Concerto en Ribadeo da Coral de Coté da "Rusa"
Antes de nada decir que ontes á noite tiña unha entrada ben longa, pero de proto... fiuuu, volou. ¿Cousas do Blogger? ¿cousas de R? ¿cousas miñas? A saber. De tódolos xeitos vou intentar lembrarme da maior parte do que tiña escrito.
Estes días, Coté Días de Amor e Bodka envioume unha nota pra avisarme dunha actuación da Coral Xan Mella de Baio no Festival de Habaneiras que se vai celebrar en Ribadeo o vindeiro sábado 26 de agosto no Auditorio Municipal Hernán Naval (xa tiña ganas de escreber isto) xunto coas corais Coral Polifónica do Sporting Club Casino de A Coruña (está sen nome) e a organizadora Coral Polifónica de Ribadeo. E todo isto a iso as 9 da noite.
Pois ben, a Coral Xan Mella está dirixida pola fermosísima bielorrusa Tatiana Pankrátova que tamén é a súa fundadora e muller do ribadense Coté da "Rusa" (profesor de jazz, de viños e non sei que). No 2005 gravaron un cedé no programa Outra+Outra nos estudos da Fundación Mans-Paideia subencionado pola Deputación da Coruña. Creo que o técnico de son foi Nani García. Polo que pon no seu blog e me ten contado Coté o disco foi moi ben acollido tanto en críticas como en ventas... todo o contrario lle pasou ao da Contrabanda. Se alguén precisa máis info, aparte do seu blog (tedes unha entrada directa na sección da dereita), eiquí deixo o seu mail coralxanmella@hotmail.com
Sospeito que este concerto debe significar moito pra estes dous amigos e intentarei non faltar a cita. Xa non só por eles, se non tamén pola coral de Ribadeo que está ateigada de familiares, eu non son dos Mon, pero case. Por alí verei berrar a miña mamá, miña tía, outra tía, un tío, unha curma que as veces toca o violín coa coral, a muller do meu curmán e o meu curmán Eli Gracía, que tamén é o presi desta agrupación.
Pois nada máis, así están as cousas neste blog que se me atragantou e así as vexo eu, cun cagonsandiós ou sen el.

1 Comments:
Cañas e o que faga falta. O que non pon Chenchu no seu blog, modesto que é, é que o deseño da portada do CD da Coral polifónica Xan Mella foi seu e que gustou moito.
By Anónimo, at 11:55 p.m.
Publicar un comentario
<< Home