Revisar a idea
Témblame a man, estou intentando averiguar que lle ronda pola cachola a Coté Días de Amor e Vodka. Primeiro co lápiz, logo xa máis creativo cos pinceis... xa non tan creativo co ordenador... ainda con riesgo de ver o traballado dunha semana e pico tirado polo chan. Son putadiñas dos "clientes". Non é pra menos, a min me gosta cociñar carteis pra concertos. Xurden ideas, deseños; o apresentado ao final nunca vai ser o millor. O millor é o que cada membro da Coral de Baio ten na sua mente.
Tamén é preciso decir agora, que moitas veces o importante non está no que se di senon en como se di. Por iso, as veces é preferible traballar sobre un tema xa coñecido polo público ao que te dirixes e, máis que buscar algo novo que decir, é preciso innovar na forma de decir, na forma na que as ideas deben crearse pra facerse patentes. Ademáis é un bo antivirus contra a banalidade de formas gratuitas, sen ningún sentido real.
E esta reflexión acabou por acotar a búsqueda dunha idea sinxela, graficamente concisa e pragmática, que non se afastara moito da expresión esencial dunha Coral, a natureza e o colorido da voz. Tiña xa claro que para facer o cartel, dunha coral, sin caer no tópico, deberíamos expresa-lo dun xeito máis dinámico: nada dunha foto dunha coral, nada de poñer a clave de sol... iso o deixo pra algún deseñador de Ribadeo. E, ademáis, o resultado do traballo non precisaría de explicacións abstractas, tódolos compoñentes da Coral sabrán a que se refire a porposta.
No noso gremio sóese decir que dos dez productos máis vendidos poucos están ben deseñados, e nembargantes algúns presentan unhas carencias asombrosas. Pero tamén estamos acostumbrados a escoitar á xente decir maravillas sobre o deseño de logos, imaxes ou productos que colleitan grandes éxitos de mercado, pero estos son consecuencia de fortes inversión publicitarias. Por iso, creo que estou no certo, si os compoñentes da Coral de Baio acaban recoñecéndose neste cartel, o deseño cargarase das súa voces.
8 Comments:
¡Eres un artista!
By Anónimo, at 3:43 p.m.
Mand truco. Nunca tivera unha contestación tan rápida. O post está publicado ás 3:18 da tarde. Logo ainda estiven retocando un pouco o texto e ao final subín a foto. Ou sexa, remataría de poñelo sobre as e media... e xa ten unha contestación ás 3:43.
Iso está ben, aunque millor sería que o "usuario anónimo" fose ao concerto. Dous páxaros dun tiro.
By ajaspino, at 4:04 p.m.
O cartel en si (ou en Do) é novo. É unha revisión completamente nova. Certo é que as formas e colocación son case case idénticas. Pero é outra volta de torca.
E iso que non viches o que tiña feito antes...
Sobre o de Operación Trunfo tampouco vou decir nada. Están ahí porque no mercado existe ese vacio. Hai xente que precisa dese producto. Dese'arte' empaquetado e etiquetado.
Entón está ben, porque hai xente que se sinte comoda e ben con iso. Realiza a súa función. Non deixa de ser 'cultura para o pobo' en vez de 'cultirizar ao pobo'.
Sobor ao comentario da publicidade (de Goeebels , paso de comentar), fai uns anos lein un libro cruel e que era un alegato contra o consumismo. O seu primeiro párrafo deixoume enganchando. aunque o inicio é máis que prometedor cara ao final vai a menos.
Eiquí vos deixo unha perliña do libro (13,99€):
Me llamo Octave y llevo ropa APC. Soy publicista: eso es, contamino el universo. Soy el tío que os vende mierda. Que os hace soñar con esas cosas que nunca tendréis. Cielo eternamente azul, tías que nunca son feas, una felicidad perfecta, retocada con el Photoshop. Imágenes relaminadas, músicas pegadizas. Cuando, a fuerza de ahorrar, logréis comprar el coche de vuestros sueños, el que lancé en mi última campaña, yo ya habré conseguido que esté pasado de moda. Os llevo 3 tres temporadas de ventaja, y siempre me las apaño para que os sintáis frustrados. El Glamour es el país al que nunca se consigue llegar. Os drogo con novedad, y la ventaja de lo nuevo es que nunca lo es durante mucho tiempo. Siempre hay una nueva novedad para lograr que la anterior envejezca. Hacer que se os caiga la baba, ése es mi sacerdocio. En mi profesión, nadie desea vuestra felicidad, porque la gente feliz no consume.
13,99 €
Frederic Beigbeder
By ajaspino, at 10:55 a.m.
Gústame o cartel, e a colocación do texto enriba da muller verde, moito mais, por certo..a verde é a tua irmá ou a tua nai?
:-)
saúdos!
By Aurora Cascudo Román, at 11:16 a.m.
a 'verde' (que non é verde, é amarelo 'raro') é a miña nai, a outra ruliña
By ajaspino, at 6:41 p.m.
Voy a responder por una vez en mi vida en serio.
Querido amigo, me gusta el cartel. Los personajes me recuerdan en su estructura a aquel proyecto
olvidado que tienes de la plastilina.
Y ahora, quiero decir que casi identifico a los tres elementos que tiene tu cartel, excepto con una...
¿quien es la madonna de las tetas grandes?
Saludos de tu peor pesadilla.
By Anónimo, at 10:39 p.m.
non ven a conto do que se fala aquí..pero é que estiven a mirar o catálogo dos seleccionados nun concurso de carteis co lema violencia infantil...a ver qué che parecen.
saúdos rapaz!
http://www.obrasocialcajamadrid.es/Ficheros/CMA/ficheros/OSCultur_CatalogoCartel06.PDF
By Aurora Cascudo Román, at 10:01 p.m.
Juas...
"Manu dijo...
Voy a responder por una vez en mi vida en serio."
'Ta de coña...
O eso o el mundo se acaba...
O las dos cosas.
Considéreme su troll particular.
Saludos
By El Rey Artabrico, at 8:33 p.m.
Publicar un comentario
<< Home