ajaspino

1.11.09

Miña nai é unha astróloga africana

Fai meses, xa fai un bo carrao deles cando empezou isto da crise, atopei na rúa un papeliño de publicidade dun astrólogo africano. O collín pra ter algo que ler namentres baixaba cara a estación de autobuses. Empecei a lelo moi desinteresadamente. Pero moito, moito... O primeiro párrafo resultábame algo familiar e volvín a lelo. Pero... a quen me lembre este párrafo? Nada, non caía, pero facía un xesto como o de botar a cabeza cara atrás como se algo común che resultase coñecido... familiar. Joer se me soaba a algo familiar: era unha descripción da miña nai. Así que decidín gardar o papeliño no peto da cazadora, sabía que tarde ou cedo o ía a utilizar e publicalo eiquí.

Vou transcribir o que no papel sae, e os que coñecen a miña nai a verán tal cual reflexada. E se non a ven, verán a súa, ou a súa avoa ou quen sabe... igoal até o seu antigo director de banda. Por suposto non vou poñer o nome do astrólogo nin o teléfono.

Profesora Lolita de Pinón · Astróloga africana
Con coñecemento científico e poderes, axuda a resolver problemas difíciles ou graves en 5 días, con eficacía e garantía (cun par de ostias ben dadas todo arranxado en 5 minutos). Especialista en tódolos problemas tales como: amor, negocios, saúde, fracasos, depresión, xustiza, envexa, protección instantánea e impotencia sexual (boeno, boeno... todo non), visible contra o mal vicios de drogas, alcohol (isto nunca conseguíu arranxalo), tabaco, mal de ollo, etc... Le a sorte, ofrece previsións da vida (lémbrome cando me decía: vas caer).
Se quere ter unha nova vida con seguridade e poñendo fin a todo o que lle preocupa contacte coa PROFESORA LOLITA DE PINÓN. Tódolos casos mencioados anteriormente. Chamexa ao número que pode trocar a súa vida. 982 000 000.

Nota sobre a ilsutración: miña nai ten pegado no espello da súa habitación unha ilustración moi similar a esta. Esa si que é a miña nai.

Así están as cousas neste día gris e así as vou contando eu coa axuda da miña nai (sempre con ela).

Etiquetas: ,

10 Comments:

  • Ay! las madres!... siempre están ahí... para lo bueno y para lo malo, en la salud y en la enfermedad...

    mola mucho la ilustración, pero tienes que ponerla más grande... que se vea bien

    By Blogger martacuba, at 9:34 p.m.  

  • Hola chenchíiiiin, son mamá, xa vin o q puñeche no ''aire'' e gustoume muito ainda kestou un poco preocupada xq teño medo a q che kitara tempo das tuas tareas caseras, pois a última vez q stuven ahí despóis d barrer debaixo da cama pensei ke era unha peluca o qsalís de alí, tamén unha peluca pero de pelo máis corto era akelo q tin¡ñan as tarteiras do fregadeiro, en cambio a roupa do cesto da ROUPASUCIA, non era muita pois con 7 lavadoras alá foi toda.Bueno non che podo preguntar si taban bos os chorizos, o xamón e as nécoras q che mandei xq si lo ve Mara xa sabes q se pon tola,e nada máis so o de sempre : non fumes non bebas non estes con rapazas q non hai unha boa, tampouco teñas malas compañias ( hermanosgrim) un bico e spero verte en marbella

    By Anonymous Anónimo, at 1:26 p.m.  

  • Nécaras, Chourizos, xamón?? El lojo, miña xoia, como non me voy poñer tola!!!!!!! mamaaaaaaaa, dime que non é certo!!!!!!!

    By Anonymous Anónimo, at 3:18 p.m.  

  • Buuuuuuurra. Sempre igoal Mariña, mira que facerlle caso a mamá a estas alturas. Mi madriña.

    By Blogger ajaspino, at 4:58 p.m.  

  • burrrrrrrrrrrroooooo. Mira que seguir pensando que le hago caso a estas alturas...Mi padriño...jijijijijijiji

    By Anonymous Anónimo, at 12:02 p.m.  

  • burrrrrrrrrrrroooooo. Mira que seguir pensando que le hago caso a estas alturas...Mi padriño...jijijijijijiji

    By Anonymous Anónimo, at 12:02 p.m.  

  • burrrrrrrrrrrroooooo. Mira que seguir pensando que le hago caso a estas alturas...Mi padriño...jijijijijijiji

    By Anonymous Anónimo, at 12:02 p.m.  

  • Buuuuuuuurra. Mira que poñer o comentario 3 veces.

    By Blogger ajaspino, at 4:11 p.m.  

  • burrrrrrrrrrroooooooooo, era para darte motivos para escribirrrrrrr

    By Anonymous Anónimo, at 12:21 p.m.  

  • y digo yo..! vas vir ás marbellas en diciembre, ou?

    By Anonymous Anónimo, at 3:26 p.m.  

Publicar un comentario

<< Home