ajaspino

18.9.09

A viaxe da Osa Maior V

Xoves 17 de setembro

Hoxe, como escribín antes, foi un día moi tranquilo. Tanto viaxe sen descansar, tan pouco tempo en cada sitio e sair tooooodo o que se poida para aproveitar o tempo estanos a pasar factura.

Agora estou no avión camiño a Copenhague. Por suposto no aeroporto non tiña WIFI de papo... non vaia ser!! Pois iso, no avión. Na miña dereita teño unha loira de bo ver. Hai outra moito millor uns asentos máis adiante, pero a min tocoume esta. Non é que sexa a bombaa pero é moi curriña e ten ben feitiños as suas... e claro, ter o pelo loiro como a Estrela Galicia sempre é unha novidade.

Na miña esquerda está Saúl. Saúl é... hmmm... Na miñaa esquerda está Saúl.

Estes tres están a durmir como dios. Bendita sorte que teñen estes cabróns. Pero o bo de Fer deixoume o i-Pod e ten unha selección de Radio Futura. De puta madre. Precisaba escoitar algo de música. Agora está soando o "Xardín botánico" e estame dando unhas ganas de cantar a todo trapo, pero teño medo. Medo de despertar a estes e que Fer me pida de volta o i-Pod.

Pero o bo é que esta música anímame mogollón. A ver se chego con forzas a Copenhague e me da por sair ao meu e pasalo ben. O único que me preocupa é que o rumor de que Copenhague é moi caro sexa cruelmente real e faga temblar o pouco de presuposto que me queda.

Nota: alguén quere facerme algún tipo de ingreso a fondo perdido?

Así están as cousas neste avión coa calefacción a tope escoitando Radio Futura a todo meter e así as fun contando eu. Tot ziens mijn vrienden.

Etiquetas: , , , ,

1 Comments:

  • eu ingresabache pero o blusmobil non me entra pola porta do banco, e deses papeliños de cores, haberlos, hailos pero eu non vexo moitos
    pasao ben, cabroncete

    By Blogger Fer Trombón, at 8:41 p.m.  

Publicar un comentario

<< Home