ajaspino

18.6.13

Menos samba e máis traballar II

Luns 17 de xuño.

Hoxe comeza a viaxe cara Sao Paulo. Xa teño gafas de sol e xa estou coas miñas Moleskines. O avión ao final sae moooito máis tarde do que pensaba. A verdade é que nin mirara os billetes até que me chamou Maikel.

Agora levamos unhas horas en Heathrow. Ao principio chegamos á T5, cacheos, maleta por eiquí, maleta por alá, pois boeno... digamos que os picolos de eiquí fanche perder o tempo igoal que en tódolos lados, pero hoxe coa cantidade de tempo que tes que estar eiquí, pois case que o agradeces e todo.

A dúas horas da saída, con varias pintas, nachos e cacahuetes a verdade é que isto é un puto coñazo e eu: quero fumar!! Estou a nada de meterme nos servizos e fumarm o último truja que teño eiquí. En todo este st. aeroporto non se pode fumar, hai que foderse!

Son as 20:00. El, supostamente durmido. Eu, mirando cada pouco ao panel a ver si di dunha vez a porta de embarque. Polo demáis, todo ben. Falando sen falar da paliza que ven agora e a incognita de que cando cheguemos alá até que hora estaremos currando. Outras 8 horas máis? Ahí nada.

20:38. Ainda sen saber a porta de embarque. Que fago eu? Pois como non aturaba máis, fun aos servizos a fumar o último pitillo que tiña na cajetilla estruxada do pantalón. Non aguantaba máis.

Métome na última porta e saco o pitillo. Merda, está roto á metade... para unhas caladiñas. Dame igoal, eu fúmome isto como que me chamo chenchu. Poño o anaco de truja nos beizos e chis-chis... Agggg... queimome o bigote. O fume do pitillo non se nota, pero o tufo a toicín apesta. Ea, catro chupadiñas ao pitillín e a toda ostia. Todo isto por catro caladiñas. Hai que joderse.

Etiquetas: , , , ,

16.6.13

Menos samba e máis traballar I

Domingo 16 de xuño.

Ola mundo! Canto tempo, non? Pois eiquí estou de volta para ver si desta vou contando a miña próxima aventurilla viaxeira/profisional.

Mañá a estas horas debería estar en Heathrow para coller outro páxaro de ferro cara a São Paulo. De agora en adiante Sao Paulo que me custa un collón meter os caracteres estes.

Nota: Se alguén sabe como facelo dende o mac, que mo diga... que eu teño que andar fuchicando co "Visor de caracteres".

Neta aventura vou levar compañeiro que quere manterse no economato e que eu refirireime a el como 'Triple M' ou 'Maikel Night'.

Coma en tódalas viaxes, comezo a facer un resume do que levo preparado até o momento e esta vez xa teño case todo.
· Maleta grande feita, aunque non estou moi seguro de si me pasaría co peso. Cortesía de fer Amador.
· Mochila para levar tódolos trebellos (mac, ipad, iphone, cables para conectarme a outro monitor, cargadores...), feita. Cortesía de Gel.
· Billetes impresos.
· Pasaporte do trinque.
· Condóns da sorte, caducados. Teño que revisar este ponto.

Que me queda por facer? Pois descarregar uns cantos poadcast dos 'Hermanos poadcast', buscar algunas pelis para ver na viaxe e a topar as miñas gafas de sol. Por cetro, levo un bañador e unjas chanclas... a saber para que.

Como Maikel Night dixo que durante a viaxe íamos a preparar o material e reunións para comezar a currar nada máis chegar, eu, chimpeille unhas pirulas a miña nai para durmir e de paso levo uns tapóns para asegurarme que o malvado plan de Maikel non se leve a cabo.

Nesta viaxe preocúpame catro cousas:
1) O proxecto. Isto por suposto é o máis importante. Dependemos moita xente. Demasiada
2) Que chegado aló, o proxecto ma traia frouxa e me adique a beber caipirinhas coma un Albano-Kosovar.
3) Que o 'problema' do meu golpe que din no cú faga que as pase putas na viaxe e que iso provoque que non poida dormir, ergo: chapa de Maikel Night cunha excel.
4) Que volva cun herpes, gonorrea ou a saber. Deste ponto non puiden informarme coma desexaba con Astraco para que me explique estes rollos. Si isto ocorre queda claro que descartei o ponto 1) e adiqueime ao 2).

Estas últimas dúas semanas, segundo ía contanto que me tiña que ir a Brasil uns 15 días co meu xefe Maikel Night a currar nun proxecto bastante gordo, todos decían:
– Que de puta madre, o vas pasar pipa... Brasil, mulleres, samba...!!
– Que jodida parte da frase: viaxe+xefe+traballo non entendiches?

Isto non quita que o poida pasar pipa, ollo. Estou seguro de que si. Xa fixen varias viaxes con Maikel e a verdade é que o paso moi ben con el... pero xa irei comentando algunha das súas peculiaridades. Si ademáis, vexo que o proxecto avanza, pois iso tranquilizarame para adicar tempo aos coros e dansas.

E xa vou parando que quedei sen follas para seguir escribindo. Merda, era iso o que me faltaba: as moleskines!!

E polo momento, así están as cousas: menos samba e máis trabajar!!

Etiquetas: , , , ,

22.4.11

A música das imaxes, imaxes para un músico

Eiquí estou de novo. Pasaron xa un cantos meses dende a última entrada e, curiosamente, algo relacionada coa entrada de hoxe: con carteis. No meu corcho imaxinario saen algún dos carteis que expondrei o vindeiro mes de maio na Oficina de información do parque de San Francisco. Un fato de carteis para lembrar algún concerto, algunha conversa, alguna anécdota, algunha viaxe, algunha resaca... ao Míster.

Asi que pasen cinco anos foi o artigo de Hernán no libro editado por Amadores, ala polo 97, co gallo do quinto cabodeano da Banda. Un artigo cheo de puñais ben afiados e tamén de auto-censura. Un artigo, que a fin de contas, contiña máis desexos que puñais. Verdades coma puños. É un artigo que remataba con desexos compartidos: desexaba seguir colaborando co meu primo Eli, seguir bebendo e falando con Coté, montar unha ópera con Lalo e dar a volta ao mundo con Eva incluída. Desexaba tamén grabar un disco e iso si que o conseguimos. Conseguíronse moitas cousas, non vos pensedes. Asi que pasen (outros) cinco anos.

Non pasaron cinco, pasaron dez. O dezasete de maio vanse cumprir dez anos do pasamento de
Hernán Naval. E como a verdadeira morte é o olvido, eu non o olvido. Tampouco quero que o olviden o resto dos meus compañeiros. Mirar cara atrás tampouco está mal (sempre que se vaia cara adiante) e o Míster ben o merece. Aunque sexa sinxelamente polo apoio que recibimos del miñá irmá pequena e eu. En fin, render unha homenaxe á figura de Hernán no seu décimo cabodano. Diso vai a exposición.

Non vou decir que
Hernán foi o meu mentor nisto dos garabatos e debuxiños varios; el animábame, sempre. Máis ben serían Suso Peña, Pepe de Mon ou xa máis tarde, Salvatore. Pero traballar con Hernán (nunca traballei para el, sempre con el) era doado. Doado e divertido. El era divertido, intelixente, competente e de calidade. El non quería un cartel, quería algo máis; nunca lle preguntei si o acadara algunha vez. Gostábame traballar preto del. Tal foi, que durante unha boan tempada levárame o ordenador e os meus lapiceiros a unha pequena aula onde tamén se gardaba o piano da Contrabanda. Traballar dentro da Casa do mar axudábame a manter a perspectiva, o humor, a calidade, o amor e a intelixencia que o Míster precisaba. Satisfacerlle, satisfacerlles e satisfacerme.

