Die Walküre XII
Último post dende Berlín sobre Berlín. Xa quedan poucas horas pra que a viaxe toque o seu fin. O páxaro de ferro saeme dende Tegel ás 7.30 da mañá. Vaia madrugón que me vou meter. Non me apetece nada nin madrugar nin as tres horas que lle va chegar até Madrid. Logo, en canto chegue a Coruña, probablemente chame a Fer para ver se lle apete ir tomar unhas cerveciñas por ahí... é que estou seco, mi ma'.
Hoxe ando coxo perdido. Creo que o que parecía un esguince é un esguince de toda a vida. Así que visitei dun xeito moi por encima o Kulturforum, moi preto de Postdamer Platz. Por eiquí pasei case tódolos días cando ía de camiño cara a zona de Mitte. Kulturforum está no sur de Tiergarten e no norte de Schöneberg. É unha especie de conxunto de museos, sala de concertos e rollos de documentación ou similar (isto o sospeito pola cantidade de Petetes que vexo por eiquí).
A verdade é que me doe tanto pé, que tan só visitei a sede da Filarmónica que é unha especie de caseto en forma de tenda de campaña coas paredes laranxas. Din os entendidos que é un dos locais coa millor sonorización pra este tipo de conxunto. E se lle coñece polo sobrenome de Circus Karajani, polo mestre Karajan que foi director desta Filarmónica durante un bo carro de tempo. Din por ahí, que os seus músicos odiaban e adoraban a Karajan polo seu mal xenio e pola súa xenialidade respectivamente. O sitio? Merece a pena. E se algunha vez tocaches, ou gostas de música clásica creo que é un sitio imprescindible.
Logo metinme na Neue Nationalgalerie, que me decepcionou un pouco. O edificio é tremendo pero o contido pensei que ía estar máis co nivel do edificio. Unha mágoa, aunque mirandoó dentre outro lado saín antes e me tumbei á bartola a beber cervexa e descansar. Neste museo suponse que se exhibe pintura do século XX. Pero debe ser dos principios moi principios. Lembrame máis a unha exposición sobre o expresionismo que sobre o século XX. Non recoñecín nin o 5% exposto (aunque boeno, a iso se va aos museos, a ver cousas novas). Pra todo o demáis Google e o buscador de imaxes.
Así que como vedes, o día de hoxe moi pero que moi tranquilo. Me encantaría poder sair hoxe oustra vez pola zona de Kreuzberg, pero penso que se me meto alí non chego a Coruña até dentro de medio mes.
Que cousa absurda ocorreu hoxe? Pois a de pagar en man no hotel e conseguir descifrarlle ao xerente onde vai estar o taxi. Quedoume claro onde vai estar, pero xa non estou tan seguro de se o taxi vai estar aló as 5 da mañá ou da tarde. A conversa foi:
- I pay de hotel.
- Ja, ja... ok, yes, yeah. Now?
- Yes, now... tomorrow fly.
- You sister call me!!
- Yes. My sister is a god person!
Miña irmá chamoulles pra explicarlles ben o do taxi. Pra que non houbese malos rollos as 5 da mañá.
- Ja, ja... yes. You sister. Yes, ok.
- Yes, my sister.
- You sister call me today!!
- Yes... yu say now.
- Your sister. you sister.
Joer, que perrea lle entrou coa miña irmá Mariola.
- Que si, que si... miña irmá. How much?
- Tomorrow. Five o'clock. Taxi. Your sister call me!!
- Tomorrow.
Me sinala un almanaque no venres.
- Five o'clock.
- Danke, danke, Thanks meu!
- You sister call me. Taxi five o'clock. Berlín is guten!
Joer, pero que lle dixo miña irmá. O debeu ameazar de morte, porque non se cala.
- Ok, danke, thanks, danke, danke. Berlín is fantastic. Bis bald!
Deixo os cartos e marcho. O tipo queda no seu despacho (que é unha habitación igualiña ca miña, pero cunha mesa chea de papeis) gitando Chao, chao... arrideverchi! Redios, canto dano fixo Fellini!
Agora xa estou relaxado. Beberei unhas cantas destas rubias. Cenarei unha especie de comida china que vin hoxe polo camiño. Farei a maleta e intentar durmir todo o que poida.
