ajaspino

19.4.09

A Navegar - Dando voltas pola rede

Nestes días andan a currar en Netex nun proxecto pra a Fundación Telefónica. O 10º Certamen Educared A Navegar. Poño a continuación unha especie de crónica sobre este 10º Certame. Todo aquel que lle apeteza (profisores, docentes, estudiantes, pedagogos) ou me poida facer o favor de poñelo no seu blog ou onde crea convinte para promocionalo, que o colla sen reparo. A imaxe non é a do Certame, recollín unha que fixera fai tempo pra uns simposios sobre redes e me apetecue poñelo.

O 10º Certamen Educared A navegar está a despertar un forte interese entre a comunidade educativa. Por iso, amplíase o prazo de inscripción até o 30 de abril.

As novas modalidades de participación (wikis, EducaLab e Experiencias Didácticas) parecen ser uns dos atractivos millor valorados polos docentes, xa que en edicións anteriores as modalidades de participación estaban limitadas á creación de blogs ou páxinas web.

Persoalmente paréceme que a creación de wikis é idónea para que varios grupos de alinos traballen nun mesmo tema. Permite analizar e debatir o tema na clase, en conxunto, decidir que apartados ou aspectos dese tema xenérico teñen entidade por si mesmos, e a partires de ahí, dividir á clase en grupos que traballen sobre canda un deses aspectos.

Por outra banda, valoro como moi interesante a oportunidade de experimentar con EducaLab. Esta ferramenta permite romper coa idea que ainda temos da escritura liñal (tipo libro) e utilizar un gran muro virtual para, sobre el, ir pegando e dosificando contidos cortos en distintos formatos (audio, vídeo, fotos, textos, etc.) Ademáis, pódense ir relacionando estes contidos entre si. Paréceme unha ferramente cun gran potencial pedagóxivo que, ademáis, achéganos ao xeito no que os rapaces de hoxe en día soen escribir a información (mensaxes curtos, concretos, miltimedia...).

E, por último, considero un gran atino que os docentes poidan presentar tódolos traballo que habitualmente realizan coas TIC, mediante unha memoria, na categoría de Experiencias Didácticas. É unha motivación máis para que o profisorado realice traballos coas TIC durante todo o ano.

Evidentemente, a creación de páxinas web e de blogs sobre temas curriculares, tamén teñen unha gran potencialidade pedagóxica, como se ten demostrado nas edicións anteriores do Certame.

A continuación poño un par de ligazóns: A páxina pra que os profisores se poidan apuntar,
premendo eiquí e unha páxina onde se irán introducindo pequenas guías didácticas que penso que poden ser de gran axuda a profisores ou mesmo estudiantes de maxisterio ou calquer tipo de pedagogoxía (vai por ti Fuji).

Así están as cousas coma un domingo calquera e así as vou contando eu... namentres fumo un bo carrao de pitillos esperando a que me chamen pra ver se miña irmá pequena da a luz dun momento a outro.

Etiquetas:

7 Comments:

  • Anda! como "navegamos" todos...
    :)

    Aii..cando vaias a ser pai e non tio...que vaia todo ben, tio!

    By Anonymous aurora, at 10:15 p.m.  

  • Ups... Iba a dejar un comentario en el blog de Ajaspino, pero he debido equivocarme de blog...

    By Blogger Bruxo, at 9:39 a.m.  

  • Ya lo voy entendiendo... Sin comentarios...

    By Blogger Bruxo, at 3:02 p.m.  

  • O seu blogue está incluído na páxina RnB-Ribadeo na Bloguesfera/Ribadeo en la Blogosfera; na que figuran os blogues feitos en Ribadeo ou por ribadenses. Se vostede coñece blogues que cumpran unha desas dúas condicións, pregámoslle que nos informe.
    Se non ten inconvinte, agradeceríamoslle que incluira na súa blogue unha ligazón a RnB.
    Saúdos.
    Enderezo: http://ribadeoblog.blogspot.com/

    By Blogger CDL, at 8:06 p.m.  

  • Joer... mira que hai xente rara por Ribabebo... jorl!

    O pior de todo, seguramente é amigo meu.

    By Blogger ajaspino, at 8:09 p.m.  

  • http://www.youtube.com/10aNavegar

    By Blogger Tula, at 12:42 p.m.  

  • Será posto ese video. A ver cando podo ter algo de tempo na casa... que ando a cen.

    By Blogger ajaspino, at 12:53 p.m.  

Publicar un comentario

<< Home