Son chenchu e estades convidados á exposición que poderá verse entre os días 13 e 22 de maio de 2011 na antiga Oficina de Turismo, no Parque de San Francisco. A música das imaxes, imaxes para un músico conta coa colaboración da
Asociación Amadores da Música.

Así están as miñas cousas e así as vou contando. Saúde e pátria.

Etiquetas: , , ,

28.11.10

Os carteis do meu corcho

Alá polo verán do 2009 decidín recopilar parte dos traballos freelance que tiña polo PC, xa que me estaba a empezar medo os contínuos petes que me daba e non tiña ganas de perder todos estes traballos. Agora que o vexo faime un pouco de gracia esa montaxe e lémbrome dos problemas que me dera, xa que o montara en flash e a pouca memoria que tiña no PC facía que cada vez que embebia unha imaxe tiña que esperar uns cantos minutos. Cousas que agora non me ocorre co Mac.


Hai traballos para Telefónica, Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo, Coral de Baio, Moondogs, IES Porta da Auga, Eva Moreda, Escola Municipal de Música de Ribadeo, Libro das Festas de Ribadeo, Xira de Santa Cruz, Zora Gabbara, Ajaspino, Quintos a 50 ct., Medio Gramo, Pedro&Cari, Farruco Graña, Big Band de Ribadeo e Hernán 'Míster' Naval.

Así están as cousas neste domingo que fai un cuto que escarabella o pelellu.

Etiquetas: , , ,

2.5.10

Ajaspino de volta no país do queixo IV

Sábado 1 de maio.

Hoxe eiquí non é festivo, xa tiveron festa dabondo ontes. De feito no seu día do traballo non é festivo. Polo que se ve traballan.

Ontes, día 30, foi o Día da Raiña (Koninginnedag). A verdade é que filipei un pouco coa xente que había e o caos ordeado. Tropecentasl mil persoas, maioritariamente con indumentaria laranxa, ocupándoo todo. Saltándose as suas estrictas normas de convivencia... normas de limpeza, orde e silencio. Ocupando os carrís bici, coche e cruzándose diante dos tranvías... en fins, que parecían españois.

Eu andiven pola mañá pola zona de Apollolaan e pola tardiña preto do Sarphatipark. Básicamente é como un rastro no que participa toda a cidade. Sacan os trastos vellos e a vende-los. Por exemplo nun mesmo posto Mariola mercou unha camiseta por dous euros (a paisana lle dixo que a ela lle valera 100 €) e eu merquei unha carallada para que Fer e Saúl a compartan na ofi. A madonna das tetas grandes por 5 €.

Noutro tenderete merquei unha pulseriña a unhas raparigas duns 8 anos que tamén facían pasteliños e creps... a verdade é que por esta zona o ambente era moi sanote, moi familiar e a choiva non parecía 'aguarlles' moito a festa.

Segundo ías subindo cara o centro o ambente ía cambiando a máis festa-golgorrio pero sen abandoar o rollo do rastro. Por eiquí, xa sen a compaña de Mariola, me puxen fino de birras, mojitos e caipirinhas. Así que a química fixo o seu e a iso das catro xa estaba medio pimplado.

Sobre as seis da tarde quedamos na Casa de Portugal a comer sardiñas (polo que se ve miña irmá vai tódolos anos) e a beber viño verde e birras... ala. Por aló ían aparecendo amigos de Cas e Mariola e eu dándolle ás sardiñas e ás cervexas.

A química volveu a facer acto de presencia no meu organismo e o que antes era medio peido acabpu por transformarse en peido enteiro (cousas das encimas).

Agora imos cara o leste, moi preto de Alemaña, a ver un parque nacional e un peazo museo que hai no medio. Pena que estea a chover. A paisaxe (visto dende a autopista) non é moi diferente a Galicia; as construcción si, pero son casas espalladas coas suas leiras, tranctores e demáis aperos. Iso si, esperábame ver máis vacas, pero polo momento triunfan as ovellas.

Nota: Cas me aclara o rollo. As ovellas están ceibes e as vacas pechadas. Ademáis coméntanme que probablemente o 90% dos queixos sexan de leite de vaca.

O sitio é alucinante. Un pobo protestante e ultra-conservador. Moi, moi , moi coidado; vese que invirten mogollón de tempo en arranxar todo e deixalo perfecto. As casas, todas, son de postal. Neste pobo, en Apeldoorn, foi onde o ano pasado un nacho algo cabreado intentou espetar o seu coche contra o autobús no que ía a raiña Beatrix. Moi guapo o pobo.

Así están as cousas e así as fun contando eu. Agora a durmir que mañá hai que coller o avión de volta. Imos morrer todos.

Etiquetas: , ,

29.4.10

Ajaspino de volta no país do queixo III

Xoves 29 de abril.

Estou encerrado no piso. Non podo sair. Mariola ou Cas pechou o piso e deixáronme unhas chaves raras de carallo e non dou amañado. Remato o pitillo e a ver se dou saido que hoxe fai unha mañá caralluda.

Por fin din saido, o meu me custou... ai, ai, aia, estes holandeses e as suas chaves raras.

Agora estou almorzando nun garito que teño ido con Cas varias veces. De feito, fai como un par de anos, roubáronlle a carteira eiquí. Joer como se puso. Pois nada, pedín un non sei que e non sei que máis. A ver que me traen. Hoxe estou aberto a todo. Agora a non facer nada e esperar a que chame Mariola pra ir á Amstel. Por certo, alguén pode avisar a Valiño; chegoume un sms de ING dicindo que estou en -18 €.

Mañá sospeito que andarei por esta zona e pasarei de meterme no meollo do centro. Esta zona é como moi familiar e tranquiliña. Pena de non ter cámara. Si me da o ponto (e me ingresan os cartos) igoal até merco unha cámara chula.

Nota: o nacho da Amstel métenos un paseo pola fábrica de coidado. Aquelo e longo de carallo. Primeiro ida e logo volta.

Son preto das seis da tarde. Fai un anaco volvimos da fábrica da Amstel e da Heineken (son a mesma fábrica). Só me convidaron a unha cañita, que cutres. E tiñan cervexa pra estar invitándome toda a vida... creo.

Acompañou a miña irmá o responsable en comunicación da fábrica. Todo en holandés, eu me enterei de pouco moi preto de nada, pero ainda así gustoume a peazo visita. É a fábrica (de cervexa) máis grande de toda Europa e tamén a máis grande das que ten Heineken. Dous tercios está adicada a producción da marca Heineken e o tercio restante á Amtel. Traballadores poucos vimos. Todo informatizado e robotizado a máis non poder.

Unha das máquinas que nos mostrou o nacho embotellaba unhas 160.000 birras por hora (tiñas varias). Eu acabo de facer unhas contas así polo alto... e contando que vou chegar aos 70 e bebendo dende que nacín, sáeme menos de 60.000.

E só me convidaron a unha. Increible.

Tamén explicáronnos os porcesos de fabricación, etc etc e bla bla bla (en holandés). Así, a bote pronto, as cousas que me solprenderon foi o comentado antes; a diferencia de fermentación que teñen entre as dúas marcas (a Heineken está fermentando en reposo 7 días e a Amstel 11... moita diferencia, non?). E logo a maquina que empaquetaba deceas de caixas e logo as metía nos camións.

Así están as cousas e así as fun apuntando eu. En galego.

