ajaspino

15.9.09

A viaxe da Osa Maior II

Luns 14 de setembro.

Eiquí estou, só na habitación do piso de Raúl, agardando a que veña o meu cabaleiro de Viana para cabalgar toda a noite. Así podería comezar a entrada de hoxe, non? Pois o sinto, empeza así. Pero im os rebobinar un pouco.


Quedei con Saúl a iso das once e pouco no FNAC pra pillarme unha tarxeta wifi e que mo instalase no meu novo xicarolo. Tutto benne. Furrula. Agora so queda facer a maleta e afeitarme. O primeiro como ben sospeitaredes está feito o segundo pois vaai ser que non.

Facer a maleta, durmir a sesta con aalgunha visita ao FB e ao WC.

A iso das 19:00, se mal non me lembro, Fer máis Saúl venme a buscar. Hoxe iremos durmir a casa de Raúl (en Mera) e mañá Inés a irmá mediana, levaranos a SQC pra coller o avión as 9:40 da mañá.

Rematando a cea, comento que ainda non puiden poñerme en contacto co meu primo César pra ver onde imos durmir en Copenhague. Non teño nin idea de onde nos pode meter... aunque barallo tres posibilidades:
· No seu piso
· Nun albergue similar ao que tíñamos buscado
· No hotel onde curra el


A terceira opción nos filipa, claro. Imos estra durmindo en alberegues tódalas vacacións coas incomodidades que iso implica. Ter un sitio onde durmir xa é a ostia, pero durmir nun bo hotel xa sería a reostia.

Nota de Fer: Molaría moito durmir nun hotel pra "o descanso do guerreiro".

Rematamos a cea e de imprimir os billetes, agora só queda unha cousa: a maleta de Raúl. Si, son as dez da noite e ainda non a ten feita. Collemos o coche e imos cara a casa de Inés e colocamos os asientos na furgalla que nos vai levar.

Nota Luiggi (o cuñado de Fer e Raúl): di que quere mercarse un ampli de baixo de 400w... Logo di que non é friki.

Collemos o coche de novo para ir cara a casa de Marta máis Santi para recoller máis roupa de Raúl. Ainda estáa na secadora e lle queda como media hora. Son as 11:30 da noite.

Baixamos á Perla a tomar algo namentres a secadora fai o seu.

Nota de Raúl: Hoxe non nos podemos liar, eh! Que ainda teño que facer a maleta. Podes poñernos 4 gin-tonics?

Son as 00:40 h, e eiquí sego, esperando ao meu cabaleiro. O home que ainda ten máis rizos que Martola... boeno, case.

Así están as cousas a 8h de coller o primeiro voo, e así as vou contando eu. Tot ziens mijn vrienden.

Etiquetas: , , , ,