Die Walküre III
Eiquí estamos de novo, agora no aeroporto da Coruña. O páxaro de ferro despega a iso da 13.30 e chegarei aos Madriles a iso das 14.40. Alá a esperar un par de horas. Martola neste momento estase a tomar un zume de piña e eu o meu sagrado cafeting só con extra de zucre.
O día non empezou nada mal: Mamá igoal saio na TVG. En canto cheguei había unha reporteira co seu cámara e me fixeron un par de preguntas. A ver, o mesmo saio na TeleGaita e así poderei desterrar dunha vez a Galloso.
Ao final a maleta pesou 19.35 kg. Levo de todo, incluso un condón na carteira. Xa estiven pensando o que vou facer con el. Cando chegue a un pub e estean a ponto de pechalo, botarei toda a cervexa (desas big beer) dentro do condón a modo de botixo.
Polo momento todo ben, agás que ontes non comín nin cenei e me están a temblar as mans mogollón por falla de enerxía. Preciso de cerverxa pra supermineralizarme e supervitamizarme.
Isto é todo até o momento... supoño que na T4 escriberei algo máis... aló, tirado 4 horas. Aunque tamén pode ser un bo momento pra abrir a guía sobre Berlín, non?
1 Comments:
O prometido é débeda. ¿Ves como estou a seguir as tuas andainas?
O da cervexa pra devoltar a enerxía mo tes que contar un día destes, que non o capto.
¿E podería facer usted un update cando chegue a Madrid, pra contarnos o que alí atopa?
PD: Hoxe non poño a galega nin de coña.
By El Rey Artabrico, at 12:55 p.m.
Publicar un comentario
<< Home