Etiquetas: , ,

28.4.10

Ajaspino de volta no país do queixo II

Mércores 28 de abril.

Alvedro é sitio distinto. Sospeito que a xente que visita este blog xa coñece o aeroporto de A Coruña; o rollo é que só levo uns 10 minutos (o que me leva tomar o café) e xa me cambiaron a miña porta de embarque 3 veces. Xa ocuparon as tres que hai. Home, molestar non molesta. Só hai tres e ben xuntiñas que están.

Logo a outra coña deste micromachine é que sempre me atopo con xente coñecida. Hoxe en Celebritis: O fillo do enterrador de Ribadeooooo.... ai va, vaia chorrazo.

As azafatas, esas grandes descoñecedidas... para min. Vou describilas que estas son de agárrate; as pobres creo que teñen unha mala fama de medio fulanas dos pilotos... pero eu que lle vou facer. Aló van as catro:
A primeira: Señorita Rottenmeier, a mala de Heidi, vamos. Ten unha cara de monxa que non pode con ela. Ten pinta de ser a Miguel Martínez deste páxaro de ferro.
A segunda: Voulle chamar Srta. Equs. Ten cara de cebra. Entre os peazo piños que ten, o delgadiña e o que leva 'pintado' nos ollos como se fose a guerra, pois non sei... que me da mal rollo. Se nos pegamos un ostión, esta merecería morrer.
A terceira: esta, está claro que é a putona do pasaxe. Vai toda erguidiña ela e toda empitonada. Foi a que me servíu a cervexa cunha prepotencia que pra que. É mona, pero seguro que ten un rollo co piloto. Co piloto ou co nacho que descarga as maletas. Seguro.
A cuarta: Pola súa pinta de persoa normal voulle chamar María. A secas. Móvese de xeito natural. Se teños o ostión, esta, merecería vivir. A outra non.

Ala, xa estou nunha terraciña esperando a que me traian a comida... o que? pois non o sei. Polo que pon na carta eu pedín un "steaksandwinch plat geslagen ossen haas van de grill met tartaarsaus" e unha birra. Recoñecín o sandwich o grill e a salsa tártara. Malo será.

Malo foi... a carne está case cruda.

Fai un día tremendo. Sobre uns 20 grados. Caspar díxome que hoxe e mañá faría bo tempo e que empeoraría o venres, día da Raiña. Dame igoal, namentres poida comer "subanestruxen baixenempuxen" todo vai ben. Fai sol, así que todo diós está de terracitas cos seus cafetitos. As holandesas? coma sempre. Fermosas e grandes coma calabazas e con esa pel ran perfecta.

O plan desta mañá é o seguinte: perderme, atoparme e ir buscar a miña irmá Mariola e todo isto subido na bici de Cas.

Son preto das seis. O vento estase a levantar e estou perdido. Non pasa nada. Decidín facer unha paradiña técnica. Hoxe estiven ¡, pola tarde, en Nemo. Na terraza primeiro e logo no museo. No museo quedei con Roos. Unha paisana que curra como 'asesora de química' neste museo das ciencias. A historia é que supostamente sabías español, pero vai ser que tanto español como eu inglés- Así que imaxinade o percal, unha holandesa intantándome explicar o museo das ciencias en inglés... a min, en inglés? Pois ainda que pareza mentira (que si, Luis, que si) funme enterando de rollos. Unha pena isto de que non falen en galego.

Por hoxe estivo ben... como contacto. Cas acaba de chegar do entrenamento así que en breve cearemos. Agora estou na mini terraciña que ten Mariola no piso. Pitillín e vaso de viño. Coma dios.

Etiquetas: , ,

27.4.10

Ajaspino de volta no país do queixo I

Eiquí comeza o que será a miña próxima viaxe. Mañá marcho a onde sempre, a Amsterdam. Sospeito que esta vez as miñas andainas non farán moita gracia e non terei tantos seguidores como noutras. O da gracia é que desta volta gran parte do meu tempo xa mo ten organizado miña irmá Mariola e claro, ela non deixa as cousas ao chou como as deixo eu. De feito tenme preparado nestes cinco días visitas e viaxes. Aunque nos vos preocupedes, eu irei coa libretiña e apuntarei todo aquelo que se sae do normal.

Polo momento, e pra seguir coa costume dos post dos viaxes pondrei a continuación o que levo feito para a viaxe.

Son as nove e media. Acabo de chegar fai pouco da Tasca (bar que hai ao carón do chollo) e mañá me sae o avión as nove e media (polo menos non me teño que pegar o madrugón). Miñá irmá tenme preparado certas cousas para tódolos días que vou estar aló: que si visita a tal sitio, viaxe a tal outro, día da raiña, etc. Pois xa está, isto é o que levo feito. Nada máis.

O kit de supervivencia neste momento, e coma sempre, está así:
Levo unha maleta prestada pola miña irmá Gel. Sego sen saber onde carallo están as miñas maletas.
O macuto pra o portátil tamén é cortesia da miña irmá Gel. Pareceume entender que mo regalaba, se llo entendín mal creo que ten un serio problema de comunicación conmigo.
Non levo guía xa que a perdín na última viaxe, tamén de Gel.
Miña irmá Gel preferiu non deixarme a cámara de fotos nesta viaxe. Dixo algo así que igoal lla perdía. Eu? perder algo eu?
Iso si, levo un peazo iPod que non saca fotos, pero si videos.
Levo o meu último portátil. Meu, todo el. Espero non perdelo.
Desta volta non levo condóns da sorte. Vou ir en plan casto e puro.
Teño que mercarlle condóns ou mariconadas similares a Fer e a Saúl.
Creo que non vou levar xerseis... olvideime metelos nese rollo con auga que da voltas.
Agora mesmo teño tendidos como uns 20 calzoncillos co deshumificador a tope. Se a cousa pinta mal, xa me vexo co secador até as tantas da mañá.
Camisetas, pantalóns e calcetíns están na mesma situción cos calzoncillos. Agás un calcetín, que non sei onde está. Supoño que no rollo ese que da voltas.
Esta vez xa levo impreso os billetes... e non unha copia, se non vinte. Estaba a imprimir unhas cousas para o equipo dos Learning Fruit e logo mandei os billetes a imprimir. Cousas que pasan.
Ainda non cobrei, así que non levo cartos. Xa me vexo baixar do avión e decirlle ao meu cuñado Caspar: Olaaaaaa, que tal? deixasme 100 euros?
Ontes decateime que chegaba o luns por unha conversa con Mariola. Creo que o meu xefe ainda non o sabe.
Levarei cargadores a cascoporro, coma sempre.
Estiven a particar inglés estes dous últimos días con Luis e Yrma, aunque pola cara de Luis parece que non millorou moito... aunque Yrma se reía, así que os chistes os contaba ben.
Volvo a viaxar só, así que coma sempre perdereime unha e outra vez e acabrei en sitios estranos con xente estrana que me mira estrano e me piden que faga cousas 'xa non tan estranas'.
Ah, por primeira vez lle levo rollos a miña irmá: chourizos, pimentos e non me lembro de que máis.
Vou sen tabaco, claro... como non teño cartos para merca-lo eiquí me chantarán aló as de dios.

E penso que nada máis... que as cousas están máis ou menos así, e iso que só vou pra 5 días. Como vedes hai cousas que non cambian. Por certo, polo momento estou sen título pra esta viaxe. Non se me ocorre nada. Pensei en 'Kaas cop' que creo que ven sendo 'Cabeza queixo' que é como os alemáns chaman aos Holandeses, pero claro, eu non son alemán. Se algún das cinco persoas que visita isto se lle ocorre un título, que mo poña nun post e se non é moi ofensivo (cara a min ou cara os holandeses) o utilizarei nesta viaxe, que agora que me lembro: tampouco levo Pilot 0.8... merda, olvideime mercalo.

