Die Walküre IV
Sábado 4 de abril.
Despois de pasar unha tarde na T4 buscando wifi sen pagar chegou o momento de pilla-lo avións cara a Berlín. Ibería retrasouse, como o seu propio nome indica. Pillei un taxi dende o aeroporto (que non sae nos planos) até a zona de Schöneberg. Total 21€. Na Coruña clavaríanche iso e algo máis por ese mesmo traxecto. Sen darche un bico o taxista nen nada. Doulle 22€ ao tipo, non me devolve o cambio e me deixa nun sitio que nin hotel nin ostias.
Hmm… vou fumar un truja e vou pensar que facer.
Empezo a chamar por telf. A tódolos números que teño da pensión. Nada de nada. Contestador. Neeeein!! Un xove lugareño abre a portela dun edificio, pregúntolle polo “Hotel City Inn” e dime nun inglés como o meu que suba, follow me, pequeño besbello. Subo e me deixa no “hotel”. Hai un letreiro que descrifro con gran dificultade: Hai un telf. De emerxencias. Chamo e me colle un tipo moi simpático que fala un inglés parecido ao meu. Queda conmigo en dous minutos. Amósame unha habitación para cagarse (comparado, claro, co que tiña pensado) e con ducha na propia habitación e tele!. Iso si, a cama sen facer. O tipo de inglés máis ben pouco pero fla italiano así que nos imos entendendo. Pregúntolle que como fago para chegar andando a Postdamer Platz e dime que andando máis dunha hora. Na páxina poñía que a escasos minutos. En que? En avión?
Poño a cargar todo: mac/i-Pod/cámara e baixo a iso das 12.00 da noite de aventura.
Atopo xusto na saida unha parada de bus con tres punkis. Pregúntolles amablemente e un, nun inglés moi similar ao meu, dime que colla o que vai vir agora.
Nota do autor: digo punkis por non decir megapunkarras. Menudas crestas.
Subo no bús. Aquilo está feito unha merda. Botellíns rotos polo chan. Punkis, macarras, yonkis e incluso pareceume ver algún banqueiro.
- How much the travel?
- Eeeeh!
- How much the travel, joder?
- Eeeeeeeh!
O conductor fai clic nun monitor e pon: 2,20€. Amósolle un billete de 10€. O tipo balbucea. Creo que di algo sobre a miña nai. Fai indicacións de que vaia cara atrás e arranca. De puta madre. Unha hora en Berlín e xa teño unha viaxe pola “face”.
Chego a Postdamer Platz. Inmenso. Increiblemente grande e modelno. Luceciñas fluorescentes fucsias e azuis cambian cada pouco a tons morados e laranxas. Unha cúpula acristalada que tapa e une uns cinco bloques. É como se na praza central dos Rosales (a elíptica) estivese cuberta. Iso si, os edificios son unha mistura de sobriedade rectilinea misturada con grandes paneis acristalados. No medio da praza un mini estanque rodeado de terracitas coas suas veliñas e xente de moi ver. Polo que se ve para arranxar isto despois desa guerra gastáronse un 17 billóns de euros. Non lles quedou mal, ollo.
Xente de moi bo ver. Hai teutonas… pero teutonas teutonas por doquier.
Entro nun bar deses (o máis animado ao meu parecer). Me achego a barra e digo literalmente: Güan biier. O camareiro me mira perplexo e lle grita a un compañeiro: Inglish. Se achega o outro e lle digo:
- Güüüüaaan biiiiier!
- Eeh!
- Que güan bier, joder!
- Ah!
É a 1.15 da mañá. Levo duas bier small (unha caña de Ribadeo). É algo doce. Parece que está rebaixada con gaseosa ou similar. Pero segue a ter máis corpo cunha Mahou.
Escribo todo isto baixo a pouca luz que me da a vela e as luces fluorescentes da cúpula nunha libreta moi mona que me regalou Martola. A cúpula empézame a resultar un pouco hortera.
Ah! Cando chegamos ao aeroporto, Chema xa estaba esperando a Marta. Tan falador e tan simpático coma sempre, vamos. Ola, que o pasedes ben, adeus.
Así están as cousas hoxe… e a ver se mañá atopo wifi. Bis bald nenos e nenas!

6 Comments:
Se me pasaba, se me pasaba comentar este...
Ou sexa que , en principio mellor do que esperabas. alégrome.
Como tamén me alegro de que o teu nivel de inglés sexa dabondo pra pedir unha cervexa. tíñasme preocupado.
Non sei porque te estrañas, toda a bereborrea do chema a gasta no blog...
E agora a ler a seguinte...
By El Rey Artabrico, at 11:11 p.m.
jajajajaj me parto solo de pensar en que estas todo jodido por no saber pedir otra cerveza que no sea la de grifo ajjajjaajaj como se entere ventura con la de veces que le has hecho agacharse para pillar un botellin¡¡¡¡ coño asi que el hotel mola no? a ver si pones alguna fotico .. yo aki de resaka la boda fue de maraton...mi hermano saco el radar y no paro hasta que se quedo dormido, que tio...si ves otra vez a chema acuerdate de regarlo y podarlo, que me acuerdo que el luis lo hacia todas las semanas, y orientalo hacia el sol para que haga la fotosíntesis hombre¡¡¡ bueno tio ya contaras tus expediciones por esos lares y tus tecnicas con las teutonas ... prueba con BAJATE EL PANTI MAMITA POR FAVOR jjeejjejej..saudiños
EL FER
By Anónimo, at 2:41 a.m.
Este post é perfecto para empezar unha peli ou unha curta, vendes os dereitos?
By Barnikel, at 11:41 a.m.
Este comentario foi eliminado polo autor.
By ajaspino, at 8:03 p.m.
Véndome... enteiro, con iso dígoche todo.
By ajaspino, at 8:03 p.m.
Más que una película daría para empezar una buena saga de cómic, jejeje. Desde luego ya estás salvado, si has sido capaz de aterrizar e ir directo a pedir una cerveza, aunque pequeñita ya puedes viajar por el resto del mundo cervecero sin problemas!!!! :D
By Eva Moya, at 3:31 p.m.
Publicar un comentario
<< Home