ajaspino

30.10.08

Contrabanda cedé-ron - Miguelín o xitano

Nasceu un 6 de xaneiro, día de San Epifanio. Por iso seus pais puxéronlle Miguel.

O seu pai é un simpático sheriff de Ribadeo. A súa maior ilusión é que o neno convírtase nun policía de prestixio, pero xa nos seus primeiros anos, cando o pequeno Miguelín é incapaz de aprender doce palabras que nin sequera son elementais, sospeita que tal vez a carreira de sheriff non sexa dabondo pra o seu fillo.

Aos oito anos é ingresado no Sanatorio do Sagrado Corazón onde se exercita en permanecer absorto diante de Sor Presa durante horas, en toma-lo sol compulsivamente até adquirir tonalidades xitanas e ler sesudos libros que non entende.

Unha profunda crise metalleira obrígao a deixarse levar polas circunstancias e aparece, sen que ninguén saiba moi ben como, no mundo da música onde é baixista de Beetle Judge. Dende 1997, a BSMR convertíuse no seu segundo grupo, ademáis colaborou na Big-Band da Asociación Galega de Escolas de Música no 2000.

Así estaban as cousas e así as contabamos moc+mec no cedé-ron editado pola Contrabanda. Corría o ano 2000 un. A imaxe é un lifting que acabo de facer da imaxe que aparecía no propio cedé-ron pra non olvidar como se utilizan os pinceis.

Etiquetas: , , ,

2 Comments:

  • Boeno... escreber escreber... máis ben é un cut&paste, pero boeno. Alo menos fixen unha pequerrecha ilustración.

    Estiven a pontiño de facer unha túa, pero non teño moito material gráfico sobre ti... que se lle fai facer.

    By Blogger ajaspino, at 9:38 a.m.  

  • Pois si que se moveu ;)

    By Blogger Grankhan, at 8:36 p.m.  

Publicar un comentario

<< Home