ajaspino

22.9.09

A viaxe da Osa Maior VIII

Martes 22 de setembro

Tenho isto un pouco abandonado. Normal, coa perda do mac non me animaba moito a escribir. Pero intentarei facer un resume rapido dos dous ultimos dias.

Final do sabado
Despois de sair do pub "La fontaine" marchei pra o pub "Saline" no que tinhan unha jamsession. De ahi, preto das doce da noite intentei chegar aomeu hotel cun peido descomunal e me atopo sen buscalo co hotel de Cesar. Probo sorte e alo estaba currando. Atiborrame de augas e comida pra que se me pase o peido. Saimos e quedamos con estes tres pra ir por unha zona de coctails. Tremendos garitos, pero sen decatarme volvo a beber e marcho pra casa preto das 4.00 da manha. Non sei como chego.Eiqui, nesta noite, Fer ten moito que contar.

Domingo
O tomamos relaxado, paseos por parques, tumbarnos por ahi polos parques e aprobeitar o dia e facer tempo pra coller oavion. Ainda asi rimonos comentando o de Fer.

Pola noite, xa en Berlin, no bus do aeroporto perdo (esquezo,mais ben) a mochila co portatil, guias de Amsterdam (o sinto Gel) e de Berlin.Un DVD que merquei dun tipo moi gracioso que atopamos en Copenhague, o cargador do mobil, planos, etc... e por suposto o portatil. A dia de hoxe ainda non tenho contestacion de obxetos perdidos.

O albergue onde estamos, hotel Circus, e unha gozada. Un albergue novo,moderno e de xente de todo tipo: maiores, pequenos, familias, turistas solitiarios, excursions, familias e pandillas. Nos estamos nunha habitacion de 7 camas. Sempre chea a nosa habitacion. Compartimos banhos cunhas 10 habitacions mais pero a limpeya e total. Absolutamente toooodo limpo. Nada de ruido... en fins, unha gozada.

Quedade con isto se ides en plan barato a Berlin:
Hotel Circus
15€ noite
Aduas paradas en metro de Alexander Platz
Almorzo 5€ (cafe+buffe)
1€ media hora de internet
Alugan eles mesmos bicis
Por 5 € gravanche un DVD das fotos da camara
En fins, de pinga. Logo no sotano un bar moi cuco. O amebente me encanta. Como todo Berlin.

Luns
De entrada tinhamos pensado tomalo un pouco de relax. Durmir ate tarde e dar como moito unha voltinha por Alexander Pltz. Pero non foi asi.

Decidimos ir ate a Porta de Branderbrgo, Reichstag e baixar ate Postdamer Pltz. facendo unha boa parada e intento de visitar o monumento aos mortos xudeosna guerra (o bosque de monolitos que xa comentara na minha viaxe anterior). De Postdamer ao checkpoint Charlie que na viaxe anterior non visitara e que tampouco recomendo moito. Un puto circo no medio da rua.

Dende alo decidimos tirar cara a unha zona menos turistuca para xantar e fumos cara a Kreuzberg. Kreuzberg e unha zona moi tranquilacon pequenos parques (seos comparamos coas zonas axardinadas do Mitte, Postdam ou Friedrichshain). Catro hot-dogs e catro birras de medio litro: 11€ e pouco.

E dende Oranienstrasse fumos percorrendo a guia do muro de Berlin ate Stralauer Platz. O que seguimos realmente son adoquins. Realmente non hai muro, senon que percorrimos unha marca que sinalaba onde esta o muro. E asi comparar (non moi claramente) a cara oriental coa occidental.

Mais ou menos en Rummelsburger Platz, a poucos metros de onde se atopa o tramo mais longo do muro en pe, atopamos unha zona okupa,o Yaam, ao pe do rio Spree. Moi moi traqui,algo caro (comparado co resto) pero moi tranqui, bo rollete e rematamos a tarde ahi tirados e fumando deses pitillos. Dende ahi fun buscar a Santi (antigo companheiro da Banda) e xunto con el fumos cear a un Thailandes tirao de prezo preto do noso hotel. Cinco pratos riquisimos de polo con arroz,8 cervexas de medio litro e 1 refresco saiu, se malnon me lembro,por uns 30 e pico euros.Comparado con Copenhague todo un chollo.

Eiqui Santi comentounos a posibilidade de achegarnos ate o garito de jazz ou probar coa opera que custa uns 15€.

Nota:
Cando collimos o tren para ir caminho a Porta de Branderburgo o tren foise en direccion contraria. Baixamos e collimos o contrario montandonos noutro tren. Volvemos montar noutro e volvemos ir a onde antes. Volvemos baixar e coller outro. Cambiamos de anden,de via, de tooodo... e volvemos acabar no mesmo sitio outra vez mais. Custounos o noso, pero ao sexto intento conseguimos ir na direccion que queriamos.

Agora, sobre hoxe martes, como me apetecia andar aao meu rolloe pararme e ver o que me petedecidin ir sair eu so. Fer, Raule Saul quedaban nunha lavanderia facendo a colada.

A Ferlle apetecia ir a illa dos museos (en Mitte) e como na semana St. xa mos zampara todos preferin ir mais ou menos pola mesma zona pero a sitios que me quedaban por visitar e adiquei o que quedaba de manha ate as catro da tarde a visitar a Catedral de Berlin. O edificio molongo que hai na entrada do Altes Museum e que na anterior viaxe non tinha moi claro o que era.

A entrada normal creo que eran uns 3€,pero eu collin a audio guia e saiu por 8€. Merece a pena se vas ter tempo, se non aconsello a de 3€ e via.

