ajaspino

21.5.06

Chove coma sempre, pero falamos diferente

Parece que chove pero non chove...
máis vale ser que parecer...
máis vale ser que parecer...
adrede o sin querer...


Máis ou menos ía así un tema dos resentidos.


E non... non parece que chove. Chove de carallo, chove dende arriba e dende as putas rodas dos coches que pasan a altura dos xemelos... choven ostias e reostias no chollo (enténdanse ostias como + traballo). Namentres traballo falo. Namentres falo, aprendo palabras novas... e logo pasa o que pasa. Que por moi jodida que sexa esta, a nosa Xeración X, seguimos a ter familia; e non, non me refiro aos SIMS, refírome ao meu papá e a miña mamá... de todala vida. Chega o sábado, como no nadal, e volta a casa.

Imaxinade o salón: Miña nai, meu pai limpando o peixe na cociña, miña avoa no sillón tapadiña até as cellas (da igoal que faga un Sol de carallo tamén dos resentidos), miñairmá pequena que viste como Micolor, meu irmán maior (o pollo) co meu afillado, namentres miña moza máis eu nos despedimos.

Pollo:
Nin, vasme rippear a peli de Sin City.
Eu:
Si, a ver se me baixo uns novos codecs e de paso a ver se atopo un plug-in pra comprimila e cargala na PDA.

Pollo:
Boeno, xa falaremos polo messenger... ¿instalaches xa a web-cam de eye-toy?
Eu:

Ainda non... non tiven tempo, a ver se me mandas o pdf a miña conta de Hotmail.
Pollo:

¿Pero che envio os drivers, non si?
Irmá pequena:

Ah, de paso a ver se me buscas no Kazaa ou no Emule a banda sonora da peli de Kill Bill.
Eu:

Gracias a diós que os programas son freeware.

Miña nai, miña avoa e meu pai mírannos como si fósemos mutantes dos X-men.
Meu pai xírase pouco a pouco; como se estivese a esperar que as antenas de radiofrecuencia brotasen das nosas cacholas. Agarra un pinto pola cola (que non faneca brava) e sentencia: "Se traballárades non íades ter tantas moderneces"


PD.: Xa sei Kun-fú
Así poderían estar as cousas... e así as contaría eu.

Esta entrada foi realizada o 6 de setembro do 2005

Etiquetas: ,