Como resumen: Berlín está de puta madre. De putísima madre. Eu o pasei en grande e viñen so. Ide sos ou acompañados. Non é nada caro. É moi grande e hai moito que visitar. E se queredes festa, tamén a hai. Eu non a disfrutei moito, pero a cherei. O napal cheirase a distancia. A xente é moi moi agradable. Sensación de inseguridade nula. Moi tranquilo. Poucos picoletos, e os que hai parecen que son da reserva do vellos que son. Si sabedes algo de inglés vos ides enterar moito millor de case todo. Se controlades xa rompedes a pana (como diría Sole). Vos aconsello que collades bicicleta. Eu tódolos días pensaba pra os meus adentros: Nin, porque non colles unha bici e te deixas de historias? Se me perdo na bici o mesmo aparezo en Polonia. Probar todo o que vos poñan diante. Até o momento, todo o que me deron gustoume (e son de mal comer). Traede un bo plano. Ao meu fáltanlle mil rúas. E si podedes preparade a visita. Non sexades tan langráns coma min.
Se queredes museos o Mitte é a vosa zona. Se queredes festa eu vos recomendo Kreuzberg antes que Prenzlauer Berg. A segunda está moi pensado pra os turistas e o primeiro pra disfrutalo... Kreuzberg é moi trend. De tódolos xeitos o millor é que canda un descubra Berlín e se descubra a si mesmo en cada esquina de Berlín.
Como dixo John F. Kennedy: Eu tamén son berlinés.
Auf wiedersehen nenos e nenas!
7 Comments:
O final resulta que o vas lograr e vas voltar. Boeno, eu apostaba un 60/40 por que voltabas, ou sexa que non me trabuquei.
Pois moi divertido todo isto. A ver si repites na próxima viaxe. Eu ainda rin un rato.
Ta logo
By El Rey Artabrico, at 8:42 p.m.
Acabo de ler toda a viaxe. Parece que a aproveitaches ben, aínda que eu estaba seguro de que o terceiro día te decatarías de que colliches o avión trabucado e estabas en Jerusalén vendo alemáns estranos con tirabuzóns dando coa cachola no muro de Berlín. Son as cousas que che adoitan pasar.
Vémonos pra unhas birras e un pouco de ruido.
¿Por qué sempre Bis bald e nunca Busta manteld?
By jipijopo, at 11:12 p.m.
E ese condón, sigue ben gardadiño?
By Bruxo, at 11:19 p.m.
que trallado estas!!..gustoume moito a traduccion do dialogo co recepcionista! tes unhas reflexións......ajajajajjaja
By Sesé, at 1:43 p.m.
Bueno, como estoy en una fase un poco perezosa voy a aprovechar este post para comentar el resto.
La verdad es que lo has descrito todo de un modo divertido. Ya contarás qué le ves a las teutonas, jajajaja. O qué has querido ver y no has podido :-P
En cuanto a la cultura, desde luego es impresionante. Dan ganas de ir a echar un vistazo, aunque no sé si me aguantaría el bote de pintura para hacer cierta redecoración en ciertas partes nazis.
La verdad es que ha sido un gustazo leer que te has manejado tan bien por allí a pesar de saber lo básico. Se nota que "has respirado el aire de la ciudad". Y como sé que vas a volver, seguramente todavía lo disfrutarás más. Los primeros viajes siempre son una toma de contacto para viajes todavía mejores!
En cuanto a lo de las tetas... son iguales en todas partes del mundo :D
PD: Me encanta esa expresión de Sole.
PD2: Ya nos contarás la segunda parte del viaje... si es que vais los tres mosqueteros!
By Eva Moya, at 4:27 p.m.
Acabo de meterme outro atracón da túa viaxe, últimamente teño pouco tempo, e sigo marabillado coa túa prosa.
Agora pícame a curiosidade con Berlín, pero non sei se mola máis ir só ou acompañado, penso que son viaxes totalmente diferentes.
Ben, agora que estás de volta a ver se atopamos un rato para degustar unhas birras da terra, unha aperta!
By Barnikel, at 1:25 p.m.
Home, o de viaxar, a min se me dan a elexir prefiro ir con alguén... polo menos pagan a metade das birras. Non, o rollo de visitar sitios descoñecidos pra un está ben o rollo de poder comentar insitu as cousas sorprendentes coas que te vas atopando. Ademáis, catro ollos ben máis ca dous.
O de degustar unhas birras por min cando queiras... somentes que este mes estou pelaoooo. Nin pra birras.
By ajaspino, at 5:37 p.m.
Publicar un comentario
<< Home