siga calando (rara vez me escoito).
Falar do que fago no traballo sempre teño ganas... Teño ganas de contar ao que me adico, ao que me gosta e me disgosta. ¿chenchu, tes vida? ¿cantas horas traballas ao día? ¿cantas horas do día adicas o teu traballo? Moitas. Demasiadas me diría Cris.
E non poder escribir, transmitir do que fago no traballo (teóricamente) fai que me sinta mal... é como cando en House meten a un no chirimbolo branco que parece un ataude... onde lle fan os TACs (sempre lles ocorre algo malo). Pois a min dame a mesma sensación cando quero falar do chollo neste blog; teño a sensación de que me vai vir unha man e tocarme no lombo... e iso é malo. Moi malo.
Ou falar da miña vida. Deste ano ruinoso persoalmente. ¿me podería ir ido pior? Pois si, por desgraza me podería ir pior. Joer, que ben estou. Pero non foi un bo ano. Empezar, empezou ben, pero rematar... estamos a febreiro e parece que nada vai rematar.
- ¿Cres nalgo despois da morte?
- Pois non - decía non sei quen pola tv - Creo que cando morra non vou ver a ninguén dos meus amigos, por iso os choro cando morren.
Cando escoitei iso decateime (outra vez) de que non creo.
Hai algúns proxectos que empezan ben e rematan moi mal (fatal). Pero logo miras cara atrás e o vivido non están tan mal, pensas. Por exemplo "Guardianes del clima". Proxecto que empezou con moitas ganas e boas ideas; xogaba cos nosos xestos, sufría as nosas frustracións. Ao final para impedir que o noso cliente non sufrira polas nosas ¿equivocacións? todos nos dixemos adeus. Na miña vida ocorren cousas parecidas, e eu sempre quedo sen palabras. Cando estaba con este tolo proxecto ocorreron na miña vida duas cousas que penso que deixarán pegada. Unha me marcará para toda a vida e outra marchará nos vindeiros meses. A finais de agosto (cando toda a carnada se me poñía diante) decidín escoitar (moi) compulsivamente un tema interpretado por Mercedes Sosa: "Alfonsina y el mar". Ainda non teño claro de que despedida fala. Pero si eu fose capaz de transmitir algo similar... ¿o faría? Penso que a nosa Rosalía si o fixo.
[...]
Te vas Alfonsina con tu soledad,
¿qué poemas nuevos fuiste a buscar?
Una voz antigua de viento y de sal
te requiebra el alma y la está llevando
y te vas hacia allá como en sueños,
dormida, Alfonsina, vestida de mar.
[...]
Logo hai outros proxectos que empezan mal (case tirando a moi mal). Non acabas de entender moi ben que papel te toca xogar. ¿Pero eu eiquí exactamente que teño que facer? Pero si eles non o teñen claro... ¿como o vou ter eu? Na miña vida ocorren cousas parecidas, e eu eiquí non me quedo sen palabras. Sempre podo dicir algo. Sempre podo facer algo.
Así están as cousas. E como di Sabina: me largo con cualquiera que se parezca a ti. Por certo, a imaxe é un boceto dun cartel moi probable que estou facendo de Javier Prado pra Moondogs Blues Party.
3.6.07
Tenemos que creer en nosotros
Pois ben, por unha banda está o de NetGO cun dos seus proxectos de Bluetooth, que pra min é un dos proxectos máis interesantes nos que até o momento puiden colaborar. Certo é que neste proxecto en particular non é que teña contribuido moito profisionalmente, pero penso que moralmente sempre digo que é un proxecto con moito futuro. Só falta que as administracións, concellos, museos, empresas privadas... crean neste produto e nas suas capacidades como o creo eu.
E pola outra banda a nova en La Opinión sobre Fynet e o e-learning, que non é teleformación como se empeñan en chamarlle na Galipedia. Teleformación é unha cousa e o e-learning outra.Pois ben, vou ao meollo, neste artigo que nos pon verdadeiramente polas nubes sae a frase do ano (en castelán, of course): "Tenemos que creer en nosostros".
Pois si... será iso, que como non empecemos a crer en nós a ver quen o vai facer. Sinceiramente cando leo esa frase venme a cachola mogollón de viñetas do gradísimo Castelao, e en particular unha que di máis ou menos: "Os galegos non protestan, emigran".
Pra rematar deixo unha perla que me pasaron no curre de Steve Jobs e aproveito pra deixar o ligazón deste video do fundador de Apple Computer: "Non ten sentido contratar a persoas intelixentes e despois decirlles o que teñen que facer. Nós contratamos a persoas intelixentes pra que nos digan que temos que facer".
Así están as cousas e así as vou contanto eu.
