ajaspino

7.4.09

Die Walküre IX

Martes 7 de abril.

Son preto da unha da tarde e acabo de chegar até o Altes Museum. Ontes pola noite, cando pasei por eiquí pensei que era o Pergamonmuseum. Non pasa nada, era un dos que tamén quería ir visitar.

Está a carón do Museo Histórico Alemán. Ten un xardín moi concurrido xusto diante cunha fonte no centro. Agora levantouse algo o vento e fai que as pingas da fonte vaian polo ar, e iso agradécese. Hoxe fai bastante calor. Moi boa temperatura.

Nota do autor: Uns chavales xogando acábanme de lanzar un botellín á espalda. Íalles pegar un grito do tipo fuck off, pero xusto nese intre, sentase diante miña un monumento comendo un calippo de cola (saco fotos). A vista é inmellorable. Desu existe e me acaba de agasallar con isto. Voume quedar sentado mirando para ela. Prefiro un lunar da súa cara que a pinacoteca nacional. Yum yum. Si señoooor… acábase de sacar a chaqueta cor pistacho e é unha teutona. Saco outra foto. Sae borrosa, porque será?

Acabo de mercar unha entrada para un día enteiro en tódolos museos que hai no Mitte. Cinco museos por 14 euros. Está pero que moi ben.

Altes Museum está dividido en duas prantas. Na baixa hai unha extensa colección adicada a cultura clásica. Ánforas, xarróns, vaixelas, etc. Moi ben conservados. Me sorprende. Pequenas figuras, filigranas, diademas, etc. Ao meu irmán lle encantaría isto. E a min me houbese gostado recibir unha máster class del nesta pranta... e da vida.

A segunda pranta está adicada a cultura exipcia. Non é moito pero está ben. Claro está, o busto da cachonda Nefertiti é o centro da atención e de flashes… si, si. Eiquí se olvidan de quitarlle o flash. Todo na titi de Nefer é increible. As proporcións do busto da faraona son per-fec-tas. Estaba de moi bo ver, aunque algo delgadiña para o meu gosto. Pena que morrese ho, ainda teño o condón novo.

Teño que resaltar que nesta segunda pranta hai unha parte adicada á tecnoloxía usada nas excavacións e restauración de pezas. Me parece moi pedagóxico e interesante ver os artiluxios. E para nada son brochas ou paletinas. Que va, uns pedazos de equipos multimedia cachis piruli da morte con fluxo de fruzo e toda a pesca. Pa cagarse pola pata abaixo.

Agora tócame o Pergamonmuseum que de todo o que teño programado me parece do máis interesante.

Nota do autor: Levo coincidindo cun tipo en tódolos museos. Me estará a seguir? Me querrá violar?

Parece que o Pergamonmuseum se resiste. Como isto é un circuito de Museos xusto detrás do Altes Museum atópome co Altes Nationalgalerie. Unha pinacoteca de toda a vida, vamos. Un Prado en Berlín. Moito máis pequeño en cantidade pero ten unha mostra moi interesante do impresionismo.

Descubro a un tal Lovis Corinth (1858-1925). O terei que buscar na Galipedia.

Teño que decir que as pinacotecas me aburren. Miña irmá Mariola pasa horas mirando os cadros… que mirará? Que buscará? Terá raios X nos ollos? De tódolos xeitos a exposición faise amena, xa que as salas son pequenas e nunca tes agobio de todo o que che queda por ver. Hai que ir? Of course! (filipa conmigo Luis).

Nota do autor: Volvo a coincidir co tipo. Yum yum… hoxe me van deixar o cú como un bebedeiro de patos.

Estou diante do Pergamonmuseum. Quero tomar forzas para recorrelo. Unha cervexiña? Home logo, e que sexa big, please!. Non sei que lle poñen a estas cervexas, pero me sube moi axiña. Déronme unha tostada, desas que o sabor recorréche o nariz. A cervexa está case baleira, teño os pes millor, medio paquete de cigarrillos… arranca!

Estiven aponto de batir o meu récord dentro dun museo. Preto das catro horas. Se non estivese tan canso qeudaría toda a tarde (o pouco que queda dela). O Pergamonmuseum é sinxelamente espectacular. É unha quedada co persoal. Parece que o construiron dous vascos.
- A que non hai collóns a facer un megamuseo pra que a xente alucine?
- Ai va la ostia, como que no? E cho pinto de rosa.
E fixeron o Pergamonmuseum. Así, como tal cousa... como quen quere facer o monte Gaiás nun ano.