Así están as cousas e así as irei contando, polo momento vou tomarme unha cerveciña para supermineralizarme e supervitaminarme. Mañá comeza a festa.

Etiquetas: , ,

13.3.10

Ai mamaiña - Como suicidarse

Novamente enfocamos o tema do suicidio, desta vez dende a persoal óptica do noso ex-colaborador Caimán-Barranquilla que desafortunadamente non chegou a firmar este traballo ao perecer inesperadamente cando comprobaba un dos métodos descritos nas seguintes páxinas. Non queremos facer proselitismo da causa que ten levado a tantos xenios a deixar de selo e a tantos infelices ao outo mundo; sinxelamente queremos que non fagades o ridículo e sobre todo que non vos saia moi caro.

Comezaremos co método das bofetadas é lento pero efectivo. Require unha forza de voluntade e tes tempo para pensártelo dúas veces.

Outro moi eficaz é o de asfixia por monóxido de carbono: o ideal é ter o teu propio garaxe e o teu coche pero pódestelo aforrar correndo detrás dun tubo de escape. Este sistema permite cruzar varias apostas ao baraxarse a posibilidade dun infarto debido ao esforzo.

Para rematar outro método, aunque iste resulte un pouco caro, pero é o máis fiable á larga, se o tabaco mata, pois nada, de vinte en vinte e non convides.

Así estaban as cousas e así as escribíamos moc+mec un vinteseis de xuño do 1999.

Etiquetas: , ,

8.3.10

Ábrete a novas experiencias III

Luns 8 de marzo.

Vai sendo hora de rematar a historia, non? Xa choveo o seu dende a II 'entrada'... choveu que até tivemos unha cicloxénese luguesa (apareceu o fin de semana, como os lugueses en Ribadeo). Ao final o rollo non foi para tanto. Pero comento un pouco a xogada.

Como vexo que algún non se enterou, o repito: ao final non foi unha entrada polo ojete (colonoscopia) foi unha entrada en plan "Garganta profunda" (engoscopia). Un rollo bastante incómodo, todo hai que decilo. E unha proba un pouco vergonzosa; non tanto como a colonoscopia, pero ten o seu. Non paras de babearte e deixar todo perdido. Moi vergonzosa incluso para un tipejo coma min.

A proba ma fixeron un venres pola mañá. Tiña que levar un acompañante por se saía medio perxudicado da anestesia, e eiquí entra miña nai: Lolita de Pinón.

Fai tempo puxen unha entrada da miña nai... ela é unha muller de recursos, como tódalas nais vamos, aunque algunhas veces non as pensa. A quero moito, pero algunhas veces sácame de quicio. Pois non vai ela e vense o mesmo venres pola mañá pra quedar conmigo no hospital. Si, quedamos no hospital. Pero ela foise a un e eu a outro. En Ribadeo como só temos un é doado quedar... pero eiquí hainos a cascoporro, e encima temáticos. Todos quedan pretos un dos outros, pero hai que saber onde están e eu, grazas a dios, non os visito como pra saber onde están.

Collo un taxi a iso das 9.20h. e voume ao oncolóxico (miña nai levaba aló dende as 8.00h. ou por ahi). Bicos, saúdos, que tal estás, imos tirando, bla bla bla. A cita a tiña no Juan Canalejo ás 10.20h.

-Má - eu non lle chamo mamá, dígolle má... que hai confianza - sabes ir dende eiquí ao Juan Canalejo?
- Non sabes ti?
- Non, nin idea... sei que anda por eiquí, pero nin idea.
- Boeno, non pasa nada que me dixeron que é baixando por ahí e logo á dereita e tal.
- Hmmmm... seguro má?
- Non sexas pesao, que si - eu son moi pesado, xa o sabedes.
- Mira má que eu non sei chegar, e eiquí como nos equivoquemos o mesmo tiramos cara Perillo.

Subimos ao coche, fai tropecentas manobras para sair do aparcadoiro e xa estamos no cruce pra sair.

- É pra esquerda ou pra dereita?

Merda, comezamos ben... son, polo menos, as 9.40h. Saímos... non sei se pra dereita ou cara a esquerda pero estamos diante da Casa do Mar (ou sexa, a tomar polo cú). Tira cara arriba, tira cara abaixo. Miña irmá Mara chama que te chama polo teléfono... nunca chama e hoxe vai batir un récord. Non contesto, estou intentando decirlle a miña nai que se poña no carril da esquerda. Esuqerda má. Esquedar má. Esquerda coño. Que si son un pesao, que non lle grite. Que ela non coñece A Coruña. Nin eu má, nin eu.

Piruli - piruli - piruli... que pesadita a Mariña co teléfono, ostias. Se non lle contesto será por algo, non? Que colla o teléfono e que lle indique. Que non má, que non... que son un tio, non sei facer dúas cousas á vez.

10.20h. Dígolle que pare. Estamos preto das Pajaritas. Collo un taxi e lle digo que nos vai seguir miña nai, que non sabemos chegar até o hospital.
- A que parte? abaixo, arriba, no medio?
- E eu que sei, por iso pillo un taxi... polo que cobrades ben poderíades saber onde está a entrada das colonoscopias, non? - Non o dixen pero o pensei.

Estamos ao lado. Nin 3 minutos. Aparcamos a tomar polo cú... case tan preto de onde collimos o taxi. Manda truco. Miña nai coxa. Eu tirando dela. Ela que non. Eu que non podo con ela. Por fin chegamos... non está mal, son as 10.40h. Creo que batimos un récord.

Estamos nunha pequena sala de espera. Hai xente que non ten moi boa cara. Ninguén ten boa cara. Non sei distinguir os acompañantes dos pacientes e iso creo que non é bo. Chámanme e me levan a unha especie de sala 'preparatoria' onde van deixando alí tamén os que veñen de facer as probas. Teño a tres pasianos maiores diante miña tumbados nas camillas. Un leva un peido que nin diós. Fala só e xoga coas mans no aire como se estivese a ver dragóns con plumas. Jo, vaia peido... empézome a alegrar. Chega un enfermeiro todo chulesco. Engominado como Marichalar e movéndose coma un pavo real e de súpeto... zas! mételle un ostión a un paisano maior (dos que están tumbados) en toda la jeta.
- Fulano... que? desperta? veña, veña
Zas!
- Non se me durma, eh! Ale, ale... esperte.
Zas!

Mi madriña, vaia ostias que lle está a meter. A paisana que teño ao meo lado e eu quedamos filipando. Eu penso: buah neeeeno, como me solte a min unha desas e estea xa medio desperto lla devolvo co puño pechado.

- David?
Zzzzzzzzzzzz
- David?
Zzzzzzzzzzz
- Eres ti David?
- Eins? César... son César. Non me chames David que non me entero.
- Ala, veña, pra dentro.

Ala vou eu, máis feliz ca diós. Pensando na anestesia e un pouco preocupado polas futuras ostias que ía recibir. Entro nunha sala cunha camilla no centro e tres monitores por alí colgando. Tres enfermeiras me atenden como se fosen a miña nai. Ala nenín, túmbate. Tranquilo... non te poñas nervioso. Ollo, todo isto as tias acariciándome o pelo unha, outra acariciándome a espalada outra axudándome a tumbarme e todo. E a doutora cun peazo tubo camiñando cara min. Parecía boa persoa, pero nese momento lembreime de Nosferatu. Moi ben. A verdade é que me trataron coma un rei. Pena foi que me meteran o puto tubo até as entrañas que se non quedaba aló todo o día.