29.5.07
O bosque de Nadgor - Farruco Graña
"O bosque de Nadgor" é un canto ás vilas galegas feitas a escala humana que moitos de nós acordamos (ben sexa por vivencia directa, ben a través das fotografías contempladas en exposicións ou nos nosos libros de historia local). Hai que ter a valentía de recoñecer o que pasou, o que fixemos con elas. Non han volver tal como eran. Mais as vilas e cidades son entes vivos, que medran. E podemos intentar modificar o seu deseño segundo vaian desenvolvéndose. Podemos procurar humanizalas. E manter aquilo que conserven. Por iso queremos facer este canto á capacidade de soñar, de imaxinar doutra maneira as cousas, para plasmar ditos ideais en novos proxectos. Ademais, se estragamos tan aloucadamente o noso contorno máis inmediato, que non estaremos dispostos a facer co que non teñamos á beira das nosas casas? Así están as cosas neste mundo onde as árbores de ladrillo non deixan ver "O bosque de Nadgor".
7.9.06
Moondogs Blues Party - O cadelo lunático

"[...]Detrás de la música de Moondogs Blues Party no hay ensayos, ni grabaciones infinitas, todo suena como la primera vez que es tocado. Puede que no contenga una gran pureza técnica o suene con una moderna sofisticación musical. No la busca. Es algo fresco y efímero, sentido y perdido, que no podría repetirse, es casi como una religión en la que Thelonius Monk es el pastor.[...]"
Javier Prado Espiñeira
Nestes días ando a chollar nun proxecto que ten que ver moito coas webs comunitarias ou participativas, algo que ultimamente lle andan a chamar web 2.0. Pois namentres me curraba parte desta proposta estaba a escoitar "O cadelo lunático", que ten parte desta filosofía comunitaria pois está baixo licencia de "Creative Commons". Isto ben ser algo así como "Zona común de creativos".
Javier Prado séntase polas tardes case diante miña. Arrenchúfase os cascos e ponse a argallar con uns e ceros. De cando en cando falamos de música. De cando en cando pasámonos algún que outro temilla que sospeitamos que nos vai gostar. De cando en cando fala dalgún proxecto musical que ten en marcha e eu de que me gostaría ter algún proxecto en mente. De cando en cando falamos de compartir o aluger dun local de ensarios, el pra o seu grupo e eu pra o que me gostaría formar. De cando en cando traballamos algo.
Entre un deses cando e cando comentoume que estaba a investigar el soiño unhas melodías, unhas notas por eiquí uns bemois por alá. El só coa sua guitarra e o seus aparatiños que imitan a bataristas moito millores ca min. Na Contrabanda a eses aparatiños lle chamábamos o "Japonés".
Pasaron uns cando e cando. Escoitamos da man de Coe un disco de Tom Waits. Cris non me deixa escoitar este disco no coche. Un cando e cando. E nun deses, dime que ten tres temillas no forno, que se me apetece escoitalos... por suposto, trae pra acó. Caralludo é quedarse curto. Sospeito que lle gustou moito Tom Waits pola aspereza do "Moondogs Blues Party".
Pasa o tempo e Rober, outro compi do chollo coméntame que lle encantan os tres temas... e non só iso, tamén vaille a facer a portada e libriño do disco. Ninguén millor ca el. A cousa marcha. Caralludo.
Hoxe saco do güinanp a Tom Waits, a Delmark Blues e aos Joe Jackson's Jumpin' Jive. Estou escoitando a Javier Prado. O cadelo lunático xira e xira no aparatiño que teño debaixo da mesa. E así estará até que mo leve ao coche de Cris. ¿Quitarame este disco?
Grrrr guau guau. Así están as cousas no escuro mundo do Blues e así as conto eu. Grrrr guau guau.
9.8.06
Ferrolterra PantínClassic 2006
Non é que teña moito tempo pra incluir esta entrada, pero polo momento deixo esta 'perla' que me acaba de pasar un compi do chollo, Daniel Ameneiros, artífice de toda a imaxe gráfica do evento.O cartel que acompaña esta entrada é o cartel anunciador do Campionato do Mundo de Surf e o Campionato de Europa Feminino Ferrolterra PantínClassic 2006 que está a celebrar o seu segundo ano de maioría de idade, xa vai pola 19ª entrega sen corte algún.
Eiquí queda isto. Non é que sexa un apaixoado do surf nin das olas pero si o son, e eiquí teño deixado mostra da miña paixón polos actos desinteresados, de certas persoas á hora de facer cousas sen remuneración algunha. E a xente que organiza este campionato é bo exemplo diso. Polo pouco que sei é que a organización non gana un can e traballa arreo, así que ben merece a pena uns poucos minutos e outros poucos bites pra esta entrada.
