ajaspino

11.9.09

A viaxe da Osa Maior I


Eiquí comeza o meu segundo diario de viaxe. Esta vez tócame/tócanos Amsterdam, Copenhague e Berlín coa compaña de Fer, Saúl e Raúl.

Non sei se poderei manter o ritmo de entradas da anterior viaxe. Supoño que ao ir acompañado comentarei máis as xogadas con eles en vivo que neste blog. De tódolos xeito intentarei. Irei coa miña libretita a tódolos sitios e intentarei ir apontando as visitas e demáis aventurillas.
Portátil ainda non atopei. O meu mac non ten wifi e miña irmá Gel non me pode deixar o seu nesta viaxe. Saúl está ahí, ahí que leva ou non leva o seu. Espero que o leve pra ir introducindo coma na anterior viaxe a Berlín un post diario.

Pero imos ao meollo. Como están as cousas a falta de 4 días? Como se forxou esta escapada dos 4 xinetes do Apocalipse?

Nun principio, xa fai uns cantos meses, a idea principal era facer Amsterdam e Berlín soamentes. Tanto Saúl coma min xa estivéramos nos dous sitios. Aunque penso que Saúl máis fugazmente co rollo do Inter-rail. E Raúl xa estivera en Berlín. Digamos que Amsterdam era visita obrigada pra Raúl e Fer. A Saúl non lle importaba volver e eu quería volver. Sempre quero volver a Amsterdam. A verdade é que me encantaría vivir aló. Aunque sexa intentalo... unha tempada aunque sexa.

A idea orixinal era coller un voo a Frankfurt e aló alugar unha autocaravana. As contas nos saian máis ou menos ben. Tíñamos transporte e aforrábamos os hospedaxes. Pintaba, ademáis, como unha aventura que ía dar moito que falar. Pero por diversos rollos, sobre todo onde deixar a Caravana nos sitios a visitar votounos un pouco atrás. Así que decidimos comezar a buscar aloxamento e voos.

Na boda da miña primar Patri (un bodorrio por todo o alto) o meu primo César díxome que fora a velo até Copenhague...


- Vaivos gostar. É un pais moi interesante cunha cultura diferente, unhas paixases alucinantes. A comida é moi boa e diversa... venga, animádevos!
- Non me convence moito, a verdade. Ademáis vai ser moito tute de viaxe, coller un hotel aló... mirar convinacións de vos... Non o vexo claro César.
- Ah, ademáis aló as tias entránche elas.. ti non tes que facer nada e están todas cañón. Vanse con calquera.
- Ooooh! non jodas?

Piiiii - Piiiii - Piiiii

- Fer?

- Si tio, dime.
- Avisa a Raúl e a Saúl... Nos imos tamén a Copenhague!
- A onde?
- A Copenhague tio, a Copenhague!
- E que carallo imos facer aló?
- Follar tio, follar!

Riiing - Riiing - Riiing

- Dime Fer, que parece que se cortou.

- Xa avisei a Raúl, está mirando billetes.
- Si, si, si, si, si.

E así entrou Dinamarca nas nosas vidas.

Nota: vou pagar ao caseiro e logo sego.

Hmmm... por onde ía? Ah, xa vexo. Pois unha vez incluído Copenhague na ruta, mirar avións e pensar cantos días íamos estar en cada cidade só quedaba mercar os billetes dos avións e buscar o aloxamento. Eiquí Raúl fixo virguerías. Compartíu unha aplicación no google pra ir metendo os horarios, prezos, horarios, ligazóns, etc... a verdade é que Raúl parece o máis organizado de todos nós. Porbrín, o que lle caeu encima.

Sego a pensar que imos pasar poucos días en Amsterdam e días de máis en Copenhague. Aunque tamén me gostaría que se lles faga corta a estancia a estes en Amsterdam e volver... sempre volver.

Agora o único que queda é facer a maleta e volvela encher de cousas absurdas como os condóns da sorte de Fer, que por moito que diga o meu primo, a cousa creo que vai ser a de sempre: moito aliscar e pouco pellizcar. Pero que se lle vai facer.

O kit de supervivencia é moi similiar ao anterior viaxe aunque ainda, como non, quedanme unhas cantas cousas por facer ou conseguir. Hoxe é venres e a cousa máis ou menos está así:
Levo de novo a maleta prestada de Fer.
Comecei a meter cousas e penso que ainda me queda todo por meter.
Seguirei metendo cousas absurdas: os condóns da "sorte", de Fer.
Ao final levo o portátil que Mariola lle agasallou a Mara e que Mara quería agasallar ao Pollo e que eu llo choricei a Mara no meu úlimo viaxe a Madrid.
Teño que ir ao FNAC a pillar unha tarxeta wifi e devolvela cando remate as vacacións.
Levo unha cámara guapis. Outra cortesía da miña irmá Gel.
Volvo levar cargadores de todo tipo: portátil, móbil, cámara, vibrador...

Levo a miña (por fin algo meu) guía de Berlín.
Levo a guia de Amsterdam. Outra vez miña irmá Gel sacándome as castañas.
Non teño impreso ningún billete nin horario.
Non teño nada claro os horarios de saidas.
Sei decir cervexa en holandés e en alemán.
Non sei decir cervexa en danés.
O único que sei deste pais é que téñen uns perros inmensos.
Estou un pouco preocupado polo "hotel" de Amsterdam: O cocho voador.
Ainda non sabemos onde imos durmir en Copenhague. César e a súa moza Lidia vanse ocupar diso.
O meu inglés non millorou en absoluto.
Saúl ainda me ten o mac. Espero que xa estea arranxado.
Levo poucos cartos... pero moitos números de teléfonos de xente que si ten.

Se todo pinta mal, agora metede na fórmula a Fer. Nesta viaxe pode pasar de todo... pero nada bo.

Así están as cousas e si o seguides o intentarei retrasmitir. Tot ziens mijn vrienden.

Etiquetas: , , , , ,

5 Comments:

  • Non estou seguro... teño que dicir boa viaxe? bo folle? bo voo (sin e con avión)? ...

    By Blogger agremon, at 3:46 p.m.  

  • Sigo diciendo que el título ideal y más viendo lo que hay sería: "El turismo que gran invento".

    Parecéis de una peli española de los '70.

    Buen viaje

    By Blogger clapaucio, at 4:30 p.m.  

  • Xa sabes, medio paquete de pitillos e o depósito cheo, así que dalle meu.. moita sorte

    By Blogger Fer Trombón, at 1:48 a.m.  

  • Por cierto, tengo una tarjeta PCmcia Wifi.

    Una SpeedTouch 110 (thomson).

    Si te sirve, pídemela.

    Ciao

    By Blogger clapaucio, at 11:12 a.m.  

  • encántame o título da "expedición" que pena non fagades un documental...

    ;)

    By Blogger Aurora Cascudo Román, at 11:16 p.m.  

Publicar un comentario

<< Home