ajaspino

6.4.09

Die Walküre VII

Luns 6 de abril, pola mañá... a iso da hora do café.

Acabo de chegar a un barrio bastante guapo. Por non decir increible. Mistura, cultura, ambientazo, terrazitas máis solete. A cervexa vai entrar hoxe que da gosto.

Xa pasaron unhas horas do anterior post. Quedei con Edit e con Aynis. Edith é holandesa e comparte estudio coa miña irmá Mariola en Amsterdam. A segunda é turca e estudia deseño de xollas... joer. Aynis é fibrosa, áxil... rápida de mente e moi vivaracha. Non para de sorrir e falar. Ten unha constitución atlética, joer. A vida é como a serie "Life". Un círculo que todo o une e todo ten un significado... Iso ou todo é unha sirendipia.

Moi simpáticas as dúas. Moi majas... riome moito con elas. Aynis está a estudiar español, así que todo resulta moi doado, xa que Edith fala moi ben español.

Quedamos nun garito moi cuco (a Coe lle fai gracia este adxetivo). Uns dos primeiros en abrir fai uns 15 anos por aquela zona. Estamos moi moi moi preto no que antes era o muro de Berlín. Isto era zona comunista, e nótase (construccións excesivamente sobrias e sen adornos). Eu pido unha cervexa big (traenme unha caña). Elas unha especie de horchata que me dan a probar, café grande con leite, un bol de yogurth con fruta e cereais, dúas tostadas (cada unha) de leituga e queixo. Logo eu pido outra "double big bier" (por fin) e elas piden dous capuccinos, dous botellíns de auga e dúas infusións.

Arre carallo!! Todo sae por uns 25€. Eu filipo en cores.

Falamos, rímonos, etc. Boeno, máis ben eu pregunto dúbidas e elas falan, sobre todo Aynis (caralluda, tremenda). Cóntolles o da miña situación personal Berlín (sospeito que Edith algo sabe). Elas escoitan... Pasa un anxo. Escarállanse de risa en canto Edith lle traduce todo a Aynis. Cando lles digo que non pasa nada vólvene a escarallar. Normal, até a min me fai gracia.

Elas vanse. Edith ten que ir a buscar unha amiga e Aynis tense que ir a Stugart. Eu sigo pola zona. Estou por Friedricshain, na rúa Simon Dachstrasse. Elas din que sen dúbida algunha é a zona con máis personalidade de Berlín. Que Prenzlauer Berg está moi ben, pero que é para pijos. Moi para turistas... e fan un aceno moi singular: tócanse a punta do nariz. Din que esa zona é pra turistas, que a ideal é onde estamos. Máis adiante decátome de que é moi, pero que moi peculiar.

Agora non me lembro de como se chama o artista, pero por Factory pulula amiudo uns videos (Luis, axúdame) dun grafitero que fai StopMotion... pois non vai e me atopo coa metade da sua obra nesta zona. Quédome perplexo. Alucinando. Isto si é unha sirendipia. Teño sorte, nada máis. Non saco moitas fotos diso, case prefiro quedar a mirar como está feito. A obra é inmensa... inmesa de tamaño. Teño fotos e cando poida as pondrei eiquí xunto cos videos do nacho este.

Pégome unha zapateada dunhas tres horas e pico. Maaaaaanda carallo. Teño os pes hinchados. O rollo foi o de sempre. As deixei, pillei unha birra e me puxen a andar. Pillei outra birra e seguín andando. Pillei outra birra e seguín andando. Cando me deu polo ojete preguntei e me dixeron, por eiquí (sinalando o mapa). Auch!! A tomar polo ojete. Volvinme a trabucar de dirección. Aunque hoxe como ía a pé a cagada foi dobre. Ou sexa, unha camiñando é igoal a seis quilómetros. Pero atopei sitios novo (e vin teutonas) e cervexa nova. Xa estaba canso de tanta Becks e tanta Berliner. Moi rica esta. Aunque polo prezo e forza e peido que levo encima sospeito que ten unha graduación extrema. Lémbrame a cervexa escocesa Douglas.

Paro por hoxe. Vou probar sorte neste bar (pola wifi) e publicar o que levo na libreta. Aprobeitarei e tomarei estas cerveciñas tan cucas que teñen eiquí. Relaxar os pes e hmmm... outra birra. Por que non?

Así conto as cousas neste día que foi un gran día. Un grandísimo día. E mañá? Millor. Bis bald nenos e nenas!

Por certo... na miña perda atopei a zona de Berlín co tramo máis longo do muro... cincocentos metros nin máis nin menos. Esta cidade é pra vivila, en serio. Non pra visitala. Visitar está ben, claro. É como ir a praia das Catedrais... hai que visitala, pero pra bañarte calquera é millor; incluso Riazor... e o digo eu que son de alí. Isto é moooi grande. Non me vou cansar de decilo. Aunque se me dan a elexir entre tódalas vidas, eu me quedo con Amsterdam, of course!! Amsterdam forever!!

Etiquetas: , ,

2 Comments:

  • Super ratón o rescate (supoño que te refires a este):

    http://www.vimeo.com/993998?pg=embed&sec=993998

    By Blogger El Rey Artabrico, at 10:52 a.m.  

  • Ese mesmo, eu acabo de atopar unha das cousas que vin. Teño un par de fots deste grafitti e dun par máis.

    http://www.youtube.com/watch?v=RaOn1e6sLEc&feature=related

    Pois iso, increible... xa sabía que ti o íasa atopar nun plis.

    By Blogger ajaspino, at 11:08 a.m.  

Publicar un comentario

<< Home