Die Walküre XI
Mércores 8 de abril.
Agora estou no café onde almorzo tódolos días. E un sitio bastante grande dividido en tres zonas e con terraza. Un reservado con sillóns que sempre está baleiro. Unha zona bastante amplia con mesas baixas diante da barra e unha zona de fumadores, onde estou eu, con taburetes e mesas altas. O ambiente é moi variado (non variopinto). Parece un bar de barrio con certo estilillo, pero nada máis. Xente xove cos seus portátiles, obreiros, mariores. Bo rollete. Molaría currar eiquí.
A señora que me pon o almorzo debe ser a dona do local, pois polas tardes (cando os camareiros aparentan 28 anos) tamén anda rulando por eiquí. A xefa debe ter coma uns cicoenta e pico e consérvase de vicio. Certo é que parece que polas mañás dase unha boa man de chapa e pintura.
Hoxe vou almorzar un non sei que. Ten moi boa pinta. O estaba a comer un rapaz e lle dixen a camareira:
- This. I like this!
- The girl?
- Nein... the boy is eating!
Non me tiña fixado na girl, teño fame.
I'm Muzzy!!
Este bar está no medio de Schöneberg, case ao final de Hauptstrasse con Postdamerstrasse.
Hoxe teño pensado moverme pola zona de Charlottenburg e visitar o zoo. En Amsterdam sempre que vou visito o zoo, aunque aló lle chaman "xardín de animais", Arties. Se ides a Arties, facédeo o domingo sobre as 11.00 da mañá. Ás 12.00 dan de comer aos crocodilos.
Segundo mapa, isto ten pinta de estar a uns 4 quilómetros de onde estou (o zoo, quero decir).
Polo que se ve, este zoo é un dos máis completo do mundo ao que se refire en especies de animais. Máis de 1.400. Iso si, a entrada de zoo+acuario custa 18€; algo caro se o comparamos co resto de Berlín. Sei que nalgún sitio lein que ocupaba unha extensión de oito quilómetros cadrados. A zapateada vai ser boa.
Rematei co almorzo. Non podo con todo. Fumarei un trujilla e xa vos contarei que tal é o zoo.
Levo xa un par de horas no zoo. É inmenso e a verdade, os espazos onde están confinados os animais son moi amplos. Saquei tropecentass mil fotos. As intentarei ver co meu afillado Alberte. Agora estou sentado diante dunha rinoceronte que non para de moverse. Pena que me quede tan pouca bataría. Quero sacar algunha foto dunha igrexa que hai eiquí ao lado. A rino esta non para de moverse. É unha gozada ve-la ao trote. Está nun recinto duns 30 metros de longo por un 10 de profundidade. Xa o sei, non é a sabana, pero comparado con outros zoolóxicos isto debe ser pra ela un Meliá. Debe ser unha rinoceronte xove. Ainda non ten a "coraza" formada do todo. De maior quero ser un rinoceronte e ter os cornos ben postos.
Volvo a repetir: En Berlín todo é extenso. Este zoo é tan grande que se perdes a virxinidade non a volves atopar.
Escoito o ruxir dos leóns. Vou visitalos. Pola mañá parecía que tiña resaca, coma min, que tamén son leo.
Nota do autor: Quédome sen pilas no acuario. Pero o estanque das "sea spider" atraen aos nenos... oh, oh... spider!! Si señores, unha centola duns 5 quilos. Hmmmm que rica rica.
Agora estou nunha praza moi concurrida onde hai sinais que che avisan dos "amigos do alleo" cun gráfico moi singular: Unha man, un bolsillo dun pantalón e un candado.
A Kaiser-Wilhem-Gedächtnis-Kirche (ollo, o nome é ese) é unha igrexa que quedou destruida case totalmente polos bombardeos que sufríu Berlín no 1943. Dos seus 113 metros (altura) orixinais, unicamente consérvanse 63. O seu tellado aguxereado fai que teña unha cara afilada, de ahí que a torre sexa coñecida en Berlín polo nome de "dente oco".