Primeiro che explican o que che van facer. Todo mentira... o pintan moi ben, pero para nada. Logo colleron un sprai e me rociaron a gorxa cun rollo que sabía a raios. Ahí comecei a babexar. Danche unha boquilla que tes que estar mordendo, e polo medio métenche un tubo negro que non para de largar aire cunha bombilla. O malo é cando iso chega á altura da noz.
-Traga agora, traga agora.
-Arrrrrgggg.

Babeas e babeas. Vergonzoso.

- Tranquilo nenín, é normal.
-Arrrrgggg.
- Intenta respirar tranquilo, non te poñas nervioso. Non penses nisto e intenta non tocar coa lingua no tubo.

Ala... vou e toco coa lingua no tubo. Unha sensación mala de carallo. E de súpeto sóltolle un peazo erupto de concurso. A doutora coma se nada. Que gran muller. Unha profisional.

- Ah, pois parece que tiveches unha úlcera de campionato.
- Arrrrggg?
- Xa está case cicatrizada, pero debeuche doer o seu.
- Arg, Arg.
- Imos facer agora unha biopsia, ti tranquilo. Intenta non tocar o tubo coa lingua.
- Arrrrrrggg - merda outra vez, para que cho dicen.
- Así, así... ala xa está. Xa rematamos.
- Arrrrrrgggg.

Danche uns clinex, te limpias e ala, pra casa. Sen drogas nin nada? Dame unha receita dunhas piruliñas pra ir cicatrizando a úlcera.

Despois dunhas horas, xa no piso, comezo a comer algo e parece que tutto benne. Miña nai decide marchar o sábado ao medio día visto que o seu fillo (eu) está como unha rosa. Non era pra tanto. En canto marcha, vou correndo pra o piso e me poño o disfraz do 'Paleto enmascarado' e saio pitando pra a Laconada de Fynet... ou o que queda dela. Hai moita menos xente ca outros anos, pero dame igoal... teño unhas ganas de collerme un peido que nin diós. E así foi. Agarreime unha de campionato que nin sei como cheguei ao meu piso.

O domingo pola mañá érgome medio resacoso e me tomo a pirula. O meu deus que me pasa... Cago pis. Non paro de cagar pis. Grazas a diós que teño o portátil e podo estar navegando dende a taza. Chega a noite e me tomo a seguinte pirula. Mi ma-dri-ña, vaia xeito de cagar pis. Parecía un aspersor dun xardín. Collía un zume de laranxa, dáballe un trago e en menos de 10 minutos o veía sair polo cú. Se fose Tamariz sería un truco alucinante. O martes volvo ao Juan Canalejo en taxi. Acojonado de deixarlle todo feito un cristo ao pobre taxista. Non pasou nada. Vaciei todo xusto antes de collelo e xusto cando cheguei outra vez.

Téñenme aló esperando como un par de horas. Un par de horas é igoal a tres trucos de maxía do meu cú. Sae a doutora e dime que é normal. Tócate o nabo, como vai ser normal mexar polo cú tres días seguidos? Que probablemente sexan polas piruliñas esas pero que teño que seguir tomándoas, en vez de duas ao día, unha. As vai tomar tu puta madre!

Pois así foi. Agora estou como unha rosa. Aldelgacei un quilo polo menos neses tres días, pero xa volvín coller o meu peso de adonis. A miña tripa xa volve ter esa forma tomatera que tanto me custou moldear.

Así están as cousas e así a fun mexando eu. Sinto pola tardanza desta entrada, pero non estaba seguro de querer compartir esta gratificante experiencia. Ollo, a recomendo... pero coidado coas pirulas.

Etiquetas:

31.1.10

Ábrete a novas experiencias II

Mércores 27 de xaneiro.

Ao final non foi pra tanto e ao final vai ser unha muller a que me faga a carallada; aunque sego sen ver posibilidades dun romance con anal-sexicos.

Polo que se ve, escoitar escoitei ben: colonoscopia e anestesia, pero non vai ser tal... máis ben é unha endoscopia con sedación. Dorgas gratis dun camello profisional. Alégrome por min e pola persoa que teña que ver de preto o meu peludo cú.

Aunque agora temén me estiven informando por ahí sobre as endoscopias... uns din que é unha carallada, que dúas horas despois xa podo andar de farra e outros din que incluso é máis jodido que a colonospia. Máis jodido? Non mo creo, pero boeno, haberá que espera pra opinar.

O pior de todo é que o día que me fan a proba é un día antes da Laconada de Fynet, e iso me jode un carallo, xa que supostamente non vou poder ir, pois teño que estar entre unhas 24 e 48 sin dixerir alimentos pesados nin alcohol... e claro, unha laconada é unha laconada.

Ao final miña nai enterouse, a saber por quen (xa que ela non visita isto), e quere estar presente nesta inspección... en parte alégrome moito de que veña, así pode facer unha desas mega-limpezas do meu piso. Teño pensado non recoller o piso até o día da proba. Non por cochería, se non pra que estea ocupada e tal... xa sabedes, as nais se non fan algo rebentan.

E nada máis, agora só me queda a terceira e última entrada na que contarei que tal vai o rollo este da endoscopia, a sedación, o non posible affair coa doutora e a recuperación.

Así están as cousas e así as vou escribindo eu no baño da ofi que non teño nin un minuto pra desconectar.

Etiquetas:

27.1.10

Ábrete a novas experiencias I

Martes 26 de xaneiro.

Isto leva parado xa un tempo e pode que a última entrada non fose moi optimista. O sei e o sinto... ás veces cando as cousas non saen ben póñome así, perdo o meu optimismo innato (do que non teño... ou sio creo).

Esta vai ser a primeira de varias entradas. Nunca millor dito. Non sei cantas vou ter, pero vos aseguro que vou ter unha entrada que fará historia e deixará unha boa pegada; alo menos en min.

Intentarei reflexar máis ou menos esta nova andaina... neste escuro mundo... esta viaxe ao meu interior. Coñecereime máis e incluso pode que millor. Esta viaxe interior que intentei comezar alá polo 2006 na compaña de Cris, está preto da súa fin. Espero que isto non se "prolongue" de máis. Vexo o final. Máis ben o imaxino. Non me agrada, pero sei que é preciso facelo. Levo anos esperando e, chegou o momento.


Hoxe sinxelamente estou onde tiña que estar. Onde se me citou. Miro cara atrás e o que antes era unha coña e motivo de mofa agora non me fai nin puñetera gracia. Pero a vid é así: unhas veces das e outras veces che dan. Pero ollo, eu nunca din o que eu vou recibir. Tampouco mo pediron.

Como dixen antes, isto ven dende o 2006 ou por ahí, pero... fai unha semana recibín esa chamada:
- César David lópez Martínez?
- Si, son eu... o mesmiño.
- Mire, chamamos do Juan Canalejo. Tiña vostede unha cita solicitada dende setembro do 2006.
- Eh!

- Quere manter a súa cita?
- Hmmm... si, pero de que era?
- Tiña vostede unha consulta para facerlle unha @%$#copia.
- Ah! vale. Cando teño que ir?
- Quere mantela?
- Si, si... cando teño que ir?
- O martes tal e tumba e dalle en tal planta e terá cita co seu médico e co anestesista.
- Anestesista? Pero que me van facer?
- Unha colonoscopia.
- Unha queee?
- Unha colonoscopia.
pausa
- Iso é cando che meten un rollo polo cú, non?
- Si. Basicamente, si.
pausa
- Hmmm. Boeno. Pois si, manteño a cita (nin puta gracia me fai que me anden a argallar dentro).

