ajaspino

10.6.08

Furibunda Meme

Despois de case un mes de recoller a luba lanzada polo Rei Furibundo en forma de Meme, eiquí mostrarei o que levo feito, que non son máis que 4 mini-ilustracións (o de mini vai por minimalista), fáltame unha que cando a remate xa a incluirei neste post ou noutro (a saber como teña o día).

O reto consitía en poñer unha lista dos nosos cinco filmes favoritos. Da igoal a temática. A única condición é que unha delas sexa unha frikada da que a opinión xeral sexa: "vaia merda de filme". Si ao memeado lle da a gana, que explique porque lle gosta semellante cirolo. Ao que eu engadín unha dificultade: unha ilustración, un deseño, unha foto, unha fotomontaxe, un texto, etc.

Eu sinceiramente, non sei cal é a miña película favortia. É un coñazo non sabelo, de verdade. O que si me fascina pensar é que esa película está por vir. Esa secuencia de frames que un sinala como a "elexida" pra que che acompañe o resto da túa vida, dirá tanto de ti que darache vergoña compartir tal segredo.
O certo é que non o sei, pero si sei que película gostaríame ver hoxe pra logo irme durmir e soñar con ese mundo imaxinario que outro soñou en 35 mm. Ontes soñei cunha, antones con outra... tedes que ver como disfruto lembrar revivir esa situación na que o Elwood diría... pero que ao final ninguén di. Ou nese outro soño no que o capitán Ahab coller o arpón... Tamén teño un no que o teléfono convértese en cerbexa e un cabezón di: miña estrelaaaa. Ollo, tamén están os pesadelos, no que me vexo metido no pub Winchester e aos zombies lle da por armala. E por último o soño que non dou rematado, a ilustración que Jim Jarmusch me pedíría pra acompañar eses temazos de Tom Waits (coño é un soño, podo soñar o que me pete, non?).

A miña lista a cambiei unha e outra vez porque as ilustracións que facía ou pensaba que eran demasiado complexas ou ben non me daban saido. Teño que decir na miña defensa que empecei con isto nada máis recibín o aviso do Rei, pero deume por facer mini-figuriñas con fimo e ainda non me dan secado baixo o "duro" sol coruñés (teño o forno jodido).

Pois eiquí vos deixo a miña lista:
Blues Brothers, granuxas a todo ritmo, dirixida por John Landis
Unha noche na terra, dirixida por Jim Jarmusch.
Moby Dick, dirixida por John Huston.
Zombies party, dirixida por un tal Edgar Wright.
E.T., dirixida polo lacrimóxeno Steven Spielberg (esta é a frikada, claro).

Agora o rollo é pasarlle esta Meme a outros 5 "agraciados"... aunque eu, polo momento só llo paso a un. O sinto meu, pero fáltanme contactos de xente con blogs:
Coe

Así están as cousas nos filmes da miña vida, aunque seguramente ao final elixirei unha historia de amor pra transformar esa parte fría da almofada en rizosos recordos tropicais, e así as vou dibuxando eu.

Etiquetas: , , ,

7 Comments:

  • Que ilustracións mais juapísimas!

    Pilláchesme có bloj na cesta da roupa sucia. Debería metelo na lavadora se quero poñelo outra vez. Vouno deixar en remollo polo de agora (con auja quente, eh!)e a ver si...

    By Blogger McCoe, at 2:00 a.m.  

  • Y qué me dices de "Cactus Jack" todo un clásico del western con Kirk Douglas y el Gobernador de California??

    No debería ser una de las 5 elegidas???

    Tu hermanito pequeño.

    By Anonymous Anónimo, at 4:41 p.m.  

  • Rediós, alguén da pandilla por eiquí?
    Non teño moi claro quen eres co do meu irmancín pequeno, pero sospeitóo... Si, a verdade é que Cactus Jack merécese el só unha entrada soa.

    O coiote e o corre caminos nunca foron tan ven levados a gran pantalla.

    Aunque por certo, olvídaste do nome do gobernador... Juapo forasteiro.

    By Blogger ajaspino, at 9:37 p.m.  

  • Sabía que valía a pena a espera.
    Son tan "feitiños", tan ben feitiños, ainda que a miña preferida, sen dúbida é a de Moby Dick, encántame ainda que non sexa blanca..
    E debe ser porque vexo o nome de "Moby" na balea...non, verdade?

    By Blogger Aurora Cascudo Román, at 10:12 p.m.  

  • É, claro que é.
    A balea nun principio non ía ser branca branca... ía ser nun gris máis parecida ca cor de fondo que ten a balea. Pero boeno... fun tirando e tirando e mira ti onde acabou.

    Por certo, foi a primeira.

    By Blogger ajaspino, at 12:39 a.m.  

  • Te ha quedado buenisima
    me gusta mucho

    By Anonymous Anónimo, at 4:11 a.m.  

  • Caralludo o traballo. Dos mellores e máis orixináis que vin, hasta donde puden seguir o fío dos "Meme".
    Si é que cando queres...

    By Blogger Bruxo, at 4:59 p.m.  

Publicar un comentario

<< Home