ajaspino

12.7.09

Quintos a 50 ct.

Que é o que facemos? quen somos? e ese nome? de que imos? Difícil pregunta a primeira... nin nós o temos moi claro.
Quintos a 50 ct. ou tamén Los artistas anteriormente conocidos como Quintos a 50 ct. é un cuarteto que leva ensaiando preto de dous anos, aunque xa dun xeito máis formal dende principios de ano con pequenos altibaixos e sen manter (por causas alleas) un ritmo de ensaio desexado. O cuarteto está formado pola parexa Mónica e Rego, voz e baixo respectivamente xunto ao guitarrista Fer Amador e eu na bataría.

A cousa comezou como soen comezar case todo este tipo de cousas... unhas birrillas, falando de que o gusanillo da música volve a percorrer as veas, etc... e así foi a cousa. Nun principio intentamos ser quinteto: voz, duas guitarras, baixo e batera... pero nin dimos atopado baixista nin guitarrista, así que o probe de Rego decidíu pasarse ao baixo e construirse el mesmo o ampli (é un manitas oiga). está moi contento co cambio, ollo.

Os ensaios comezaron no local da asociación 16 toneladas, moi preto da Praza de Azcárraga. Aló comezamos a coñecernos musicalmente. Certo é que eu con Rego levaba xa anos tocado coa Contrabanda e con Mónica na Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo, pero neste tipo de formación eu estaba verde a máis non poder. Así que os primeiros ensaios foron máis ben pra ver de que era capaz de facer canda un (eu quedei moi mal nesta etapa) co seu instrumento. Mónica quedou nun moi bo lugar. Era a primeira vez que se poñía diante dun micro e defender un papel coa súa voz. Moi difícil... os hai que ter cadrados. Todos quedamos bastante abraiados e veíamos unha pequena luz ao fondo. Así que decidimos que a meirande parte dos temas tivesen unha forte presenza de voz pra que Mónica se puidese lucir (vaia putada que lle fixemos).

Ao local 16 toneladas íamos de pascuas en ramos e ensaíabamos un par de horas ou hora e media. Entre montar e desmontar e escoitar algún tema marchaba o tempo que daba gosto. Iso si, as cantidades de cervexa que aló nos metíamos non era algo normal. Os quintos de Estrella Galicia custaban 50 ct. de ahí o noso nome. Quintos a 50 ct. Non o curramos moito, todo hai que decilo.

Amy Winehouse, Rufus ou os Beatles conviven no atril cos Red Hot Chili Peppers, Black Sabbath ou os modernillos Gossip. Variopinto si. Esperemos que calquera que nos vaia a ver polo menos coñeza algún tema. Isto non vai sempre así... digamos que agora toca realmente currar un pouco máis e facer temas propios.

E nada máis por hoxe. Esperamos ver xente coñecida (falta nos vai facer) no noso primer concerto que terá lugar nas Festas do Carme na praza de Mera (Oleiros) o vindeiro xoves 16 ás 7.30 da tarde. Vémonos... aló ou nos bares.

Así están as cousas entre quintos e quintos e así as imos tocando.

Etiquetas: , ,

4 Comments:

  • Tentarei ir como sexa, e a ver a cantos podo liar... Sorte!!!

    By Blogger Barnikel, at 2:18 p.m.  

  • Por allí andaré, a ver si lío a alguien más para apoyar desde la grada.

    By Blogger Grankhan, at 5:43 p.m.  

  • Creo que no vamos poder ir. Aunque me gustaría mucho veros.

    Suerte y ya me contarás como fue todo.

    Bicos

    By Blogger clapaucio, at 9:38 p.m.  

  • Houberame gostado ir pero xa tiña comprometido miña asistencia no outro espectáculo. Temas laborais... Pero estarei no siguinte macro-concerto da xira 2009. Sorte e pasadeo ben!

    By Blogger Bruxo, at 11:56 a.m.  

Publicar un comentario

<< Home