Die Walküre VI
A ver, a ver... por onde empezo? Había unha vez un pais moi moi lexano... coño, non! Isto foi o que lle contei ontes a unha teutona pra ver se caia, pero nada; non cren nos contos.
Ontes despois despois de beber media tarde e chegar bastante peido ao hotel durmin un par de horas. De camiño ao hotel (birra en man, moi típico eiquí entre os borrachos indíxenas) un vikingo me dixo: AbrazenFarolen!! Que cachondos!! Son xente moi amable. Se te ven perdido, como é no meu caso, paran e dan media volta pra preguntarche no seu peculiar idioma esdrúxulo que é o que queres... e claro, eu o que quero é entendelos.
Despois de durmir o peido pegueime unha ducha e sain na búsqueda de Edith, que me dixo que estaba nunha zona que se chama Kreuzberg, que é o barrio turco. Tardei como unhas duas horas en chegar... noite pechada. Eiquí as farolass non alumbran moito. En canto dan as 9.00 xa ves máis ben pouco. Pois aló ía eu, con resaca, plano en man, i-pod nas orellas, pitillo en boca e condón en carteira camiño a Kreuzberg. Ala, todo contento a buscar a alguén que na miña vida vin e que a zona esa debe ser máis grande ca Coruña. E como se Coe me chama e me di:
- Chenchu, apetéceche tomar unha cervexa?
- Claro coño, iso non se pregunta. A que hora e onde?
- Pois a iso da noite en Vigo, te parece ben?
- Ah, perfecto... curo a borracheira e saio pra ahí.
Pois sería algo así. Boeno por que tardei tanto? realmente nunha hora e pico, de onde estou eu se chegaba, pero claro eu+metro+resaca=perdida total da orientación. Pois si, aló vou ao metro. A cousa parecía sinxela pero cando non coñeces tódolos idiomas confundes os nomes cada pouco. Eiquí cambiar unha letra á hora de pronunciar é tan jodido como o castelán... por exemplo, non é o mesmo decir: A virxen é pura que decir A virxe é puta. Pois realmente quería ir cara un sitio e creo que me fun como uns dez quilómetros do lado contrario. Non pasa nada... non paguei. E iso que a máquina expendedora de tiques tiña o idioma Español.
Nota do autor: Quero aprobeitar este espazo pra pedirlle... exisir a Feijoo que en tódolos países haxa traduccións ao Galego.
Dan as 12.00 e pico da noite. Chego a non sei onde e penso pra mis adentros... joer, pero que cansado estou. Pois ala, pra o hotel de novo. Iso si, millor colle un taxi chaval. O taxista lle pisa que mete medo, nas poucas curvas que hai cantan as rodas e polo camiño o taxista repite unha e outra vez o nome da rúa onde teño o hotel pra que a pronuncie bien. Listening and repit. I'm Muzzy!!
Apuro que acabo de quedar con Edith pra tomar algo.... hmmm encántame o cheiro de napal pola mañá.
Hoxe teño pensado ir ao Pergamonmuseum... aunque se hai birras a cultura sempre pode esperar. Unha cousa é coñecer a cidade e a súa cultura e outra ben distinta vivir a cidade, non? Perder me perdo, pero ollo: Non perdo ollo do que vexo.
Así están as cousas nun luns bastante soleado no que o día promete e así as vou contando eu. Por certo Fer, moita gracia me fixo o teu comentario de regadío e secano... ainda rein un bo anaco neste bar. Bis bald nenos e nenas!
5 Comments:
Eu levo toda a fin de semana currando na XGN, a party de Santiago, pero iso non quere dicir que tivese tempo de conectarme, así que acabo de paparme catro posts dos teus de golpe. Xa sei que o médico me prohibiu este tipo de excesos, pero ti non lle fas nin caso e xa viviches algo máis ca min...
En canto enganches unha wifi decente a ver se colgas unhas fotiños, non? Ou é que estás encerrado na casa con litros e litros de cervexa e nos estás a gastar unha broma a todos?
By Barnikel, at 11:50 a.m.
A wifi chupa bataría... e se me poño a subir foticos ainda máis. Espero subir e poñer todo en orde na Coruña.
Alégrome que sigas metido neses rollos frikis. Eu ando metido nos meus rollos frikis gratronómicos... ou sexa beber e caer. é unha rutina, pero a min vaime ben.
Unha aperta Gutier... e saúdos ao noso pequeno besbello en común. Bicos a Sesé, gran rapaza, si señor.
By ajaspino, at 8:01 p.m.
Unha birra en Vigo? Agora? Collo o coche e estou alí en media hora. ¿Onde quedamos?
A verdade é que ler todos os días as túas aventuras é o mais divertido que se pode facer en Cariño estas vacacións...
By McCoe, at 9:32 p.m.
Pois espérate... ou saco o condón da carteira ou isto ten toda a pinta de seguir así.
Que prefires? Non mo digas por dios, non mo digas!!
By ajaspino, at 10:11 p.m.
Tú si que sabes fundirte en el entorno, jajajaja.
By Eva Moya, at 3:42 p.m.
Publicar un comentario
<< Home