ajaspino

8.11.08

Alta fidelidade I

Esta entrada é 'pra facer boca'. O de sempre, vamos. Recollo unha meme lanzada por Sole (que llo agradezo un montón) que a súa vez llo lanzou Aurora e elá chegoulle por J. Prado. Poño o percorrido enteiro por se alguén lle apete, que vaia poñendo os altofalantes, vaia abrindo unha cervexa (ou viño, ou mirinda..) e disfrute dos dez cortes elexidos por canda un deles. A cousa non é doada, pero si divertida o de andar buceando na memoria.

Verémonos en breve. Eu, intentarei facer unha montaxe de son e 10 ilustracións. A ver se non queda nunha idea como a meirande delas.


Así están as cousas neste sábado que me acercarei a ver a miña nai cantar coa coral en Cambre e así as vou contanto eu... estou canso de todo, menos da música.

Etiquetas: , ,

6.11.08

Ai mamaiña - Protagonista: Eva Moreda

A organista titular da Catedral de Ribadeo, Eva Moreda, recibiu o pasado xoves o premio "Aguililla" de dactilografía de mans do Rei Juan Carlos I. Declarou:"Había xa algún tempo que non pasaba a saudar a Juanca".

Segundo fontes extraoficiáis xa quedaron pra a vindeira semana na entrega do premio "Chotis" de etnografía.

Así estaban as cousas e así as contabamos moc+mec nun cinco de febreiro do 2000.

Etiquetas: , , ,