ajaspino

27.5.07

Ai Mamaiña - Os tubérculos parlantes

Neste día de ereccións municipais apetéceme rescatar un artigo que escribira aló polo 2002 pra o fanzine que facíamos Rego Re# + Eu, o Ai Mamaiña.


Os tubérculos parlantes

Abundan non se crean, e de xeito especial nas hortas dos pequenos pobos. Soen ser vanidosos inxustificados. Prantas que nacen e crecen por todas partes e non só, por suposto, en Ribadeleo. En galiza sempre houbo un tubérculo na horta de Raxoi.

Ribadeleo eo eo é rica nos Tubérulos parlantes ben prantados na horta e que desempeñan funcións para defendelos intereses das demáis prantas. Pero tamén crense co dereito de botar malas herbas e non se deteñen á hora de difamar a quen sexa, empezando con esa pranta autoctóna que é o toxo. Os queren podar e prantar no seu lugar uns cálitros, que son moito máis feos pero dan máis cartos. E, cando non o conseguen, a envexa énchelles de rabia e queren desterrar aos rosais por apoiar a folga dos froitos traballadores, como as fresas vermellas, que non están dispostas a ser a ambrosía do señor Patatín e do seu axudante Patatán.

¡Ai do que, sendo habitante da horta, defrauda os desexos dos mandatarios Patatín e Patatán! Será botado ao pesebre dos cochos, insultado, calumniado e olvidado sen importar a cantidade de bos froitos que haxa dado para o ben da horta.

Así están as cousas neste día de ereccións municipais (onde espero e desexo que o Benegá millore nos concellos) e así as fun lembrando eu.

Etiquetas: , , ,

4 Comments:

  • Pois, xa ves. Na LA CORUÑA non é que mellorara, pero a lo menos ten unha posición mais determinante.
    Xa me contarás como foi en Ribabebo.
    Adiántoche que no meu povo, ainda que gañou a esquerda, o BNG meteuse un estacazo, que pra que.
    E pensar que fai dez anos o alcalde na miña aldea era dese partido...

    Por certo, non entendín moi ben toda a metáfora patatil. Xa ma aclararás as cousas diante dun café, que agora mismo ando espeso.

    By Blogger El Rey Artabrico, at 11:38 p.m.  

  • Pois en Verín prantáronse hai catro anos cunha tranxénica froito da unión de tránsfugas do PP, ex-alcaldes do PP inhabilitados, elementos do PSOE e tamén do BNG. Quitaron a mala herba que había do PP e puxeron esa transxénica, e chamáronlle "tripartita" ou "tripatatita", non me lembro ben.
    Hai que dicir que a outra mala herba era das malas, malas, desas sen escrúpulos nen tubérculos. Das que chupan toda a auga e os minerais que poden, aínda que non lle corresponda e sen mirar a quén.
    Pois ben, resulta que como a "tripatatita" non deixou bó sabor de boca, agora resulta que volveu a mala herba con maioría absoluta. Din que aínda que chupaba moito, algo quedaba no pobo, e cos transxénicos non viña nada.
    Así que parece que se cumpre iso de "xa que nos van dar polo cú, que o faga un profesional"...

    By Anonymous Anónimo, at 1:03 p.m.  

  • Pois a ver se traes máis do Ai mamaíña, que alomenos este foi bo para tomalo como patacas fritidas.

    By Blogger agremon, at 5:44 p.m.  

  • Boeno Antonio, pois falarei con Rego a ver que me di. Non creo que lle importe en absoluto, pero sempre hai que preguntar... e mira, pra ir facendo entradas cando non se me ocorra nada, ou non teña nada que contar.

    By Blogger ajaspino, at 8:50 p.m.  

Publicar un comentario

<< Home