No centro da cama
Levo un par de días pensando na imaxe que ía acompañar esta posible entrada. Ainda non o teño claro namentres apuro este Lucky anticrisis e moito menos o que quero escribir nin o título.
Decátome de que fai unhas semanas estou a durmir no centro da cama. Normal, pensaredes moitos. Pero para min foi unha revelación. Ainda non teño clara a revelación... é como unha desas aparicións do Cuarto Milenio que un non sabe se é deus, un alieníxena ou un canuto mal liado do Iker Jiménez.
Pois iso, que levaba coma uns 10 anos durmindo no lado esquerdo da cama. Sempre. Durmindo acompañado (cando me deixaban elxir) ou só... sempre arrimadito a beira esquerda da cama. Certo é que nestes últimos anos cando me poño a ver a tele me tiro cual morsa nun penedo, pero sempre érgome arrimadiño á beira. Ontes xusto antes de erguerme, cando comezaba abrir os ollos, mirei a esquerda... mirei a dereita e -Ostias, outra vez no centro da cama!
Nota do autor: Xa teño título.
Sospeito que vou 'superando' o de vivir só. Hmmm... dubídoo, pero creo que é un síntoma. Tampouco sei se é un bo síntoma. Son de familia numerosa. Porque carallo teño que superar o de vivir só?
Nota do autor: Xa sei con que imaxe acompañar isto.
Supoñendo que é un síntoma de que o meu inconsciente xa asimilou que Cris (ou outra calquera) non se vai deitar a miña beira e de paso fregar os cacharros a alguén lle ten ocorrido algo similar?
Arredemo coa frase, quedou longa de carallo. Paso demasiado tempo con guionistas esdrúxulos!
Pois iso: alguén lle aconteceu algo similiar? Durmides no centro? Na beira esquerda? Dereita? Espidos? Fregades os cacharros? Tedes cucarachas e lles poñedes nome?
En fins... Pra acompañar este texto recupero unha serie (tirando a curta) coa Helvetica sobre Cris... comecei a facela alá polo vrao do 2007. Algúns xogos de palabras non son tan benevolentes como que poño hoxe... estaba un pouco resentido, que lle ía facer.
"...A vida é como un cigarrillo que en catro suspiros cabe, se o fumas ansioso a pouco nada te sabe..." así están as cousas namentres escoito a Juan Perro e así as vou durmindo eu.

8 Comments:
O centro da cama
é un bo lugar
cando cho deixan ocupar.
Dereita,
esquerda,
arriba...
mellor!
Mesmo abaixo
con amor.
Pode
non importar o lugar
se o sabes ocupar.
By agremon, at 7:29 a.m.
Pois si, meu, pero mellor falámolo cunha birriña. Baixas un rato hoxe á noite?
By Barnikel, at 11:31 a.m.
Curiosas conclusiones, pero ... serán correctas???
Y no se te ocurrió pensar que es una señal divina para que abandones esas ideas extremistas que tienes y pases a ocupar un lugar en el centro ideológico de la política nacional??
O todavía más posible, que ese aumento de peso que vas sufriendo ultimamente hace que por simple física tu cuerpo vaya al centro de la cama???
Todo puede ser.
Salu2 del pollo prosaico mindónico (especie en vías de extinción)
By Anónimo, at 12:13 p.m.
Agremon: O mesmo pillo iso como letra dun tema... parece un poema.
Gutier: Non estou moi seguro de baixar hoxe, como o día siga así, malo malo.
Pollo prosaico: Dubido que sexa sinal divina... e o centro político non existe no meu entendemento, ben o sabes. Ah, e estou adelgazando (isto o poño por se hai visitas de féminas).
By ajaspino, at 12:30 p.m.
El centro no esta tan mal, casi todo lo que cae al centro es singular, lo que cae a un lado tiene su clon al otro. Quiza vuelves a ser singular.
Si adelgazas mucho, el centro estará cada vez mas lejos de ambos lados. Al contrario podria pasar si engordas, podrias incluso , llegar a caer de la cama por ambos extremos a la vez.
Cuidate.
By M.Lorenzo, at 6:59 p.m.
Después de releer el post me he dado cuenta que le faltan varios detalles:
En qué postura duermes??
Cambias de postura??
Cambias de posición a ,lo lago de la noche??
Hacia dnd está orientada la cama??
Por favor, da detalles.
By clapaucio, at 1:20 p.m.
Postura:
Boca abaixo.
Cambio de postura:
Poucas veces ao longo da noite. Pero sigo boca abaixo.
Orientación da cama:
Cara o noroeste. Tiveno que mirar no google maps... ji ji ji.
Pero ollo, eu moito contestar e ninguén conta o seu 'estado'.
By ajaspino, at 9:23 p.m.
Boa entrada Chen...
Teño que dicir, que so dende que cheguei aquí durmo nunha beiriña, e non sei a razón xa que levo durmindo so sobre 8 anos,... quero dicir, como para llegar a colle-la costume de ter que facer sitio.
Pero tamén é certo que a miña cama aquí é de case 2 metros. Cousas da India...
By Iván Vázquez, at 7:06 a.m.
Publicar un comentario
<< Home