A catedral de caracter renacentista foi construida baixo o emperador Guillermo II e data do 1750 aunque en 1975 comezou a reconstruccion debido aos bombardeos do 44. De entrada parece bastante pequena (pode que non chegue nin a un tercio da de Santiago) pero logo entre salas,criptas e terraza e longa de carallo.

A min dame o rollo de moi presuntuoso (esperabame algo mais austero por ser unha igrexa protestane) con tanto marmore vermello e negro e tanta voluta dourada pero a verdade e que e acojonante. a sala do altar, coas suas vidrieras duns 10 mettros de alto e o organo de 1904 con 7.269 tubos (113) rexistros) volven corrovorar do que penso de Berlin: GRANDE. Non se andan con mariconadas, todo hai que decilo.

Nota: subin a cupula (uns 50 metros - 267 escalons) e acojoneime. Eu tenho mogollon de vertigo e o pasei tirando a mal e estiven arriba pouco tempo, pero se ides a catedral, subide.

Ademais na catedral tes acceso a cripta ou ao mausoleo dos Hohenzollen onde hai unha cantidade (suponho que uns 40-50) de feretros e sarcofagos dos seculos XVI-XX. 400 anos de mortos da dinastia prusiana. A verdade e que da a sensacion dun plato dunha peli de Dracula e que en breve vanse abrir as tapas e sair penha parecida a Michael Jackson.

Agora deben ser preto das 5.00h. Non o sei que jodin o mobil. Como perdin o cargador intentei cargar a bataria co cargador da bataria do mobil da camara e dame que jodin a bataria. Estou
baixo unha sombrilla protexendome do solete na terraza do Pergamoum musseum. Esperaba ver a estes por eiqui pero vai ser que non.

Agora irei buscar o palacio da opera e mirar de mercar unha entrada. Seguirei mais adiante.

Pois a verdade e que o palacio da opera esta en Under Der liden,xusto en frente dunha universidade. Moi cerquinha dos museos doMitte. Pero a entrada valia 56 €, ou sexa, totalmente fora do meu presuposto. Dende ali volvin sobre os meus pasos ate Alexander Pltz. pra ir ao hotel e cargar a camara que a tinha seca e polo caminho atopeime a este grupo moi molongo.

Nota: nos xardins de Alex. Pltz. habia unha manifa bastante concurrida. Decidin meterme no meollo a ver que tal. Chea de berlinesas a manifa. Moitas berlinesas. Creo que demasiadas berlinesas. Hmmm....pero si todo son tias. Dame algo que estou nunha manifa feminista e a minha cara de saido eiqui non pinta moi ben. Millor ponher pes en polvorosa.

Creo que agora son preto das 10.00h. Estes quedan durmindo no hotel e eu fixen unha paradinha tecnica nun restaurante brasileiro,en honor a Flavio e voume zampar un "frango ao passarinho"... que digo eu que e "polo ao paxarinho"? pero si o polo xa e un paxarinho!! que raros son estes brasileiros. O garito chamase "Botequim Carioca" e ten un ambente moi familiar e penso que o 100% dos comensais son alemans.

Despois de comerme o polo ao allo (era iso) cheguei a Zosch, Bar raro. Realmente fan jamsession. A ver, na meirande parte dos sitios de jams os que tocan son vellos conhecidos. Eiqui notase que non. Por que? preguntanse, presentanse... falan un anaco. Amosan pequenas partituras e logo tocan.

Atopar o sitio custoume o meu pero perdinmetanto que atopei rollos que a estes lles ia gostar e moito.

O sitio, esteticamente falando, lembrame a "The cavern" de Liverpool. Cando entrei no bar aquelo non parecia o esperado. O tipico bar desta zona con terracita pero nuns minutos empecei a escoitar o saxo e comecei a baixar unhas escaleiras en direccion ao servicio e atopeime con esta caverna. Ah! gratis e,pero pidenche a voluntade candobaixas. Ese pode fumar... tabaco!! e tenhen un futbolin!!

Asi estan as cousas neste martes... e ainda queda. Tot ziens mij vrienden.

Etiquetas: , , , ,

7 Comments:

  • No me puedo creer que perdieras el portatil.
    De verdad, eres de lo que no hay, el colmo de la irresponsabilidad.

    By Blogger clapaucio, at 10:27 p.m.  

  • Pero en qué estás pensando??? vale que hayas hecho feliz a otra persona, pero es demasiado.
    Por cierto, qué mochila perdiste???

    jodeeeeeeeer

    By Blogger clapaucio, at 10:31 p.m.  

  • Aprovecha para mirarte un eee de Asus de 9".
    Es lo ideal para tus viajes y puedes llevarlo en una mochilita.
    Lo siento. Pero ya sabes: lo que fácil viene, fácil se va.
    Salu2

    By Blogger clapaucio, at 10:55 p.m.  

  • gracias pollo polo teu apoio...
    a mochila? hmmm...millor non cho digo.

    By Blogger ajaspino, at 6:38 p.m.  

  • No me extraña que tengamos crisis en este país, nos estafan en los precios. Madrid es todo el doble de caro por lo menos

    By Blogger Joserra Mosteiro, at 8:08 p.m.  

  • Si quieres tengo un LG L990 liberado.
    Dame un toque y ya te lo paso (te lo doy, te lo regalo, te lo cedo, ...).
    Vas el fin de semana a comer casa???
    Salu2 de tu hermano.

    By Anonymous Anónimo, at 10:10 p.m.  

  • o sabado chego a santiago ao mediodia, igaol quedo alo,en casa de el,ou igaol xa marcho pra a corunha.pero creo que o mobil o podo arranxar.tenho un igoal na casa e creo que ten a bataria ben.

    By Blogger ajaspino, at 8:59 p.m.  

Publicar un comentario

<< Home