Nada máis entrar na primeira sala atópaste co Altar de Pergamón. Se che queda a cara como o smile ese dos ollos abertos. Ala, con dous collóns chantaron ahí unhas escalinatas coas suas colunas, co seu dintel Jónico, coas suas estatuas... É unha porta do século II antes dun tal Cristo. Nesta mesma sala, un percorrido de esculturas de deuses loitando contra xigantes.

Subes a escalinata do Pergamón e te atopas con outra fachada. Esta é a entrada a un mercado. Toma collóns. E como se dentro da Domus te poñen a praza de María Pita. Que mola? Joer se mola... Mogolló!!

Noutra sala a porta de Ishtar. Século VI antes do Cristo. Pertence a Nabudocossor II, rei de Babilonia. O nome vos soa por duas razóns. Unha, así se chama a nave de Morfeo en Matrix. E segundo, en Barrio Sésamo había uns micro seres simpáticos na maceta de Blas e chamábanse Nabudocorcitos.

En fins nenos e nenas, para min empresionante. Todo o rato lembrándome do meu irmán. Salas adicadas a Apolo, Dionisio, Césares, Atenea, etc. Non sei como expresalo, pero por cousas como esta ben merece a pena a viaxe e pola tipa do calippo.

Agora estoume autoflagenlando polo deus Dionisio e me estou metendo entre peito e espalda un bo litraco de bier. Non está moi fría, pero se é iso o que os deuses queren, así sexa. Comerei algo e non sei se irme a tirar ao parque de Alexander Platz ou ao xardín que hai frente ao Altes Museum. Calquera das duas cousas están moi ben para min. Hoxe estou feito un xabato. Polo demáis botei en falla ao tipo que me quere violar. Cachis!.

Bis bald nenos e nenas!

P.d.: O Pergamonmuseum ten cascos para poder seguir como deus manda a exposición. Gratuito! A ver se aprenden por Hispania.

Etiquetas: , ,

8 Comments:

  • Home, cando empecei a ler pensei que te ia violar a outra co calipo, que xa postos se agradece porque polo menos está fresquiño, Pero despois deume un baixón. Mételle duas ostias, que seguro que é un topogigio de esos.

    Por certo, fai pouco que lin que o busto de nefertiti estaba "photoshopeado" por algún artista da época. Sacaban esa conclusión de non sei que carallo do molde da máscara, ou sexa, que non era tan mona como parece (ainda que seguro que mais que Sarita Montiel, a creadora do filtro Overlay cando ainda non existia o Photoshop, un día contoche).

    Pois nada, que siga así a cousa. Mentres non che de o Síndrome de de Stendhal...

    By Blogger El Rey Artabrico, at 8:43 p.m.  

  • Eres rápido amigo... eres moi rápido. Por certo, Sara Montiel estudiou contigo non?

    Por certo, cando unha persoa coma min que precisa de xente está so, até lle da igoal que un tipo lle faga morder a almofada... aunque postos, prefiro ser dos que sopran na caluga!!

    By Blogger ajaspino, at 8:46 p.m.  

  • Por certo, fun ver as tuas estatísticas no Motigo, e levas un carrerón de visitas(comparando co habitual). Tes o público contigo, meu.

    By Blogger El Rey Artabrico, at 8:46 p.m.  

  • Eres rápido amigo... eres rápido. Abogadoooooo!!

    By Blogger ajaspino, at 8:47 p.m.  

  • Este comentario foi eliminado polo autor.

    By Blogger ajaspino, at 8:47 p.m.  

  • NA-BU-CO-DO-NO-SOR
    ...A non ser que esteas a falar dun home nabudo que se chame Cossor... ¿O que te seguía polos museos quizáis?

    (non me respondas, por deus!)

    By Blogger McCoe, at 9:12 p.m.  

  • Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    By Blogger ajaspino, at 12:57 a.m.  

  • Nefertiti... esa sí que era un peazo de mujer... Que envida :-P

    Tu hermana se pierde en el cuadro percibiendo la belleza que desprende.

    (Toma frase!)

    By Blogger Eva Moya, at 3:47 p.m.  

Publicar un comentario

<< Home