ajaspino

17.11.09

Fw: por si che serve de consuelo‏

Creo que sempre érgome de bo humor. É moi difícil que salte da cama de mal humor. Moi moi difícil. Se estou de mal humor espero. Miña nai ensinoume moitas cousas e creo que quedei co seu bo humor... para que perdelo?. Teño a sensación que os primeiros minutos do día van decidir como me debo comportar no resto do día, así que teño asumido que me teño que erguer de bo humor. Dende fai moitos anos sigo a mesma rutina. Se me levanto co ojete do cú torcido poño a canción de Serrat "Hoy puede ser un gran día". Mano de santo, todo solucionado.

Hoxe e a semana pasada pudo ser un gran día. Pese a todo (pesie a todo deseñamos, dirían Les Luthiers).

As 7.15 erguome mal. Case sempre doume coa deda meñique nunha das esquinas da cama... case sempre. Joer, non aprendo. Desnúdome e vou correndo pra a ducha que fai un frío de carallo e logo sécome co secador. Na ducha paso minutos e minutos debaixo da auga fervendo. Intento que caiga xusto perpendicular no centro da cachola pra non escoitar nada. Pero nada. Tan so o rumor do auga discurrindo polo meu pelo, polas miñas 'forellas', polo meu nariz, polos meus ollos. Dame a sensación que o pelo crece, crece e crece... e pesa e pesa e peeeeesa. Así olvido todo e tamén a dor do pe. Así fago que o día empece con bo humor. Ah, si, sécome co secador... manías raras que ten un.


Case sempre chego xustiño e non vai ser por almorzar, non almorzo. Nunca. O café góstame de bar e a poder ser con cheiro de xornal quente, coas páxinas pares pegadas as impares... cantas máis páxinas pegadas millor. Iso significa que son o primeiro en desvirxinar ese xornal.

Por desgraza o coche que me leva fala de traballo. Antes ía noutro, nun Opel, e sempre protestaba porque a B.S.O. sempre era Metallica. Nunca debín protestar por aquilo.


Agora xa cheguei ao traballo. Fai anos gritaba: "bon giorno per tutti per la matina". Agora so saúdo a uns cantos e case os contos cos dedos da man dun afiador manco afgano con moi mala sorte. O saúdo italiano creo que o fago tal cual dende o 97 cando estudiaba en Ourense. Que tempos!

- Lapsus de 10 horas mínimo -Non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo, non podo falar de traballo - Lapsus de 10 horas mínimo -

Chega unha hora na que empezo a estar tranquilo. Isto pode ser que ocurra as 17.00 ou as 21.00 h. a verdade é que nunca son moi consciente da hora que é. Todo depende de Ezequiel. Miro cara as cinco da tarde (como dirían os pilotos de combate) e se vexo a Eze todo está ben... todo está ben ou demasiado mal, pero ainda así estar traballando ao carón del significa algo: o que sexa vai sair cara adiante. Se a cousa pinta mal non é Eze só... é Eze e todo o batallón completo. El conseguíu equipo. Está claro que eu non. Culpa miña me dixeron uns. Deixáronche só díxome un do batallón (este non conta que é amigo meu).

Volvemos pra casa. Por Alfonso Molina case non hai coches... e se os hai teñen sereas, incluso cadáveres dentro. É tarde... algunhas veces até escoitamos o programa "Hablar por hablar". Hai xente que está pior ca nós. Chove na Habana.


Eze deixame a poucos metros do portal da miña casa... e pase o que pasase sempre lle digo o mesmo: mañá máis e millor.

Chego ao quinto con ascensor. Non teño pan. Non teño iogures. Non teño zumo. Non teño pasta. Non teño embutidos. Non teño conservas. Non teño nada de nada. De feito non teño nin sono. Esoulle a dar voltas a unha carallada que xusto me dixo Eze antes de sair, antes do meu último bostezo dentro da ofi. Estoulle dando voltas e até o momento non lle vexo solución.


Voume deitar que xa é tarde pero namentres penso: algún día, algún día que teña vida enviareilles un mail aos meus irmáns.

Así están as cousas e namentres escribo isto chamo por teléfono e alguén contesta cun sms: agora vou pra cama. mañá te chamo. bicos. Eu, coma o Míster, tamén vou canso de todo menos da música (xa teño epitafio).

Etiquetas: ,

9 Comments:

  • Chenchu, ánimo: a vida é para vivila.

    By Blogger agremon, at 7:32 a.m.  

  • ... depois mórrese. Pero despois, non ten por que ir morrendo un cada día.

    By Blogger agremon, at 7:33 a.m.  

  • Animo, ho.... non serei eu a millor persona para dicircho nestes dias pero que tal unhas cañas? deixoche falar de traballo todo o que queiras total cando me encho non lembro nada..
    ;)
    tes moita sorte de durmirte cun mensaxe... aproveitao

    By Blogger Fer Trombón, at 12:27 p.m.  

  • cando seña grande kero ter un fillo igualiño ca ti, enseñareille a cazar grilos, pintarei casas e páxaros con él, xq é o .unico q sei pintar, contareille contos dun cabalo q vola e no q él vai repartindo xoguetes,rascareille a cabeza ata q se kede dormido e votarei-no de falta cuando se vaia da casa

    By Anonymous Anónimo, at 9:34 p.m.  

  • pois eu cando sexa maior quero ter una irmán coma ti, que me faga rir, que se meta conmigo,que teña moito pelo, e barrigola ( pra me poder meter con él), que non cale cando esté bébedo , que salga de viños e sempre se anime, que o chame e sempre sonría e que escriba cousas tan lindas coma as que teño lido eiqui. Que me debuxe pequena e "teutona" e con pelo, claro..que cruz!!!. Que pense que teño mala leite e me faga de rabiar, que se crea que me enfado jijijijijijiji...pero que gracia me fai...jijijijijiji

    Bicos

    By Anonymous Anónimo, at 1:06 p.m.  

  • hola césar, soy tu hermana, la de madrid, que digo yo, que xq no te vienes con tus sobrinos y nos vamos a ver "BEN 10 alien swarm", que uxio no puede venir sólo en el avión que es pequeño. Es el 21 de noviembre..chicoooooooo

    By Anonymous Anónimo, at 1:11 p.m.  

  • Déixate de hostias e colle o teléfono! Din que ata podes fumar un pitillo mentres falas...
    ;)

    By Blogger Barnikel, at 12:16 p.m.  

  • Non sei se ese post era un S.O.S. pero macho se aínda non te pillaches uns días de vacacións (ou mellor semanas ou meses... ou poida que uns anos) deberías pillalos xa porque sentíndose así o que ven a continuación é montar nun cabalo enorme e rematar baixo terra e penso que non é moi boa cousa. Ánimo home!
    HOME=CASA

    By Blogger Grankhan, at 3:58 a.m.  

  • A vida é o que pasa namentres ti andas facendo plans (John Lennon [DEP])

    A vida é unha tómbola (Reimundo [DEP])

    Life is life (OPUS [DEI])

    ¿Por que todos os que falan da vida están mortos?

    By Blogger jipijopo, at 1:25 a.m.  

Publicar un comentario

<< Home