Nota do autor: Unha pena o da cámara. Xusto diante miña teño duas teutonas; unha loira e outra morena. A loira cada pouco toca as suas tetas, apretándoas e subindoas e baixándoas e apartándoas. Convida a sua amiga a que lle toque tamén as tetas. Supoño que estarán a falar dalgún implante se non, non o entendo.
- A ti como che gostan máis as mulleres? Loiras ou morenas?
- Si, si, si, si, si, si...
Pensaredes que estou supersaido, pero imaxinade que estás nunha terraza e aparece Samantha Fox en shorts magreándose as tetas a un metro túa. Se me entende, non?
Sego observando sen ningún tipo de simulación o espectáculo e me pido outraa big bier. Cando xa levo aló unha media hora chega un grupo de cinco españois. Falamos algo e me uno con eles o resto do día. Van sos, pero van en grupo. Son "singles". Xuntáronse vía internet a través dunha páxina pra xente que viaxa soa. Hai un de Guadalajara, unha malagueña, unha de Barcelona, un de Palencia, un almeriense e un de Santiago de Compostela. Tócate o nabo... Hispania nunha mesa!
Imos comer todos xuntos. Falamos e falamos e rinse bastante cando lles conto a miña situación de ir só a Berlín. Son moi moi majetes. O de Palencia é un cachondo total. Lles explico o pouco que lles podo explicar sobre o que sei de Berlín. Máis ou menos un resume de todo o que levo escrito. Lles apete moito ir a Alexander Platz e subir a torre de comunicacións que hai aló. O pirulí berlinés. Non tiña nin idea que se podía subir, así que gracias a este grupete me entero e vou con eles.
Subir a torre custa 10€ por cabeza. Hai moita, moita cola, pero moi ben organizado. Ti pillas os billetes e logo nun panel ponche á hora na que podes subir. A nós ainda nos queda case unha hora e nos imos tomar unhas birrillas amarillas.
O ascensor sube a unha velocidade acojonante. O pitido nos oidos está segurado... e arriba un bar cunhas vistas de Berlín acojonante. Lles amoso onde está a Porta de Brandenburgo... a zona dos Museos, a Postdamer Platz. Ainda pasamos aló un bo rato... sacan fotos (espero podermee poñer en contacto con eles) e baixamos a tomar algo nunha terraza da praza.
Estamos todos moi cansos. Eles acaban de chegar ese mesmo día e queren marchar a descansar. Eu lles animo, pero non o suficente, pra que vaiamos a tomar birrillas amarillas por ahí. Unha pena, mo estaba a pasar pipa.
De volta ao hotel vou pillando birras cando o corpo o precisa. Ceo nunha terraciña moi cuca dun restaurante indú... non sei o que como, pero ten curry como pra parar un tren. Non sei a que hora chego ao hotel, pero chego cunha cogorza encima que non me relamo.
Hoxe, agora, sufro as consecuencias do día de ontes. Teño unha resaca demencial e teño o pé esquerdo algo jodido. Non é un esguince, pero super machacado de tanta pateada. Estoume pensando seriamente facer o Camiño de Santiago, pero dende Pekín, con dous collóns!
Así están as cousas neste último día e nestas últimas horas e así as vou contando. Bis bald nenos e nenas.
1 Comments:
Bueno, voume aforrar o dobre comentario, ou sexa que aqui resumo o da entrada X e o da XI.
Primeiro, a ver que prefires:
Leaving Berlín ou
Medo e asco en Berlín
Espero que chegues dunha peza.
Segundo:
Si pasa esto que contas "imaxinade que estás nunha terraza e aparece Samantha Fox en shorts magreándose as tetas a un metro túa." o que significa e que ti eres outra tía en shorts a que lle gusta magrearse as tetas propias e as de outra.
Cantos choraron o día que Sammy dixo ser bisexual e que ia casar coa sua manager. Había homes que de chorar parecían nenos...
By El Rey Artabrico, at 12:56 p.m.
Publicar un comentario
<< Home