Die Walküre VIII
Ola mundo!
Hoxe a entrada vai ser breve que ainda non me ocorreu case nada. Aunque xa teño un par de cousiñas, todo relacionado co superhotel onde estou.
Non sei se vos contei algo do hotel. Está nunha zona perdida da mano de dios. Non sae no mapa que teño. Está escondido nun bloque de edificios que tes que acceder a el por un soportal. Parte da terceira planta está dividida en habitacións bastante grandes (se son todas como a miña, claro). Pero que pasa co hotel este?
Pois primeiro que non ten cortinas opacas. Ten unha telilla que ves a través dela, ou sexa, as 7 da mañá xa me está entrando un solazo da ostia. Eu máis ou menos estoume deitando sobre as duas da mañá e me ergo da cama a iso das 10. Paso de madrugar.
E segundo, ontes durminme un pouco máis tarde, xa que a parella da habitación do lado deu un concerto "alla rústica ma non troppo". Un polvazo dunha hora e pico... cos seus allegros, algún ritardando e houbo un par de codas. O tipo pegaba uns berros tal cual matanza do porco e ela uns xemidos moi moi cortos pero mantendo un bo ritmo. Estiven a ponto de apludir, pero pensei para os meus adentros... e se fan un bis?
Ainda se fose un bis a bis, boeno.
Pois nada, acabo de almorzar un pedazo almorzo pra afrontar a camiñata de hoxe. Pasarei parte do día no Pergamonmuseum que está a escasos metros da Alexander Platz. Promete o museo. Irei pillando notas e hoxe á noite ou mañá pola mañá meterei o post. Estou rebentado da pateada de ontes e se estivese máis tempo hoxe mo tomaría de descanso e me adicaría a beber esta ambrosía que me sirven por eiquí. Pero os días esfúmanse e hai que apurar.
Bis bald nenos e nenas!
4 Comments:
Pensaches en escribir un libro?
By agremon, at 12:12 p.m.
pero que pasa que esas tan cansado que no has podido fichar a una teutona o que?? o es que estas to pedo to el dia y ya no riges??? me parto con lo de los pies butifarra, no llevas mapa o que carallo... tomate una a mi salud que yo aun no he tomado ni una desde el sabado, manda carallo en vacaciones y aun no fixen na de na ainsss.... saudiños home
EL FER
By Anónimo, at 12:24 p.m.
Fer, anónimo...
Alcohólico anónimo? Juas. (E ten o morro de dicir que ainda non fixo nada, vaia novedad, si nunca facemos nada hom, que xa se sabe que o noso non e traballo que e lecer)
Tras o parentesis co o muchacho este, decirche que estou sorprendido de que xa andes cansado. dónde se atopa o "destroyer" que coñezo?
Ánimo, agardando novas andainas tuas que, como dixo Coe, e unha das poucas cousas que se pode facer cando no saes da casa.
A envexa me corroe...
By El Rey Artabrico, at 12:45 p.m.
Escribir un libro?? eu son como Joaquín Sabina... preciso sair a rúa a buscar rock&roll... o que pasa é que eu non atopo nada e me atopo con todo.
Non teño mal sorte. Para nada. Me ocorren cousas... ou eu mesmo vou correndo cara a elas.
Fer, ti moito programas e ao final nunca das argallado nada, agás que cho organice ou Raúl ou Inés ou Marta. Anímate, e asómate a fiestra. Hai moito que ver.
Luis... hoxe teño unha moi boa!! Aunque ao final, non me violaron.
By ajaspino, at 8:03 p.m.
Publicar un comentario
<< Home