Ferrolterra, que teñades boas olas.
Así están as cousas nas praias namentres un novo 'prestige' quema os montes e así as conto eu.
21.5.06
Chaves, ciber e Prozac
polo demáis, hoxe no chollo non estivo a cousa mal do todo. algo vai saindo... mal e arrastro, pero vai saindo. estamos todos pensando nas vacacións. os que xa as disfrutaron están a darlle voltas a cachola: - por que merda collín ese avión de volta... co ben que estaba eu na terraza de aquel garito.
os que ainda non as disfrutamos estamos co rollo: - Xa queda menos... je je je... xa queda menos, e eu non penso volver... jo jo jo (entónase con risa maquiavélica).
e pouco máis... as vitaminas xa as rematei e un día destes cortarei o pelo... a ver se así me atopo millor, ou se non volverei co prozac.
Así están as cousas neste puto ciber ao que lle faltan a metade das teclas, e así as conto eu.
Entrada realizada no meu antigo Blog o 29 de agosto
Todo segue igoal... máis ou menos
Si, claro... iso éo que pensa todo o mundo. Pero mañá me toca currar... ouuuuutra vez. Non pasa, a verdade é que o de currar polas mañás dos sábados... así de cando en cando, non me ben mal. Así polo menos me ergo da cama. Cousa que non faría até as 3 da tarde se non tivese que ir ao chollo.
Hoxe, na comida case me da algo con Txerra. Este tio me mata... aparte de que está como unha cabra é a reostia!! Como case sempre nestas comidas (sen presenza do sexo oposto) acaba saindo o recurrente tema das tias... e non sei como foi o rollo pero soltou:
TXERRA:
Joder, cuando curré no McDinals tenía una compañera ingeniera...
TODOS:
¿ ? ¿ ? (Silenzo)
TXERRA:
Digoooo... nigeriana...
TODOS:
Jo jo jo jo jo
Tremendo... coma sempre tremendo. Ao máis puro estilo de 'Le Luthiers'
E nada máis. O chollo parece que acaba de ir fraguando a idea que tiña pola cachola... a ver a ver como acaba a cousa. Espero non ter que meterme outra tacada de horas.
Así están as cousas, ou polo menos, así as vexo eu.
Esta entrada foi realizada no meu antigo Blog o 2 de setembro do 2005
Etiquetas: Traballo
A ambrosía fynetiana
Ben, isto é o que pon a wikipedia sobre a ambrosía...
Pois en Fynet, o que se dice comer ambrosía, vai ser que non. En Fynet utilizamos outro adxetivo (que non vou decir eiquí si despectivo ou non... Si) que é 'A Tasca'. A Tasca é un "restaurante" que temos ao carón da ofi, é un sitio moi agradabel rexentado por un matrimonio e a sua filla. Moi boa xente. Aunque eu lle vexo un pequeno problema: Non saben cociñar.
Non digo que cociñan pior ou millor. Non, pra nada. Digo e afirmo que non saben cociñar. Unha pena, pois a meirande parte das veces teño que intentar 'alimentarme' alí. As tres cousas que pode dicirse que fan ben son:
1. Os cafés (con pastelito incluído)
2. A cervexa galicia (que non hai moito que facer)
3. ... hmmmm
Perdón, hai duas cousas que fan ben. A terceira vouna poñer aparte, que son os bocadillos.
Os bocadillos, ese gran descoñecido. Facer os fan ben, pero creo que teñen equivocado o concepto do tamaño. Cando pides un bocadillo grande non te traen un bocata grande... que va, traenche un do tamaño de willi ( a orca, non o colega da abella maya) e cando os pides medianos traenche un bocata que nin diola !!
E claro, isto provoca de cando en cando pequenas evasións dalgúns empleados de fynet a terras coruñesas na procura de ambrosía... que o merecemos, carallo !!
Hoxe foi un día deses no que o estómago a iso das 4 estache a dar as grazas por non levalo á Tasca (a verdade é que o nome xa di moito). Achegámonos á coruña na bala azul de 'Me parto as cachas' (o digo así pra manter a Luis no económato... diiigo anonimato). Cando marchamos a comer fóra a verdade é que curramos moito millor, aló menos eu; e quédache unha sensación de ter probado a ambrosía... que por certo, rima coa 'Masía' que foi onde fumos comer...
brrrr... que grima me da a rima... sen telo desexado saiume un pareado.
Así está o meu estómago e así o me sae polo esófago.
Por certo, hoxe ceo 'lentejas si no las quieres las dejas'.
Entrada realizada no antigo Blog o 7 de nobembro do 2005