Pois así foi. Non esaxero. Tampouco teño moi claro se lle entendín ben o do anestesista. Creo que dixo iso. En media hora enterareime. Estes días estívenlle a preguntar a coñecidos que tamén foron interiorizados e a ningún lle puxeron anestesia. Por iso desconfío. Aunque sei de xente interiorizada que goza con isto. En serio, o vin en pleículas. Lucía LaPiedra, por exemplo.

Xa queda menos. Agora estou intentando en lembrar frases molongas pra decrille ao bicho que me vai encular:
- Nin un bico?
- Home... primeiro tomaremos algo, non?
- Estudias ou traballas?
- Cando rematemos... podo quedar a durmir ou teño que marchar?

Pro hai unha na que realmente penso e non creo que me atreve a decirllo... máis que nada pola situación de inferioridade, que se non...
- Oes... ti disfrutas con isto?

No curre xa o saben uns cantos. De feito Luis animoume a publicar esta viaxe de autocoñecemento. Luis ten moi boas ideas... sobre todo cando o que se xoga non é o seu cú.

Teño o nº 59. Van polo 49. Isto que significa?

a) Na tasca come máis xente do que eu pensaba.
b) A dieta do Cantábrico che pode joder o estómago.
c) As autoridades sanitarias advirten que o ilirning pode provocar enculadas.
d) Á xente lle mola que lle deixen o ojete coma un bebedeiro de patos.
e) Beber cervexa a granel non é tan bo como eu pensaba.

Entro en breve á consulta. Será certo o do anestesista? Se a persoa que indague en min é unha tía... que probabilidades teño de ter un rollo con ela?

Xa volo irei contando.

Así están as cousas e así as vou contando.

Nota: Pra entrar na consulta tes que coller un ticket, como nas carnicerías. Que mal rollo!

Etiquetas:

17.11.09

Fw: por si che serve de consuelo‏

Creo que sempre érgome de bo humor. É moi difícil que salte da cama de mal humor. Moi moi difícil. Se estou de mal humor espero. Miña nai ensinoume moitas cousas e creo que quedei co seu bo humor... para que perdelo?. Teño a sensación que os primeiros minutos do día van decidir como me debo comportar no resto do día, así que teño asumido que me teño que erguer de bo humor. Dende fai moitos anos sigo a mesma rutina. Se me levanto co ojete do cú torcido poño a canción de Serrat "Hoy puede ser un gran día". Mano de santo, todo solucionado.

Hoxe e a semana pasada pudo ser un gran día. Pese a todo (pesie a todo deseñamos, dirían Les Luthiers).

As 7.15 erguome mal. Case sempre doume coa deda meñique nunha das esquinas da cama... case sempre. Joer, non aprendo. Desnúdome e vou correndo pra a ducha que fai un frío de carallo e logo sécome co secador. Na ducha paso minutos e minutos debaixo da auga fervendo. Intento que caiga xusto perpendicular no centro da cachola pra non escoitar nada. Pero nada. Tan so o rumor do auga discurrindo polo meu pelo, polas miñas 'forellas', polo meu nariz, polos meus ollos. Dame a sensación que o pelo crece, crece e crece... e pesa e pesa e peeeeesa. Así olvido todo e tamén a dor do pe. Así fago que o día empece con bo humor. Ah, si, sécome co secador... manías raras que ten un.


Case sempre chego xustiño e non vai ser por almorzar, non almorzo. Nunca. O café góstame de bar e a poder ser con cheiro de xornal quente, coas páxinas pares pegadas as impares... cantas máis páxinas pegadas millor. Iso significa que son o primeiro en desvirxinar ese xornal.

Por desgraza o coche que me leva fala de traballo. Antes ía noutro, nun Opel, e sempre protestaba porque a B.S.O. sempre era Metallica. Nunca debín protestar por aquilo.


Agora xa cheguei ao traballo. Fai anos gritaba: "bon giorno per tutti per la matina". Agora so saúdo a uns cantos e case os contos cos dedos da man dun afiador manco afgano con moi mala sorte. O saúdo italiano creo que o fago tal cual dende o 97 cando estudiaba en Ourense. Que tempos!

- Lapsus de 10 horas mínimo -Non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo - Lapsus de 10 horas mínimo -

Chega unha hora na que empezo a estar tranquilo. Isto pode ser que ocurra as 17.00 ou as 21.00 h. a verdade é que nunca son moi consciente da hora que é. Todo depende de Ezequiel. Miro cara as cinco da tarde (como dirían os pilotos de combate) e se vexo a Eze todo está ben... todo está ben ou demasiado mal, pero ainda así estar traballando ao carón del significa algo: o que sexa vai sair cara adiante. Se a cousa pinta mal non é Eze só... é Eze e todo o batallón completo. El conseguíu equipo. Está claro que eu non. Culpa miña me dixeron uns. Deixáronche só díxome un do batallón (este non conta que é amigo meu).

Volvemos pra casa. Por Alfonso Molina case non hai coches... e se os hai teñen sereas, incluso cadáveres dentro. É tarde... algunhas veces até escoitamos o programa "Hablar por hablar". Hai xente que está pior ca nós. Chove na Habana.


Eze deixame a poucos metros do portal da miña casa... e pase o que pasase sempre lle digo o mesmo: mañá máis e millor.

Chego ao quinto con ascensor. Non teño pan. Non teño iogures. Non teño zumo. Non teño pasta. Non teño embutidos. Non teño conservas. Non teño nada de nada. De feito non teño nin sono. Esoulle a dar voltas a unha carallada que xusto me dixo Eze antes de sair, antes do meu último bostezo dentro da ofi. Estoulle dando voltas e até o momento non lle vexo solución.


Voume deitar que xa é tarde pero namentres penso: algún día, algún día que teña vida enviareilles un mail aos meus irmáns.

Así están as cousas e namentres escribo isto chamo por teléfono e alguén contesta cun sms: agora vou pra cama. mañá te chamo. bicos. Eu, coma o Míster, tamén vou canso de todo menos da música (xa teño epitafio).

Etiquetas: ,

1.11.09

Miña nai é unha astróloga africana

Fai meses, xa fai un bo carrao deles cando empezou isto da crise, atopei na rúa un papeliño de publicidade dun astrólogo africano. O collín pra ter algo que ler namentres baixaba cara a estación de autobuses. Empecei a lelo moi desinteresadamente. Pero moito, moito... O primeiro párrafo resultábame algo familiar e volvín a lelo. Pero... a quen me lembre este párrafo? Nada, non caía, pero facía un xesto como o de botar a cabeza cara atrás como se algo común che resultase coñecido... familiar. Joer se me soaba a algo familiar: era unha descripción da miña nai. Así que decidín gardar o papeliño no peto da cazadora, sabía que tarde ou cedo o ía a utilizar e publicalo eiquí.

Vou transcribir o que no papel sae, e os que coñecen a miña nai a verán tal cual reflexada. E se non a ven, verán a súa, ou a súa avoa ou quen sabe... igoal até o seu antigo director de banda. Por suposto non vou poñer o nome do astrólogo nin o teléfono.

