ajaspino

18.9.09

A viaxe da Osa Maior VI

Venres 18 de setembro

Vou comezar: estoume metendo un peazo almorzo que sus vais a cagar nun hotelazo de cinco estrelas. Café, zume de laranxa, ovos revoltos, queixo tipo gouda, azul... varias clases de pan, 3 mini salchichas e un bo carrao de bacon... isto é o que levo comido e cando remate con isto comezarei pola fruta e bollería variada. Encho o bandullo e logo sego que isto promete.

Bosco, xa estou en Copenhague!!

Isto era o que tiña escrito na libretiña, agora vou improvisar un pouco a toda ostia que teño ganas de baixar e meterme na sauna.

Ontes cando chegamos pillamos un taxi cara o hotel onde curra César. Unhas 234 coronas, que veñen sendo, hmmm... pois iso, veñen sendo coronas. Chegamos a o peazo hotel e fumos directos a recepción e dígolle ao tipo co meu peculiar inglés:
- I am César David Martínez (nota: meu primo chámase igoal ca min)
- Yes
- I have a room
- Are you sure?
- Hmmm, I belive
- Are you sure that this is your hotel?

Claro que o tipo dubidase, un hotel de 5 estrelas e nós cunhas pintas de gichos increibles. Saúl e eu un pouco máis ca Fer e Raúl. Niso miro pra unha barra que hai nunha zona a man dereita e xa vexo a Lidia e a César currando.
- Sorry, one moment.

Tiro cara aló e todo aclarado. Non era o noso o hotel e non tíñamos ningunha reserva feita.

Lidia e César curran de barmans de coctails nun hotel de carallo e despois de facer as presentacións iniciais invitáronnos a unhas rondas de combinados varios... que si ron, whisky, mojitos, cervexas... de pinga. Nós aló coas maletas tiradas no hall do hotel e tomandonos uns cacharros da ostia polo papo. Xa nos decatamos que a nosa estancia en Copenhague ía ser millor do que supoñíamos. 

Hoxe erguernos cediño pra aprobeitar o almorzo incluído (comentado ao principio) e logo unha visita en bici por Copenhague guiados por César. Explicounos todo, todo, todo. Fixo unha ruta pra ver o máis interesante e pra que nos fixeramos unha idea do que poderíamos ver nestes dous días que quedan.

Mañá contarei máis detallado todo, os sitios e as tias. Agora a descansar algo que quedamos pra logo sair de coctalis por garitos que controla César. 

Así están as cousas nun día moi soleado no que nos metimos unha ruta de varios quilómetros e así as vou contando eu co cú destrozado polo sillín da bici. Tot ziens mijn vrienden.

Etiquetas: , , , ,

2 Comments:

  • joé..sin fotos de Copenhague...sin fotos dos cocktails...sin fotos de cús destrozados polo sillín...nada de fotos??
    nada de nada?

    :(

    By Blogger Aurora Cascudo Román, at 11:52 a.m.  

  • Xa vexo que non fan falla moitos cartos para pasalo ven (pero este Nadal xa sabemos a quen lle vai tocar a lotaría).
    Disfrutade da viaxe e unha aperta para o, taménm meu primo César.
    Coté

    By Anonymous Anónimo, at 7:25 p.m.  

Publicar un comentario

<< Home