ajaspino

17.6.08

O pouco que sei

O pouco que sei da vida está en libros que nunca lin, nas liñas que nunca escribín. O pouco que sei da vida contoumo miña nai preparándome os cola-caos e limpándome o cú e olvideino tomando copas cos amigos.

Sei que, con sorte, vou morrer unha vez. Así que procurarei non morrer máis veces polo camiño. Non hai nada pior que ir morrendo antes de morrer.

Quero ter máis proxectos que recordos, é o único xeito de seguir vivo. Quero adicarme a algo do que non queira xubilarme xamáis por moito que me miren mal. Prefiro adicarme a algo que me divirta a pesar de non chegar a fin de mes, que traballar únicamente por cartos ou por presión.

Quero amar moito e bo, incluso correndo o risco de ser correspondido. Que me esnaquicen por dentro e me vexa obrigado a recoserme co fio de calquera ilusión. Quero desexar e ser desexado. Quero recuperar o primeiro amor, que é o propio, con agarimos alleos.

Quero lanzar ao fondo do mar o arrepentimento, a culpa e a preocupación. Quero desprenderme delas pra apreciar o que teño.

Quero contar cos amigos gañados antes de cumprir os trinta, porque a partir de ahí case todo é mentira.

Quero guindar o medo. Quedarme coa sua cara, porque me está a joder unha e outra vez. Medo ao fracaso, medo ao que dirán. Medo a perder o que teño, medo a conseguilo. Medo a saber pouco da vida, medo a ter razón.

Vai por ti mamá. Saúde e pátria.

Etiquetas: , , , ,

9 Comments:

  • Bueno, meu.

    Parece que andamos un pouco baixos de moral ou é que como o que anda baixo de moral son eu, non entendo nada?

    En fin, pilarín, moi bo o gordinflas este, pero gustame mais como fondo de escritorio.

    Eu só saude, que estou feito un ácrata.

    By Blogger El Rey Artabrico, at 11:20 p.m.  

  • Moito por facer, moito por diante pero nada imposible. Cada cousa irá chegando si a persigues con tranquilidade, paciencia e serenidade. Ánimos nenoprimer pasiño , que é o da toma de conciencia, xa o deches. O resto irá chegando.

    By Blogger Bruxo, at 3:24 p.m.  

  • Joer fuji, que profundo estás tio.
    O medo... o medo... Eu si que che vou meter medo.

    By Blogger ajaspino, at 3:12 p.m.  

  • Houbo días ca miña cachola non paraba de dar voltas e voltas sen cesar pensando o mesmo ca ti.... e agora estou na India...

    Non deixes que o mundo pare de xirar.

    Un agarimo do teu amigo de antes dos trinta.

    By Blogger Iván Vázquez, at 7:44 a.m.  

  • que bonita a declaración de principios! ánimo chenchu o estas a facer xenial! dígocho eu que te coñezo ben. bicos

    By Anonymous Anónimo, at 1:41 p.m.  

  • Acabo de descubrir o teu blog,que alegria descubrirche,seria unha mentira dicirche que o hei leido todo..non...só un pouco..pero o teu amor ao noso querido Ribadeo..ao noso sangue de recio galleguismo..das nosas cousas,das nosas vivencias...dos teus vivencias énchenme de nostalxia e sobre todo de lagrimas de emigrante que sabes son da miña querida Galicia..do meu amado Ribadeo dos meus barrios da Regueira ( injustamente chamado diputación)...das miñas matanzas dos porcos con Mama Grande....Papa Pinón...Maruxiña..a túa nai Lolita..de Aurita...que morriña...que recordos inesquecibles..dos carnavales que só podiamos celebrar os nenos no Rosa-Lar...porque o dictador o prohibia...daqueles Nadais cheos de alegria dos que xa temos ausentes..pero sempre moi presentes no noso recordo....de Pepin..Josin...o tio Martinez...pero non quero perderme só na dor dean os que xa non estan...quero alegrarme dos que estamos como o teu querido primo Cesar...querido amigo do alma...sabes noto a túa ausencia ,pero a traves deste blog ..estaremos mais preto para contarnos as nosas batallas...os nosos encontros e desencuentros...pero que inmensa alegria que eu sexa algo de ti..grazas Cesar es unha persoa á que admiro e quero....

    Galicia sempre .......un abrazo ( espero que me deixes compartir de cando en vez o teu blog)..


    PD-Perdoa o meu galego escrito..pero un cabron impediume na miña infancia e mocidade aprendelo ...o teu xa sabes quen

    Por certo son BOSCO teo primo de Cartaxena

    By Anonymous Anónimo, at 8:21 p.m.  

  • xa o verás, sempre se cambia.
    Sabrás q é imposible explica-lo todo,qu ehai cousas q nunca seacaban de entender,descubrirás no q consiste ser tu mismo,aprenderás a disculpar a túa soledade.
    sentirás q é bonito vivir,aceptarás a realidade sin evasións, os teus bellos medos morrerán,intentarás entregarte en cada instante,lucharás contra recordos q entristecen,conseguirás rir sin esforzo, dominarár recordos q destruien,
    e dudarás,Sempre se duda.
    Calarás ante palabras sin sentido,
    deixaras d exexir os demais,
    mirándote a ti mesmo comprenderás.
    Soñarás con gaivotas e paiasos,
    pois sempre se soña con o mismo,
    Non esquencerás q houbo outra xente na túa vida,
    e con nostalgia pensarás no teu pasado,
    Recordarás haber estado frente o mar´
    haber falado e querido a un can,
    as tuas inquietudes volarán con o vento,
    abrirás x unha flor a tua alma d poeta,
    plantearásos problemas en silencio,
    escribirás cartas o ceo,
    quentarás o teu frio con o sol.
    Esperarás.Sempre se espera.
    É importanteesforzarte e confiar.
    Xa o verás.Otempo axuda,
    irás cumplindo anos olvidando,
    e chegarás a creer que eres feliz................

    By Anonymous Anónimo, at 3:35 a.m.  

  • o pouco q sabes é moito, pero o que non sabes é que pode ser que algúns dos teus mellores amigos ainda estén por chegar.
    Deica logo.

    By Anonymous Anónimo, at 3:53 a.m.  

  • Esto non se move!! :P

    By Blogger Grankhan, at 7:45 p.m.  

Publicar un comentario

<< Home