Ábrete a novas experiencias II
Mércores 27 de xaneiro.
Ao final non foi pra tanto e ao final vai ser unha muller a que me faga a carallada; aunque sego sen ver posibilidades dun romance con anal-sexicos.
Polo que se ve, escoitar escoitei ben: colonoscopia e anestesia, pero non vai ser tal... máis ben é unha endoscopia con sedación. Dorgas gratis dun camello profisional. Alégrome por min e pola persoa que teña que ver de preto o meu peludo cú.
Aunque agora temén me estiven informando por ahí sobre as endoscopias... uns din que é unha carallada, que dúas horas despois xa podo andar de farra e outros din que incluso é máis jodido que a colonospia. Máis jodido? Non mo creo, pero boeno, haberá que espera pra opinar.
O pior de todo é que o día que me fan a proba é un día antes da Laconada de Fynet, e iso me jode un carallo, xa que supostamente non vou poder ir, pois teño que estar entre unhas 24 e 48 sin dixerir alimentos pesados nin alcohol... e claro, unha laconada é unha laconada.
Ao final miña nai enterouse, a saber por quen (xa que ela non visita isto), e quere estar presente nesta inspección... en parte alégrome moito de que veña, así pode facer unha desas mega-limpezas do meu piso. Teño pensado non recoller o piso até o día da proba. Non por cochería, se non pra que estea ocupada e tal... xa sabedes, as nais se non fan algo rebentan.
E nada máis, agora só me queda a terceira e última entrada na que contarei que tal vai o rollo este da endoscopia, a sedación, o non posible affair coa doutora e a recuperación.
Así están as cousas e así as vou escribindo eu no baño da ofi que non teño nin un minuto pra desconectar.
Etiquetas: Vida
4 Comments:
Mea culpa.
O sea que me debes 20 € de la limpieza del piso.
By clapaucio, at 10:25 p.m.
Esperando desesperadamente...
By Iván Vázquez, at 1:52 p.m.
Ivi... a próxima semana a "entrada final".
By ajaspino, at 9:54 p.m.
xa levamos tempo sin saber de ti...andandarás!!!!!!!
By Anónimo, at 6:25 p.m.
Publicar un comentario
<< Home