ajaspino

2.4.09

Die Walküre I

Hoxe comezo, o que intentarei que sexa unha bitácora das miñas andainas por terras xermanas, e máis en concreto por Berlín.
Hoxe é xoves e o avión o pillo o sábado dende A Coruña e a cousa está máis ou menos así:
Levo unha maleta prestada por Fer.
A maleta está medio chea e debo levar xa 20 quilos.
Sego a meter cousas absurdas na maleta; por exmplo: condóns.
Levo un portátil que me deixou miña irmá Gel.
Non sei que carallo fago co mac pero cambio as teclas a xeito numérico. Apago o equipo e volta empezar.
Levo unha cámara de vicio que me deixou miña irmá Gel.
Espero ir sacando fotos de por onde vaia indo e tódolos días intentarei facer un pequeno resume.
Como non me deixaron ningunha guía sobre Berlín xa estou vendo que vou ir a velas vir.
Non sei onde está o Hotel. Tampouco me preocupa moito.
O meu inglés é tirando a nulo.
Xa sei decir cervexa en alemán.
Estou preocupado polo 'hotel' ao que vou... teño que levar as miñas propias toallas e teño que compartir baño.
Estou bastante descontento polo cambio absurdo que fixen de hotel.
Vou cheo gadgets... levo de todo e cargadores de todo tipo.
Entre outros libros levo Maus que non sei si será moi boa idea andar pasaendo un libro cunha esvástica na protada.
Ainda non sei que ir visitar. Non sei si deixarme levar ou preparar algo. Ainda estou a tempo.
Quedei, iso si, cunha alemana protestante... que por suposto non coñezo de nada.
Vou so, o que vai provocar que non saia nas fotos.
Me levo traballo por se me aburro de patear.
Non teño cartos. Boeno, non teño os cartos que me gostaría levar pra poñerme fino, aunque sexa, un día.
Nestas circustancias non me apete moito ir... pero vale máis actuar expoñéndose a arrepentirse delo, que arrepentirse de non ter feito nada.
Levo no i-Pod a Cabalgata das Valkirias pra escoitala diante da Porta de Brandenburgo.
Sei que o vou pasar ben... sempre o paso ben en circunstancias estranas.

E así están as cousas e así as irei contando... agora tiña que tender roupa que quería levar e poñer outra a lavar, pero... me acaba de chamar Fer pra ir tomar unhas birrillas amarillas. Así non se pode preparar absolutamente nada de nada.

Etiquetas: , ,

5 Comments:

  • Estás enfermo.

    Como non me das pena, que eu non vou ir a ningures nesta semán, prométoche que vou facer un seguimento das tuas andanzas e a comentalas coma se merecen. Polo pronto, ahí vai o meu comentario primeiro:

    Señores, non se deixen engatusar. Este langrán e sempre así. No traballo e parece que na vida. Prepara, prepara, prepara e despois chegan os imponderables que lle impiden facer o que tiña que facer. Hoxe o imponderable chámase Fer(Fer é "per se" un imponderable), mañán vai saber.

    Por certo, que a lavadora a podias ter posto igual e logo tender a roupa (ainda que te aviso que mañán a tardiña din que pode chover.

    Hala, a pasalo ben coas teutonas.

    By Blogger El Rey Artabrico, at 10:22 p.m.  

  • 2º post en 4 meses e agora prentedes facernos creer que vas escribir cada día. Bueno que o pases ben e atopes traballo por alá, creo que pagan ben.

    By Blogger Bruxo, at 11:32 p.m.  

  • Dalle recordos á que teñas máis achegada ... sempre que se poda estar máis aínda. (se non entende, xa lle explicarás)

    By Blogger agremon, at 12:04 a.m.  

  • je je je... da gosto ver que o blog ten vida ás 12.38 da noite.

    Rei Artabrico teño un deshumificador. Por sorte unhas das moitas cousas que me deixou Cris. E a viaxe esta, pra ser sinceiro, nunca a preparei.

    Para Bruxo teño que decir que é certo que levo moito sen actualziar, pero ollo: Estiven facendo varios videos, pero o puto YouTube me cancela todo por culpa dun tal Copyright... E espero non atopar traballo aló polo momento. Ainda teño cousas que decir.

    Ao señor Presidente o único que lle podo decir é que non o entendo... como a meirande parte das veces. Debe de ser algo relacionado cos meus amigos. Non entendo a case ningún dos que aprezo... por exemplo: A Rego, a Anxo, a justo, a Marcos, a Fer, a Paco... e por suposo nunca, nunca entenderei a Fuji.

    Ea, parece que o post e o blog ten vida. INCREIBLE!

    By Blogger ajaspino, at 12:43 a.m.  

  • Así que andas de can por alá, pois fas ben, aínda que o de Maus véxoo algo arriscado, mellor non o saques da mochila...

    E eu tamén son un pouco escéptico con iso de que vas publicar todos os días, pero como eu tamén ando algo escaso de actualizacións blogueiras... ;)

    By Blogger Barnikel, at 12:54 a.m.  

Publicar un comentario

<< Home