ajaspino

18.9.09

A viaxe da Osa Maior IV

Xoves 17 de setembro


Eiquí estamos, en Schipol, esperando a saída do avión. Parece que se vai retrasar sobre uns 20 minutos. A ver que pasa. Xa me jode, que o meu primo César está aló esperando por nós e chegaremos máis tarde das 11. Mañá direi.


Os ingleses de ontes, que son asutralianos, marcharon e tivemos dous compis novos: un rapaz xove, duns vinte poucos anos e un ninja.  Estes máis ordenaditos e silenciosos... os guarros desta volta seguro que éramos nós; aunque teño que decir que o tíñamos todo moi limpiño e ben recollido. O ninja? pois era un xapo que se ergueu a iso das 9.00 da mañá, duchouse, vestiuse, recolleu todo o seu e marchou sen facer unha pizquiña de ruido. Nada, nadiña. 


A iso das 10.30 tíñamos que deixar o "cocho voador" e levarnos as maletas até o estudio da miña irmá pra recollelasa pola tarde. Logo un paseiño pola zona norte de Jordam e Raúl, Saúl e Fer tiñan que devolver as súas bicis. Eu por sorte non tiiven que alugar ningunha e me manexei estes días coa de Mariola e coa de Caspar (case sen freos, coa roda dianteira torcida, sen luz e sen candado dianteiro). Despois de devolver as bicis volvimos a mesma zona, xa polo centro de Jordam a pe. Ver algunhas tendas, tomar algún cafetiño, etc... como o rollo se me estaba a facer moi pesado e tirando a aburrido decidín marchar eu pola miña conta e así aprobeitaba pra ir visitar a Silvia e Mirella. Ao final non puido ser.


Xusto cando ía en dirección a casa dela, miña irmá chamoume pra ver se podía achegar e mirar uns rollos con ela. E aló fun deixando algo "colgadas" ás Palop.


E pouco máis. Hoxe o día foi do máis tranquiliño. Estes o pasaron ben no paseo e cando quedamos xa era para recoller as maletas e vir até eiquí con Caspar.


Así están as cousas sen ter moi claro a que hora imos embarcar e moito menos chegar. Tot ziens mijn vrienden.

Etiquetas: , , , ,

1 Comments:

  • Levo dous días rimdome,es o leite...cesar..jajajaja

    PD. SON O teu PRIMO BOSCO

    By Anonymous Anónimo, at 12:15 p.m.  

Publicar un comentario

<< Home