ajaspino

31.8.09

Ai mamaiña - Pedro Fontaneda detido por disfrazarse no Entroido

Pedro Fontaneda (trombonista da Banda de Ribadeo) foi detido na pasada tarde por estar disfrazado de taza de váter. Despois de facerse o tolo, según fontes policiais, o detido tiña pensado evadirse da xustiza. Moitas persoas foron asexadas sin decatarse do seu disfraz, até que unha das víctimas deuse conta do que alí acontecía. A fiscalía está sopesando presentar cargos por "espabilao".

O ribadense Pedro Fontaneda foi arrestado pola policía local... localizada a pasada tarde. Atopábase na Casa do Mal de Ribadeo, que sirve como local de ensaio á Banda Sinfónica Municipal (da que Pedro Fontaneda é membro na sección de trombóns xunto a J.J. Fujimory), cando foi sorprendido no baño das nenas insólitamente disfrazado de taza de váter. Tal disfraz servíalle pra pasar desapercibido e poder asexar mentres tanto ás usuarias dos lavabos que ían e viñan, sen prestarlle maior atención, espidas perante os seus ollos.

"O tipo facíase o tolo cando o pillamos", declarou ó noso medio un axente da policía local. "Pensou que ía colar que era un mexadeiro, pero de seguido nos decatamos de que non era tal, porque ao tirar da cisterna, en lugar de soar unha cascada de auga, soaba un lastimoso ayayayaya..." tamén declarou "A policía non é tonta" e máis "o meu fillo é un xitano e estame dando o pau con iso de que se adica a tocar os baixos nos concertos" rematou o Xerif.

Perante a autoridade competente... perante a autoridade, Pedro Fontaneda alegou que non se pode deter a ninguén por disfrazarse no entroido, e citou como caso de agravio comparativo o feito de que outro membro da Banda Sinfónica: Marquitos Tumbaquedalle non fose detido polo seu disfraz de fregona. O historial de enfermidade mental do acusado remóntase tempo atrás, cando comezou a dicir iso de "O tabaco mentolado produce cáncer refrescante" máis tarde só tatexaba en francés á vez que se acompañaba cunha bandurria dicindo "¡Arañas, arañas!" dixo a súa muller Sarita Mon-Tiel caballé.

Únicamente unha das víctimas do sátiro rompeu o silencio pra dicir "A ver ho, ¿que es eso del concurso?".

Ainda non se coñece se existirá acusación particular, pero a fiscalía está sopesando presentar cargos por conducta impropia, invasión da intimidade e por "espabilao". As diferentes forzas políticas apresuráronse a califica-lo suceso de "vergoña para o noso pobo", "exemplo para o país" e "nin unha cousa nin outra, se non todo o contrario".

Informa dende Ribadeo: Barbo S.A.

Así facíamos o fato moc+mec nun 10 de marzo do 2000 e así, máis ou menos, o seguimos a facer. Por certo, a imaxe que realmente acompañaba iso era esta clic aquí.

Etiquetas: , , , ,

10 Comments:

  • jajajajajaj!
    muy buenoo!
    digno dos mellores contos de ánxel fole ou álvaro cunqueiro

    By Blogger martacuba, at 9:29 p.m.  

  • A putada é que non me lembro moi ben quen o escribiu... se Rego ou eu. Penso que eu, pola cantidade de faltas e pola escasez de comas (moi típico de min). Aunque as veces temos escrito cousas os dous xuntos.

    Ollo pra o visitante: manteño tal cual o que no seu día publicouse. Erros, negriñas, cursivas, etc.

    By Blogger ajaspino, at 9:31 p.m.  

  • jo jo jo jo jo
    que cabreo se agarrou o "susodicho"
    e que no fondo os trombonistas teñen un xenio..

    By Blogger Fer Trombón, at 10:51 p.m.  

  • e a muller do susodito

    By Blogger ajaspino, at 11:01 p.m.  

  • Que cadea sería da que tiraron os madeiros?...
    ;)

    By Blogger Barnikel, at 5:19 p.m.  

  • Este comentario foi eliminado polo autor.

    By Blogger clapaucio, at 9:49 a.m.  

  • Es curioso que siempre teníais un recuerdo cariñoso para la PP.
    (Policía Local)

    y por otro lado .... Ufffffffffffff cuanto tiempo pasó.

    Manda carallo

    PD. Post anterior borrado por faltas.

    By Blogger clapaucio, at 9:52 a.m.  

  • A todo si. A verdade é que os Ai Mamaiña xiraban sempre en torno a Banda, e logo sempre metíamos algo relacionado con Amado (o sheriff) e con Betanzso (a saber).

    Por suposto sempre tíñamos unha mención especial a Valín (o noso queridísimo concellal se Asustos Eclesiásticos).

    Pero ti chegaches a ver algún?

    Se até nos fixeran unha entrevista no xornal polas burradas que poñíamos.

    By Blogger ajaspino, at 9:55 a.m.  

  • Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    By Anonymous Anónimo, at 9:48 a.m.  

  • Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    By Anonymous Anónimo, at 7:52 p.m.  

Publicar un comentario

<< Home