ajaspino

16.9.09

A viaxe da Osa Maior III

Mércores 16 de setembro.


Sobrevivimos ao martes, e xa é moito. O día de ontes foi jodido. 12 horas seguidas de viaxe son moitas horas de viaxe. Primeiro o de madrugar que xa non é que sexa o máis agradable do mundo. Segundo as duas horas e pouco que tardou o avión, chegamos media hora antes, manda carallo na Habana. Alugar o coche e averiguar como chegar a central de Düsseldorf. Polo momento todo ía máis ou menos, sen tirar foguetes. O pasamos ben pero a cousa quedou ahí nada máis. Segundo ían as horas avanzando o ánimo decaia, os pes nos doian e os cartos esfumábanse. Pero collimos o tren. Cincoenta euracos que nos chantaron polo traxecto até Amsterdam. En segunda clase, iso si, pero co noso camareiro de vagón. As birras no trenecito chu-chú 12 euros, a viaxe 50 euros e para todo o demáis... chamar a alguén e que me faga un ingreso XA. Acepto donacións, vai en serio.

Nota: agora son as 10.00 da mañá, estou no sótano (onde se almorza) do "Cocho voador" xunto a dous xapos? que me miraban con certo estupor até que chegou Raúl e Saúl e cambiaron de mesa. Miraban asombrados a meu xicarolo... como se fose unha reliquia de principios do milenio.


Cando chegamos a Central Station, non tíñamos nin a dirección nin o teléfono do albergue onde íamos estar: Flying Pig. Sitio peculiar. Sorte que Saúl lembrábase máis ou menos por onde andaba, e no noso primer intento o atopamos, voilá.


A ver como describo isto. O rollo ven sendo como a entrada do Mini, algo que de súpeto paréceche como non moi legal. O hotel está dentro dun pub? Pois máis ou menos. Entramos por unha portela estreita na pranta baixa dun bar bastante cuco (non aberto ao público, so clientes) e amañamos os papeis nun mostrador-barra. Déronnos unhas taxetas magnéticas de entrada e dinnos a habita que é: 308, a máis afastada. Que putada!


Nota do autor: aviso, o que veño a contar agora é algo tirando a escatolóxico.


Charper 1: A Habitación.

Mi madriña... vaia pocilga. Que noxo, que cheiro... A habitación compartida con tres literas, 4 camas pra nós e duas pra duas personas que xa teñen pintas de levar uns días... podréndose. Toda a zona deles feita unha merda, zapatos, tenis, camisetas, toallas molladas (sobre moqueta), calzoncillos limpos, calzoncillos usados, calcetíns usados... moitos calcetíns usados. Pareceume ver algún calzoncillo que asemellábase máis a un envoltorio de madalena que a algo de vestir. Me entendedes, non? Unha pocilga. Apontiño estiven de chamar a miña irmá pra pedirlle asilo hixiénico.


Charper 2: A cagada.

Non vou decir quen, pero un de nós (non fun nin eu, nin...) utiliza o baño (sen ventilación) pra prantar un pino. Pois non sei o que fixo, pero con aquilo podería abonar unha leira. Vos podedes imaxinar as broncas. Me cago en to, estás pocho, etc...

Charper 3: A miña maleta.

Debaixo das camas hai como uns cestos metálicos con rodas pra deixar as maletas, roupa ou cousas de valor. Logo isto péchase cun candado ao propio somier da cama. Pois a miña maleta, a maleta que me deixou Fer non colle dentro da suposta cesta segura. A miña cara de -vanme roubar todo- durou pouco até que Raúl amañou o da contrasinal que ven incorporada na maleta.


Charper 4: Os dou ingleses.

Xa pola noite coñecín aos dous ingleses, os nosos compañeiros. Boa xente, pero cochos. Gud nait e até mañá con ventos de forza 4.


Charper 5: A alarma? o despertador?

A iso das 7 da mañá empeza a soar unha serea a un volume acojonante. Todos espertamos de vez. Todos? non, todos non... os irrreductibles ingleses nin se inmutan. Sospeito que grazas ao cerumen acumulado nas suas orellas. Pero serea, serea... tipo fábrica. Nós decimos: joer, mecagoenlaputaostia, que carallo é? Sospeitamos que é pra despertarnos en plan ao bestia. A meirande parte da xente ven a este albergue polos coffee shops que hai nos arredores, así que imaxinádeos como ten que ser o despertador de eiquí. Pero logo no almorzo con Raúl e Saúl (Fer ainda segue cos irreductibles ingleses con cerumen) estivemos falando do despertador. Pero si non fora un despertador e fose a alarma de incendios.

Charper 6: DJ Grizzly.

Chámolle así porque era unha bestia negra. Peazo tiarraca tizona pinchando a todo meter as dúas da mañá no hall-barra-mostrador-pub-albergue. Non era nada do estilo da Pelónica, pero soaba moi ben. A min gustoume. A habitación 308 estaba ao final de todo... de puta madre, non se escoita nada da DJ Grizzly.

Nota: morren duas personas e 4 galegos.


Ontes saimos algo, non moito, até preto das duas da mañá. Estivemos pola zona da Praza Dam e fumos dar unha volta polo Barrio Roxo. Fer ao principio non lle facía moita coña, pero unha vez aló, vendo o percal xa pasas un pouco de todo. Ao principio un pode sentir incomodidez, pero cando asimilas que é un negocio puro e duro xa pasas un pouco e mirar as tias como se fosen chourizos ou longanizas. Carne envasada con luces de neón.

Antes de marchar estivemos nun garito con música en directo, Casablanca. Catro birras por menos de 10 euros. Unhas tres rondas caeron. O quinteto liderado por unha trompetista borracha soaba moi ben, agás a trompetista. Pero molou. Eu facía o esforzo de imaxinarme a tipa serea e tiña pintas de tocar moi moi ben. Ademáis é moi "sensual" ver a unha trompetista de jazz peida perdida que case non se aguanta de pe.

Logo todo rematou como soen rematar as cousas en Amsterdam a estas horas... pitillido da risa e pra cama.

Así están as cousas nun mércores despexado en Amsterdam pero con algo de frío e así as vou contando eu dende o estudio de Mariola. Tot ziens mijn vrienden.

Etiquetas: , , , , ,

3 Comments:

  • Que divertido parece esa viaxe.

    Por certo... ¿Onde cres que poden estar as galletas e as carátulas que se fixeron para o proxecto "A Navegar 10"?

    No teu PC? En que carpeta? ¿Tes polo menos un jpg???

    Disfruta da viaxe.

    :-P

    By Blogger McCoe, at 6:09 p.m.  

  • Joer... me deixaches esta mensaxe por tódolos lados. Eu non fixen esas carátulas. Creo que as fixeras ti.

    Se é a publicidade están na carpeta publicidade ou comunicación (non me lembro).

    Nota: Non eran ingleses, eran australianos. Que ninguén se sinta ofendido polo meu erro.

    By Blogger ajaspino, at 6:27 p.m.  

  • Perdínme o diario de Berlin..pero este está macanudo.
    (repito:unha pena que non levedes unha camariña de video)

    By Blogger Aurora Cascudo Román, at 8:30 p.m.  

Publicar un comentario

<< Home