ajaspino

7.2.08

Annus horribilus

Hoxe quero escribir. Non sei moi ben o que vou escribir nin até cando vou escribir. Nin sequera sei se o chegarei a publicar (isto me ocorre con moitos posts).

Teño ganas de escribir ¿ou me gostaría escribir de moitas cousas...? agora soa "Alfonsina y el mar" e non Mooondogs; pero diso exactamente non quería escreber. Quero escreber de tantas cousas que teño falado e doutras tantas que me teño calado. Das que me teño calado probabelmente me siga calando (rara vez me escoito).

Falar do que fago no traballo sempre teño ganas... Teño ganas de contar ao que me adico, ao que me gosta e me disgosta. ¿chenchu, tes vida? ¿cantas horas traballas ao día? ¿cantas horas do día adicas o teu traballo? Moitas. Demasiadas me diría Cris.

E non poder escribir, transmitir do que fago no traballo (teóricamente) fai que me sinta mal... é como cando en House meten a un no chirimbolo branco que parece un ataude... onde lle fan os TACs (sempre lles ocorre algo malo). Pois a min dame a mesma sensación cando quero falar do chollo neste blog; teño a sensación de que me vai vir unha man e tocarme no lombo... e iso é malo. Moi malo.

Ou falar da miña vida. Deste ano ruinoso persoalmente. ¿me podería ir ido pior? Pois si, por desgraza me podería ir pior. Joer, que ben estou. Pero non foi un bo ano. Empezar, empezou ben, pero rematar... estamos a febreiro e parece que nada vai rematar.
- ¿Cres nalgo despois da morte?
- Pois non - decía non sei quen pola tv - Creo que cando morra non vou ver a ninguén dos meus amigos, por iso os choro cando morren.
Cando escoitei iso decateime (outra vez) de que non creo.

Hai algúns proxectos que empezan ben e rematan moi mal (fatal). Pero logo miras cara atrás e o vivido non están tan mal, pensas. Por exemplo "Guardianes del clima". Proxecto que empezou con moitas ganas e boas ideas; xogaba cos nosos xestos, sufría as nosas frustracións. Ao final para impedir que o noso cliente non sufrira polas nosas ¿equivocacións? todos nos dixemos adeus. Na miña vida ocorren cousas parecidas, e eu sempre quedo sen palabras. Cando estaba con este tolo proxecto ocorreron na miña vida duas cousas que penso que deixarán pegada. Unha me marcará para toda a vida e outra marchará nos vindeiros meses. A finais de agosto (cando toda a carnada se me poñía diante) decidín escoitar (moi) compulsivamente un tema interpretado por Mercedes Sosa: "Alfonsina y el mar". Ainda non teño claro de que despedida fala. Pero si eu fose capaz de transmitir algo similar... ¿o faría? Penso que a nosa Rosalía si o fixo.


[...]
Te vas Alfonsina con tu soledad,

¿qué poemas nuevos fuiste a buscar?
Una voz antigua de viento y de sal
te requiebra el alma y la está llevando
y te vas hacia allá como en sueños,
dormida, Alfonsina, vestida de mar.
[...]


Logo hai outros proxectos que empezan mal (case tirando a moi mal). Non acabas de entender moi ben que papel te toca xogar. ¿Pero eu eiquí exactamente que teño que facer? Pero si eles non o teñen claro... ¿como o vou ter eu? Na miña vida ocorren cousas parecidas, e eu eiquí non me quedo sen palabras. Sempre podo dicir algo. Sempre podo facer algo.


Así están as cousas. E como di Sabina: me largo con cualquiera que se parezca a ti. Por certo, a imaxe é un boceto dun cartel moi probable que estou facendo de Javier Prado pra Moondogs Blues Party.

Etiquetas: ,

3 Comments:

  • Cando as cousas van moi mal, teñen unha ventaxa: se un se mantén 'normal', teñen abondas probabilidades de mellorar...

    By Blogger agremon, at 7:41 a.m.  

  • Sobre o medo á liberdade:

    ¿Qué pasa ó redor de min?
    ¿Qué me pasa que eu non sei?
    Teño medo dunha cousa
    que vive e que non se ve.
    Teño medo á desgracia traidora
    que ven, e que nunca se sabe ónde ven.

    Rosalía De Castro.

    By Blogger Bruxo, at 9:53 a.m.  

  • Traballar horas de máis... vénme algo á cabeza. Mellor, Chenchu, non sería cousa de poñer xa outra entrada despois desta?

    By Blogger agremon, at 8:03 a.m.  

Publicar un comentario

<< Home