Profesora Lolita de Pinón · Astróloga africana
Con coñecemento científico e poderes, axuda a resolver problemas difíciles ou graves en 5 días, con eficacía e garantía (cun par de ostias ben dadas todo arranxado en 5 minutos). Especialista en tódolos problemas tales como: amor, negocios, saúde, fracasos, depresión, xustiza, envexa, protección instantánea e impotencia sexual (boeno, boeno... todo non), visible contra o mal vicios de drogas, alcohol (isto nunca conseguíu arranxalo), tabaco, mal de ollo, etc... Le a sorte, ofrece previsións da vida (lémbrome cando me decía: vas caer).
Se quere ter unha nova vida con seguridade e poñendo fin a todo o que lle preocupa contacte coa PROFESORA LOLITA DE PINÓN. Tódolos casos mencioados anteriormente. Chamexa ao número que pode trocar a súa vida. 982 000 000.

Nota sobre a ilsutración: miña nai ten pegado no espello da súa habitación unha ilustración moi similar a esta. Esa si que é a miña nai.

Así están as cousas neste día gris e así as vou contando eu coa axuda da miña nai (sempre con ela).

Etiquetas: ,

28.9.09

A viaxe da Osa Maior XI

Venres 25 de setembro

Carta aberta de Fer a Norman Foster

Dear Normancito,
como me han dicho que habías hecho una chapuza en el Reichstag pues hice acto de presencia para ver de que se trataba.
Tras 40 minutos de espera muy amablemente los señores de la entrada me han dejado entrar. Se rumorea que para subir hay ascensor, pero que para bajar no hay escaleras mecánicas.
Espero que al recibo de esta misiva, tu y toda tu familia esteis bien, pero soluciona el problema aquí existente.
Muy atentamente, tu amigo Amador Fernández.
P.D. Esto es una ecatombe.

Así me ía dictanto Fer a carta a Norman Foster na cola de subida pra ver o Reichstag e así a fun escribindo eu. Tal cual... Pascual. Tot ziens mij vrienden.

Etiquetas: , , , ,

A viaxe da Osa Maior X

Xoves 24 de setembro - Capítulo 2

Granuxa de medio pelo
Namentres me tomo unha birriña na terraza de Circus con Fer, un gabacho estalle a contar un rollo a unha española infumable, aunque ainda así Fer máis eu estamos vendo que vai ter rollo.

Máis ou menos lle conta isto (léase con acento francés):
Viña eu do Brasil con 2 quilos de marihuana camiño de Milán pra vencerllo a uns americanos (¿¿??). Fixen escala en Perpignan (¿¿escala en Perpignan??) e me para a pilicia cun buldog inmenso (fai xesto de marcar até a altura da cintura) e lle espeta a española:
- Pero os buldogs son pequenos, non?
- Ah, pero a policia francesa os teñen especiales e son grandes

Jojojo... que pavo, ao final a historia remata dicindo que a poli lle deixa marchar pero que ten que devolver a maría en Brasil. Jojojo... e a tipa traga con todo. Manda carallo!

Así estaban as cousas na nosa última noite en Berlín e así as fun escoitando eu... historias pra non durmir. Espero que a tipa esta llo tragara todo todo, por fata. Tot ziens mij vrienden.

Etiquetas: , , , ,

25.9.09

A viaxe da Osa Maior IX

Xoves 24 de setembro

Hoxe erguemonos cunha resaca de carallo, os catro. Quen mais e quen menos bebimos como cazurros. Ninguen se lembra moi ben de a que hora chegou. Fumos aparecendo na habita dun en un. O ultimo Saul que foi quen pechou o bar pola noite. Ontes houbo karaoke no pub do hotel e estivemos primeiro pimplando na terrza e logo abaixo, no karaoke. Empezamos coas birras de medio litro, pero axinha apareceron as kaipirinhas e os tequilas, aunch! Festa rachada xunto a tres arxentinos que conhecimos eiqui e cos que quedabamos amiudo. Un deles, Manu. con parentes en Mondonhedo. Manda carallo na Habana.

Hoxe Raul e eu madrugamos e fumos ver dous museos. Pola manha visitar o museo que hai embaixo ao monumento adicado aos xudeos asasinados en Europa e xa pola tarde ao museo de arte contemporaneo.

No primeiro museo a min se me puxo o pelexo como escarpias escoitando as cartas, diarios e entrevistas a alguns xudeos levados aos campos de concentracion ou xudeos dos ghettos. O museo e moi moi guapo. Todo iluminado con moi pouca luz e varias salas moi escuras onde os paneis iluminados por detras son as unicas fontes de luz.

Na penultima sala proxentan nas catro paredes negras os nomes dos xudeos asasinados e pequenas notas biograficas.

Nota: a leitura seguida dos nomes e biografias na sala da "recopilacion de indicios" duraria aproximadamente: seis anos, sete meses e vintesete dias... e ainda seguen a recopilar mais datos.

Recomendo a visita a este museo e por suposto pasear entre os bloques da parte superior que Einsenman desenhou.

O museo de arte contemporaneo esta moi ben. Moi boas instalacions e ao igoal que o anterior a entrada e de balde. Se queres visitar a exposicion itinerante ahi xa tinhamos que pagar 8 euros.

Como dixen, as instalacions estan moi ben e as obras son moi boas... o millor? as visitantes. Peazo tias que vimos alo.

Logo pra rematar a tarde volvimos ao hotel e quedar na terracinha tomando unhas cervecinhas. Hoxe e a nosa ultima noite en Berlin. Vaia putadon, isto remata. Manha deixaremos o hotel pola manha e xa pola tarde tiraremos cara a Frankfurt e durmiremos tirados polo aeroporto ate coller o avion a Santiago a iso das 6.00h da manha. Vai ser un palizon da ostia, pero mereceu a pena, vaia se mereceu a pena.

Etiquetas: , , , ,

22.9.09

A viaxe da Osa Maior VIII

Martes 22 de setembro

Tenho isto un pouco abandonado. Normal, coa perda do mac non me animaba moito a escribir. Pero intentarei facer un resume rapido dos dous ultimos dias.

Final do sabado
Despois de sair do pub "La fontaine" marchei pra o pub "Saline" no que tinhan unha jamsession. De ahi, preto das doce da noite intentei chegar aomeu hotel cun peido descomunal e me atopo sen buscalo co hotel de Cesar. Probo sorte e alo estaba currando. Atiborrame de augas e comida pra que se me pase o peido. Saimos e quedamos con estes tres pra ir por unha zona de coctails. Tremendos garitos, pero sen decatarme volvo a beber e marcho pra casa preto das 4.00 da manha. Non sei como chego.Eiqui, nesta noite, Fer ten moito que contar.

Domingo
O tomamos relaxado, paseos por parques, tumbarnos por ahi polos parques e aprobeitar o dia e facer tempo pra coller oavion. Ainda asi rimonos comentando o de Fer.

Pola noite, xa en Berlin, no bus do aeroporto perdo (esquezo,mais ben) a mochila co portatil, guias de Amsterdam (o sinto Gel) e de Berlin.Un DVD que merquei dun tipo moi gracioso que atopamos en Copenhague, o cargador do mobil, planos, etc... e por suposto o portatil. A dia de hoxe ainda non tenho contestacion de obxetos perdidos.

O albergue onde estamos, hotel Circus, e unha gozada. Un albergue novo,moderno e de xente de todo tipo: maiores, pequenos, familias, turistas solitiarios, excursions, familias e pandillas. Nos estamos nunha habitacion de 7 camas. Sempre chea a nosa habitacion. Compartimos banhos cunhas 10 habitacions mais pero a limpeya e total. Absolutamente toooodo limpo. Nada de ruido... en fins, unha gozada.

