ajaspino

1.6.07

Ai Mamaiña - Mario Olorosa lobotomizado por un erro

Mario Olorosa Ruidrobo de 18 anos de idade e non artificial de Ribadeo sufríu o pasado fin de semana unha lobotomía por un erro do Dr. P.N.Lo. Os familiares e membros da súa secta satánica (Beetle Judge) decidiron non reclamar ante a Consellería de Saúde e Pesca, por que "non apreciamos en Marito diferencia algunha no seu comportamento respeito ao anterior" según o portavoz da secta.

Nun dos seus paseos nocturno, o veciño de Ribadeo Pepe Luis de la Costa, atopou a Mario Olorosa Ruidrobo, de 18 anos e da mesma localidade, en estado catatónico no medio da rúa. Alarmado e perigoso, avisou ós servizos tanatorios, que fixeron un traslado inmediato de catro horas ao Hospedicio Comarcal do Bonito Burela.

"Xa sabía eu que isto ía ter precedentes... Coño, isto non é igoal é parecido" comentaba Pepe Luis de la Costa sen que ninguén dos alí presentes se enterasen do que quería decir.

Xa no Hospedicio de Burela, o doutor Harrison Ford Fiesta especialista na psiquiatría femenina molecular vexetal, tras facerlle varias preguntas como as que nós escollimos como do máis revelador sobre a gran atrofidade que sofría o "cerebro" de Mario Olorosa.

¿Cal é o teu hobby preferido? Exercer de Papa na miña casa.
Un señor enfermo de 185 anos pídeche que o deixes sentar na cadeira do autobús que ti ocupas ¿que fas? Dígolle que non, que así parece máis xoven e sano.
¿Que farías se de súpeto aparéceche Cristo SuperStar coas Supremes? Pídolles lume, por decires algo.
¿Soñas desperto? Si, pero ronco moi alto e desconcéntrome.
¿Que farías se en lugar do autobús de turno chega unha regata de Cambridge no seu lugar? Collería un taxi e escoitaría pola radio quen gaña a regata.
Tes que recomendar un libro, ¿por cal te decantas? Polo "Libro de Familia" porque tódolos protagonistas son coñecidos [...]

Ó non apresentar reacción a nengún tipo de estímulo, o doutor Xavier P.N.Lo decidiu someter ao enfermo a unha lobotomía.
Na sala da desesperación, secta e familiares comentaban: "Pero se non estaba enfermo nin nada... é que el é así [...]"
A familia non ten previstas accións legais contra o Hospedicio, xa que non aprecian diferencia algunha respeito ao comportamento anterior.
A única frase que os nosos reporteiros conseguiron arrincarlle ó protagonista deste suceso foi: "Es que se me fué la peonza".

Informa dende Ribadeo: Migui o xitano

Así estaban as cousas e así as contabamos moc+mec nun cinco de febreiro do 2000.

Etiquetas: , ,