ajaspino

8.11.08

Alta fidelidade I

Esta entrada é 'pra facer boca'. O de sempre, vamos. Recollo unha meme lanzada por Sole (que llo agradezo un montón) que a súa vez llo lanzou Aurora e elá chegoulle por J. Prado. Poño o percorrido enteiro por se alguén lle apete, que vaia poñendo os altofalantes, vaia abrindo unha cervexa (ou viño, ou mirinda..) e disfrute dos dez cortes elexidos por canda un deles. A cousa non é doada, pero si divertida o de andar buceando na memoria.

Verémonos en breve. Eu, intentarei facer unha montaxe de son e 10 ilustracións. A ver se non queda nunha idea como a meirande delas.


Así están as cousas neste sábado que me acercarei a ver a miña nai cantar coa coral en Cambre e así as vou contanto eu... estou canso de todo, menos da música.

Etiquetas: , ,

9 Comments:

  • Do que me comentas, ti mesmo. Non hay problema en rexurdir das cinzas para darvos unha decena de estacazos sonoros. Ay, cantas ganas teño de quedar en ridículo...jejeje.

    By Blogger El Rey Artabrico, at 5:06 p.m.  

  • Ualaaa, xa o sabes, viña a decircho por si non te decataras da tua nominación pero vexo que o plan que argallas é grande grande..10 ilustracións!! mima!!
    isto promete, e ainda mais si nominas ao home verde que volta musicalmente.
    :)
    ben ben...por aquí andarei...por certo...Lonely Traveller mola, pero encantoume PETER GUNN! esas baquetas...moi moi ben, eh?
    bicos

    By Blogger Aurora Cascudo Román, at 5:31 p.m.  

  • Semella que o blog retornou á vida, que boas novas!

    Estou agardando escoitar esos 10 temas

    By Blogger Grankhan, at 7:18 p.m.  

  • Ollo cos proxectos demasiados ambiciosos, que ao final acaban morrendo antes de empezar. Esperemos que este blog volva a vida para tempo.

    By Blogger Bruxo, at 12:14 p.m.  

  • É practicamente imposible facer unha selección... 10 temas... son tan poucos que sempre quedan cousas no tinteiro. Pero é divertido ver pon onde van os tiros.

    By Blogger Tula, at 3:20 p.m.  

  • Pois non che sei... o meu vai parecer máis tiros nunha barraca de feira e todo peido. Pero é o que hai.

    By Blogger ajaspino, at 9:05 p.m.  

  • Esto quedou parado ou?

    Dalle á roda :P

    By Blogger Grankhan, at 3:18 p.m.  

  • si, veña..ainda que sexa un adianto..
    perdoamos que non poñas as dez ilustracións..

    By Blogger Aurora Cascudo Román, at 12:51 p.m.  

  • Estamos traballando niso... o rollo é que agora quedeime enganchadísimo a Heroes, e claro... as horas que paso diante do ordenador son pra ver Heroes. Aunque ontes rematei outra. Pero non esperedes gran cousas, son trangalladas, nada nada nada especial...

    By Blogger ajaspino, at 9:20 a.m.  

Publicar un comentario

<< Home