Quedade con isto se ides en plan barato a Berlin:
Hotel Circus
15€ noite
Aduas paradas en metro de Alexander Platz
Almorzo 5€ (cafe+buffe)
1€ media hora de internet
Alugan eles mesmos bicis
Por 5 € gravanche un DVD das fotos da camara
En fins, de pinga. Logo no sotano un bar moi cuco. O amebente me encanta. Como todo Berlin.

Luns
De entrada tinhamos pensado tomalo un pouco de relax. Durmir ate tarde e dar como moito unha voltinha por Alexander Pltz. Pero non foi asi.

Decidimos ir ate a Porta de Branderbrgo, Reichstag e baixar ate Postdamer Pltz. facendo unha boa parada e intento de visitar o monumento aos mortos xudeosna guerra (o bosque de monolitos que xa comentara na minha viaxe anterior). De Postdamer ao checkpoint Charlie que na viaxe anterior non visitara e que tampouco recomendo moito. Un puto circo no medio da rua.

Dende alo decidimos tirar cara a unha zona menos turistuca para xantar e fumos cara a Kreuzberg. Kreuzberg e unha zona moi tranquilacon pequenos parques (seos comparamos coas zonas axardinadas do Mitte, Postdam ou Friedrichshain). Catro hot-dogs e catro birras de medio litro: 11€ e pouco.

E dende Oranienstrasse fumos percorrendo a guia do muro de Berlin ate Stralauer Platz. O que seguimos realmente son adoquins. Realmente non hai muro, senon que percorrimos unha marca que sinalaba onde esta o muro. E asi comparar (non moi claramente) a cara oriental coa occidental.

Mais ou menos en Rummelsburger Platz, a poucos metros de onde se atopa o tramo mais longo do muro en pe, atopamos unha zona okupa,o Yaam, ao pe do rio Spree. Moi moi traqui,algo caro (comparado co resto) pero moi tranqui, bo rollete e rematamos a tarde ahi tirados e fumando deses pitillos. Dende ahi fun buscar a Santi (antigo companheiro da Banda) e xunto con el fumos cear a un Thailandes tirao de prezo preto do noso hotel. Cinco pratos riquisimos de polo con arroz,8 cervexas de medio litro e 1 refresco saiu, se malnon me lembro,por uns 30 e pico euros.Comparado con Copenhague todo un chollo.

Eiqui Santi comentounos a posibilidade de achegarnos ate o garito de jazz ou probar coa opera que custa uns 15€.

Nota:
Cando collimos o tren para ir caminho a Porta de Branderburgo o tren foise en direccion contraria. Baixamos e collimos o contrario montandonos noutro tren. Volvemos montar noutro e volvemos ir a onde antes. Volvemos baixar e coller outro. Cambiamos de anden,de via, de tooodo... e volvemos acabar no mesmo sitio outra vez mais. Custounos o noso, pero ao sexto intento conseguimos ir na direccion que queriamos.

Agora, sobre hoxe martes, como me apetecia andar aao meu rolloe pararme e ver o que me petedecidin ir sair eu so. Fer, Raule Saul quedaban nunha lavanderia facendo a colada.

A Ferlle apetecia ir a illa dos museos (en Mitte) e como na semana St. xa mos zampara todos preferin ir mais ou menos pola mesma zona pero a sitios que me quedaban por visitar e adiquei o que quedaba de manha ate as catro da tarde a visitar a Catedral de Berlin. O edificio molongo que hai na entrada do Altes Museum e que na anterior viaxe non tinha moi claro o que era.

A entrada normal creo que eran uns 3€,pero eu collin a audio guia e saiu por 8€. Merece a pena se vas ter tempo, se non aconsello a de 3€ e via.

A catedral de caracter renacentista foi construida baixo o emperador Guillermo II e data do 1750 aunque en 1975 comezou a reconstruccion debido aos bombardeos do 44. De entrada parece bastante pequena (pode que non chegue nin a un tercio da de Santiago) pero logo entre salas,criptas e terraza e longa de carallo.

A min dame o rollo de moi presuntuoso (esperabame algo mais austero por ser unha igrexa protestane) con tanto marmore vermello e negro e tanta voluta dourada pero a verdade e que e acojonante. a sala do altar, coas suas vidrieras duns 10 mettros de alto e o organo de 1904 con 7.269 tubos (113) rexistros) volven corrovorar do que penso de Berlin: GRANDE. Non se andan con mariconadas, todo hai que decilo.

Nota: subin a cupula (uns 50 metros - 267 escalons) e acojoneime. Eu tenho mogollon de vertigo e o pasei tirando a mal e estiven arriba pouco tempo, pero se ides a catedral, subide.

Ademais na catedral tes acceso a cripta ou ao mausoleo dos Hohenzollen onde hai unha cantidade (suponho que uns 40-50) de feretros e sarcofagos dos seculos XVI-XX. 400 anos de mortos da dinastia prusiana. A verdade e que da a sensacion dun plato dunha peli de Dracula e que en breve vanse abrir as tapas e sair penha parecida a Michael Jackson.

Agora deben ser preto das 5.00h. Non o sei que jodin o mobil. Como perdin o cargador intentei cargar a bataria co cargador da bataria do mobil da camara e dame que jodin a bataria. Estou
baixo unha sombrilla protexendome do solete na terraza do Pergamoum musseum. Esperaba ver a estes por eiqui pero vai ser que non.

Agora irei buscar o palacio da opera e mirar de mercar unha entrada. Seguirei mais adiante.

Pois a verdade e que o palacio da opera esta en Under Der liden,xusto en frente dunha universidade. Moi cerquinha dos museos doMitte. Pero a entrada valia 56 €, ou sexa, totalmente fora do meu presuposto. Dende ali volvin sobre os meus pasos ate Alexander Pltz. pra ir ao hotel e cargar a camara que a tinha seca e polo caminho atopeime a este grupo moi molongo.

Nota: nos xardins de Alex. Pltz. habia unha manifa bastante concurrida. Decidin meterme no meollo a ver que tal. Chea de berlinesas a manifa. Moitas berlinesas. Creo que demasiadas berlinesas. Hmmm....pero si todo son tias. Dame algo que estou nunha manifa feminista e a minha cara de saido eiqui non pinta moi ben. Millor ponher pes en polvorosa.

Creo que agora son preto das 10.00h. Estes quedan durmindo no hotel e eu fixen unha paradinha tecnica nun restaurante brasileiro,en honor a Flavio e voume zampar un "frango ao passarinho"... que digo eu que e "polo ao paxarinho"? pero si o polo xa e un paxarinho!! que raros son estes brasileiros. O garito chamase "Botequim Carioca" e ten un ambente moi familiar e penso que o 100% dos comensais son alemans.

Despois de comerme o polo ao allo (era iso) cheguei a Zosch, Bar raro. Realmente fan jamsession. A ver, na meirande parte dos sitios de jams os que tocan son vellos conhecidos. Eiqui notase que non. Por que? preguntanse, presentanse... falan un anaco. Amosan pequenas partituras e logo tocan.

Atopar o sitio custoume o meu pero perdinmetanto que atopei rollos que a estes lles ia gostar e moito.

O sitio, esteticamente falando, lembrame a "The cavern" de Liverpool. Cando entrei no bar aquelo non parecia o esperado. O tipico bar desta zona con terracita pero nuns minutos empecei a escoitar o saxo e comecei a baixar unhas escaleiras en direccion ao servicio e atopeime con esta caverna. Ah! gratis e,pero pidenche a voluntade candobaixas. Ese pode fumar... tabaco!! e tenhen un futbolin!!

Asi estan as cousas neste martes... e ainda queda. Tot ziens mij vrienden.

Etiquetas: , , , ,