ajaspino

24.8.09

El árbol de los sentimientos, un susurro envasado

Pasesiño a pasesiño este blog xa vai preto das 9000 visitas. Non son moitas se as comparo coas visitas que ten Fuji ou o blog de Aurora e moito menos se me da por compararme co peazo blog do Físico (preto das 83.000 visitas). Supoño... boeno, millor dito, sei que todo depende do interese que desperte o tema sobre o que un escriba, ilustre, etc... e se a opinión vertida vale a pena tela en conta (aunque non se comparta).

Eu se fose escritor millor sería adicarme a outra profisión. Está claro que este blog non desperta moita curiosidade máis aló dos que me coñecen persoalmente. Se comparase isto cun libro editado por min vendería tantas novelas como amigos teño dividido entre cen... como moito, moito. Morrería de fame e veríame obrigado a adicarme profisionalmente ao escuro mundo do ilirning. Unha faena, oiga.

Pero ainda así sego introducindo, con moi pouca regularidade, algún post ca outro. Non sei moi ben o por que deste blog. Opinión? protesta? compartir coñecementos? terapia?

Quédome coa terapia.

Supoño que este blog evolucionou co tempo ao mesmo tempo que o ía escribindo. As razóns tamén foron cambiando co tempo. Sospeito que o blog pasa a ser un anaco máis da miña personalidade (polo menos da de Ajaspino).

Que lle levará a unha persoa a escribir unha novela? un ensaio? contos ou o que sexa. A publicalo? a exponerse tanto? Sempre é perigoso asomarse, aínda que sexa preciso facelo. Asomarse é sair dun mesmo, ao exterior, con tódolos riscos que conleva. Periga a pracidez, as convincións, o confort do coñecido.

Eva asomouse. E lanzouse sen rede autoeditando un conto para adultos. Trata as emocións e a vida como un susurro. E a min tocoume envasalo. Graciñas.

Para explicalo millor prefiro coller unha definición de Peret sobre un punto de vista conceptual para contextualizar un traballo. E neste caso a portada foi sobre o epígrafe: o susurro.

"O susurro á par de ser un suave e agradable ruido ou un xeito de falar en voz baixa e íntima, é tamén a expresión poética que emana dalgúns obxetos.
No primeiro caso chega con evocar o tópico murmurio dun arroio ou as follas dunhas árbore movéndose pola brisa. No segundo, a complicidade, a tenrura e o sentimento convertido en caricia sonora. En canto á expresión dos obxectos, adoitan ser xeralmente humildes, restos de naufraxios que se manifestan con discreción, esperando tan só a mirada cómplice que saiba ver as calidades secretas que os habitan."


Así están as cousas cando un deseña en baixiño e así as fun envasando eu.

Etiquetas: , ,

6 Comments:

  • Muchas gracias por esa entrega maravillosa en todo lo que haces y por haber querido participar conmigo en un viejo sueño de años. Ahora ya formas parte de la historia de Sentimientos.

    La vida da muchas vueltas, pero al final, si uno se mantiene en su centro, te eleva hasta convertir tus sueños más increíbles en una realidad.

    Un abrazo inmenso desde el corazón.

    ¡Que la vida te eleve hacia alcanzar los tuyos! ^_^

    Eva Moya

    By Anonymous Anónimo, at 8:26 p.m.  

  • ... lembras cando te dixen o dos post de Berlín?
    Coido que debes relelos...

    By Blogger agremon, at 10:47 p.m.  

  • Joer... o día que me dea por escribir vou precisar dun corrector moi pero que moi bo. Pobre daquel que me teña que correxir.

    By Blogger ajaspino, at 12:39 p.m.  

  • Enhorabuena a l@s tres, un libro es siempre una gran ilusión, para l@s lectores/as también, y yo espero ilusionada para comprarla :)

    By Blogger Cris, at 1:11 p.m.  

  • "El blog como terapia". Buentítulo. Puedes animarte a escribir tú también un libro ;-)

    Por cierto, me gusta la portada, como ya te dije es muy Zen,

    Salu2

    By Blogger clapaucio, at 2:38 p.m.  

  • Eva de nada... xa o sabes. FOi un pracer.

    Físico, seguirei probando isto das portas e o tempo dirá.

    Cris, unha verdade como uha catedral... sobre todo pra autora, claro. Aunque que che vou contar a ti que xa escribiches o teu.

    O sinto Fuji, pero non estou dacordo contigo. Está claro que os cambios sempre están ahí. É imposible non ter cambios. Pero é innato terlle medo ao que un descoñece... ollo, se é un zaumbao da vida pois igoal ese non.

    Pollo, moi bo título... en serio. Pero millor "O blog como terapia". Mo apuntarei co do Físico.

    By Blogger ajaspino, at 9:28 p.m.  

Publicar un comentario

<< Home