ajaspino

27.1.10

Ábrete a novas experiencias I

Martes 26 de xaneiro.

Isto leva parado xa un tempo e pode que a última entrada non fose moi optimista. O sei e o sinto... ás veces cando as cousas non saen ben póñome así, perdo o meu optimismo innato (do que non teño... ou sio creo).

Esta vai ser a primeira de varias entradas. Nunca millor dito. Non sei cantas vou ter, pero vos aseguro que vou ter unha entrada que fará historia e deixará unha boa pegada; alo menos en min.

Intentarei reflexar máis ou menos esta nova andaina... neste escuro mundo... esta viaxe ao meu interior. Coñecereime máis e incluso pode que millor. Esta viaxe interior que intentei comezar alá polo 2006 na compaña de Cris, está preto da súa fin. Espero que isto non se "prolongue" de máis. Vexo o final. Máis ben o imaxino. Non me agrada, pero sei que é preciso facelo. Levo anos esperando e, chegou o momento.


Hoxe sinxelamente estou onde tiña que estar. Onde se me citou. Miro cara atrás e o que antes era unha coña e motivo de mofa agora non me fai nin puñetera gracia. Pero a vid é así: unhas veces das e outras veces che dan. Pero ollo, eu nunca din o que eu vou recibir. Tampouco mo pediron.

Como dixen antes, isto ven dende o 2006 ou por ahí, pero... fai unha semana recibín esa chamada:
- César David lópez Martínez?
- Si, son eu... o mesmiño.
- Mire, chamamos do Juan Canalejo. Tiña vostede unha cita solicitada dende setembro do 2006.
- Eh!

- Quere manter a súa cita?
- Hmmm... si, pero de que era?
- Tiña vostede unha consulta para facerlle unha @%$#copia.
- Ah! vale. Cando teño que ir?
- Quere mantela?
- Si, si... cando teño que ir?
- O martes tal e tumba e dalle en tal planta e terá cita co seu médico e co anestesista.
- Anestesista? Pero que me van facer?
- Unha colonoscopia.
- Unha queee?
- Unha colonoscopia.
pausa
- Iso é cando che meten un rollo polo cú, non?
- Si. Basicamente, si.
pausa
- Hmmm. Boeno. Pois si, manteño a cita (nin puta gracia me fai que me anden a argallar dentro).

Pois así foi. Non esaxero. Tampouco teño moi claro se lle entendín ben o do anestesista. Creo que dixo iso. En media hora enterareime. Estes días estívenlle a preguntar a coñecidos que tamén foron interiorizados e a ningún lle puxeron anestesia. Por iso desconfío. Aunque sei de xente interiorizada que goza con isto. En serio, o vin en pleículas. Lucía LaPiedra, por exemplo.

Xa queda menos. Agora estou intentando en lembrar frases molongas pra decrille ao bicho que me vai encular:
- Nin un bico?
- Home... primeiro tomaremos algo, non?
- Estudias ou traballas?
- Cando rematemos... podo quedar a durmir ou teño que marchar?

Pro hai unha na que realmente penso e non creo que me atreve a decirllo... máis que nada pola situación de inferioridade, que se non...
- Oes... ti disfrutas con isto?

No curre xa o saben uns cantos. De feito Luis animoume a publicar esta viaxe de autocoñecemento. Luis ten moi boas ideas... sobre todo cando o que se xoga non é o seu cú.

Teño o nº 59. Van polo 49. Isto que significa?

a) Na tasca come máis xente do que eu pensaba.
b) A dieta do Cantábrico che pode joder o estómago.
c) As autoridades sanitarias advirten que o ilirning pode provocar enculadas.
d) Á xente lle mola que lle deixen o ojete coma un bebedeiro de patos.
e) Beber cervexa a granel non é tan bo como eu pensaba.

Entro en breve á consulta. Será certo o do anestesista? Se a persoa que indague en min é unha tía... que probabilidades teño de ter un rollo con ela?

Xa volo irei contando.

Así están as cousas e así as vou contando.

Nota: Pra entrar na consulta tes que coller un ticket, como nas carnicerías. Que mal rollo!

Etiquetas:

4 Comments:

  • f) todas as anteriores

    By Blogger jipijopo, at 1:04 a.m.  

  • Como nas carnicerías... pero que ben sabe despois a carne recén feita!

    By Blogger agremon, at 8:04 a.m.  

  • Eu paseiche pola mesma viaxe fai uns meses, e sen anestesia. Non foi nada agradable, pero o peor é cando remata, que tes as tripas cheas de aire e doe moito. Un inferno chegar ata o baño!
    O bo foi que estaba perfecto, non tiña nada, asi pagou a pena. Pero non llo recomendo a ninguén...
    Ánimo!

    By Blogger Barnikel, at 10:19 a.m.  

  • Creo que deberías pedir consejo y ayuda a gente con experiencias similares.

    Algún ex-camarero del Colón??? por ejemplo.

    Y que conste que lo del Colón no va con doble sentido

    By Blogger clapaucio, at 7:28 p.m.  

Publicar un comentario

<< Home