ajaspino

20.9.09

A viaxe da Osa Maior VII

Sábado 19 de stembro

Hoxe erguinme cedo. Almorcei o suficente como para xantar a iso das 5.00h. Estes sairon ontes á noite por ahí co meu primo e ainda seguían na cama cando marchei. Creo que o pasaron pipa, xa me contarán.

Intento chegar a Nyhavn (porto novo) e o primeiro que fixen foi intentar pilla-lo metro, pero foi un fracaso, coma sempre. Así que plano en man, pitillo na boca e condón no bolsillo decidín ir by foot.

Agora estou por Studie Straede. É unha rúa de tendecitas moi trends, xente xove nas pequenas terrazas (sinxelamente sillas alineadas ao longo da acera). Estou facendo unha pausa na metade do traxecto, supoño uq epercorrín preto duns tres quilómetros e quédanme un par deles antes de chegar a Nyhavn. O bar onde me atopo, Riccos, ten moi bo ambente. Ontes cando pasamos por eiquí a Fer gustoulle moito polo ambientillo que por eiquí se destila.

Libreta Moleskine: 2
Pilot 0.7: 1´5 €
Lucky Strike: 3´15 €
Café espresso: 25 coronas
Estar rodeado de loiras que non paran de sorrir: non ten prezo
Para todo o demáis chamar a Mariola para ver se me pode facer un ingreso.

A estas alturas das vacas e do mes estou cun saldo duns 240 €, e ainda non me pasaron o recibo de R. Ou sexa, en Berlín estareime comendo os mocos, iso si, con moito gosto ded estar aló e non na ofi.

Xa cheguei a Nyhavn. Son as 12:30 e a unha comeza o Festival de Jazz de Copenhague. Ontes xa estiveemos eiquí un anaco, pero como a estes non lles gosta moito o jazz fúmonos ante do desexado. Hoxe estou só e mo vou papar todo.

De camiño pasei por Frederiksbgade ou østergade que ven sendo a típica rúaa peonil cheo de tendas. Eu non gosto moito deste tipo de rúas ateigadas de roupa e complementos porque hai poucos bares. Pero digamos que son de visita obrigada. Iso sí, se queres ver macizorras a cascoporro, até o momento é onde máis vin por metro cadrado.

Nota: xa están afinando e parece que vai ser swing. De pinga!

Ontes, con Saúl, Fer e Raúl tomamos unha rolda de birras e saíu a coña nunhas 160 coroas. 40 coroas por birra. Hoxe antes de buscalo sitio, ao carón do mini-cutre-palco, vin que os indíxenas mercan latas nas tendas e os guiris coma nós mercan nas terrazas.

- Where I buy this beer?
- ???
- I like drink bber. Where I buy?
- ?? You... (o resto indescifrable para min, pero sinal un calexón)
- Thank you.

Métome polo calexón e voilá, unha tienducha vende latas de cervexa. Catro latas 40 coroas. Perfecto. Teño tabaco, cervexa, cámara e jazz... a mañá perfecta neste soleado día.

Nota: Unha loiraa tan grande coma Txerra vai traendo os instrumentos, vai saber ti de onde, nunha das típicas bicis con cesto diante. Ah, non sei si o puxen: isto parécese mogollón a Amsterdam.

Comezan puntuais, puntuais. Saxo (alterna o tenor co soprano), bataría, piano, contrabaixo e voz. Tocan un swing bastante modernillo... e de cando en cando clásicos de bossa, rock e pop. Os temas instrumentais son longos e cada pouco vanse alternando pra facer os sos, aunque o saxofonista é que leva case todo o peso tocando entre os sos de cada un.

Son as 15:30, e si, vou pimplao. Que lle vou facer. O quinteto Jan'z Swinget acaba de rematar e a iso das 16:00 comeza River Band. Merquei unha entrada para ver os concertos de hoxe: 150 coronas que en € son... nin idea, pero non está mal. Coincídeme varios grupos á vez, pero teño pensado ir a ver tres concertos máis, sen contra este das 16:00 que é pola face. Un de swing tipo New Orleans e unha tipa que fai jazz fusión sobre variacións de Chopin e Debussy (a Eva lle ía gostar) e xa pra rematar a un garito onde se supón que imos ter jamsesion. Promete e moito.

Fer, Raúl e Saúl? nin idea, pero eu xa levo un bo peido e ainda son as 15:47.

Novena cervexa e comezamos co 2º grupo. Sei que a este ritmo non chego ao final. Pero é que se está taaaaan ben.

Agora está no cenario un sexteto: bataría, pianista, baixo, saxo (as veces clarinete), trompeta (as veces showman, vocalista) e trombón alto. A armonia e perfecta no vento. Rego e Fuji ian filipar co megaempastado que soa isto. Cando o trompeta non ten que tocar pu cantar toca todo tipo de cachivaches (pandeireta,triangulo, cencerro,armonica...) fan un rollo moi moi alegre... swing,bossa, salsa e d cando en moito un tema blusero clasico.

Boeno, boeno... eiqui estou escribindo despacinho (vos non vos decatades, claro). Estou na "La fontaine" , un garito tenebrosoe e impresionante de jazz. Visita obrigada se estades por eiqui e vos gosta o jazz. Haxa festival ou non. Pequena coleccion de carteis e fotos pero boas.

Mo estou a pasar pipa. Cando tocan algun tema tipo bossa saio a pista a bailar co resto da xente, pero eiqui movense de xeito moi "recto" e creo que ate lles gosta como bailo. Estou moi peido,manha sego.

Tot ziens mijn vrienden.

Etiquetas: , , , ,

4 Comments:

  • trombon alto?
    joder que caña

    By Blogger Fer Trombón, at 12:37 p.m.  

  • Estar rodeado de loiras que non paran de sorrir: non ten prezo
    ... pero non dis o prezo de estar rodeado de loira que non para de sorrir... ou non probaches?

    By Blogger agremon, at 4:35 p.m.  

  • Si, si... non paro de probar loiras que me fan rir. De feito o sabado, no festival, agarreime unha de coidado. Pero alo estaba o meu primo pra encherme a augas e darme de comer.

    By Blogger ajaspino, at 11:13 a.m.  

  • pero fanche rir porque están a facerche cóxegas?
    ou rinse de ti porque non lles entedes o que din?

    By Blogger Fer Trombón, at 5:36 p.m.  

Publicar un comentario

<< Home